De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentáronse sen efecto as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar as comunicacións ás que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa.
|
Acto para notificar |
Referencia catastral Polígono/parcela |
Localización |
Superficie afectada |
Liquidación provisional |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (exp. 1183/2026) Resolución de inicio O. E. do 27.7.2026 |
36053A00101625 (polígono 1, parcela 1625) |
Comboa-Soutomaior |
287 m² |
279,52 € |
Florinda Senra Amoedo |
|
Orde de execución (exp. 1093/2026) Resolución de inicio O. E. do 29.7.2026 |
36053A01600039 (polígono 16, parcela 39) |
Batería-Arcade |
1.831,4 m2 |
729,24 € |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 1053/2026) Resolución de inicio O. E. do 29.7.2026 |
36053A00101698 (polígono 1, parcela 1698) |
Vela-Soutomaior |
149 m2 |
291,97 € |
Antonio Troiteiro S-S |
|
Orde de execución (exp. 399/2026) Resolución de inicio O. E. do 5.3.2026 |
36053A01700021 (polígono 17, parcela 21) |
Monte La.-Soutomaior |
668,2 m² |
636,68 € |
Herdeiros de Ramón Barreiro Lorenzo |
|
Orde de execución (exp. 300/2026) Resolución de inicio O. E. do 13.2.2026 |
36053A01100060 (polígono 11, parcela 60) |
Espadenal-Soutomaior |
552,8 m² |
370,12 € |
Herdeiros de Juan |
|
Orde de execución (exp. 274/2026) Resolución de inicio O. E. do 6.2.2026 |
36053A01100067 (polígono 11, parcela 67) |
Fonte Blanca |
564,1 m2 |
374,62 € |
María Gradín Piñón |
|
Orde de execución (exp. 2076/2025) Resolución de inicio O. E. do 23.12.2025 |
36053A01403361 |
Valmonte-Arcade |
112 m2 |
199,30 € |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 2075/2025) Resolución de inicio O. E. do 22.12.2025 |
36053A01400165 |
Valmonte-Arcade |
411 m² |
226,74 € |
Valeriano Orte S-S |
|
Orde de execución (exp. 2073/2025) Resolución de inicio O. E. do 20.2.2026 |
36053A01400112 |
Valmonte-Arcade |
2753 m² |
1890,54 € |
En investigación |
|
Orde de execución (exp. 2071/2025) Resolución de inicio O. E. do 6.3.2026 |
36053A01400110 |
Negueirós-Arcade |
432 m² |
411,62 € |
Felisa Míguez S-S |
|
Orde de execución (exp. 2069/2025) Resolución de inicio O. E. do 22.12.2025 |
36053A01400156 |
Negueirós-Arcade |
224 m² |
360,59 € |
Herdeiros de Victoriano Pérez Vidal |
|
Orde de execución (exp. 2063/2025) Resolución de inicio O. E. do 6.3.2026 |
36053A01400173 |
Negueirós- Arcade |
349 m² |
308,04 € |
***436*** |
|
Orde de execución (exp. 1551/2025) Resolución de inicio O. E. do 18.2.2026 |
36053A01501586 |
Campo-Soutomaior |
194 m² |
227,25 € |
Herdeiros de María Sobral Martínez |
|
Orde de execución (exp. 963/2024) Resolución de inicio O. E. do 20.2.2026 |
36053A01700354 |
Pedreira- Soutomaior |
425 m² |
404,95 € |
Descoñecido |
En virtude do anterior, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación no Boletín Oficial del Estado.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación coma o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Soutomaior (rúa Alexandre Bóveda, 13, 36690 Soutomaior, Pontevedra). Igualmente, poderá acceder á dita información a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou cando resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faculta a este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e repercutiránselles os custos ás persoas responsables.
Ademais, o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de lles facilitar os accesos necesarios ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias de xestión.
Soutomaior, 30 de xullo de 2026
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente
