DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 21 de agosto de 2026 Páx. 46219

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO con relación ás bases reguladoras da convocatoria e do proceso selectivo dunha praza de auxiliar do xulgado de paz, no marco do proceso de estabilización do emprego temporal, incluída na oferta extraordinaria de emprego público do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 143, do 29 de xullo, publicáronse as bases reguladoras da convocatoria e do proceso selectivo dunha praza de auxiliar do xulgado de paz (ampliación da oferta de emprego público de estabilización do emprego temporal do ano 2022 en execución de sentenza xudicial) que se detallan e convócase o proceso selectivo correspondente:

«Quenda libre:

Denominación

Tipo persoal

Grupo/subgrupo

Núm. de vacantes

Observacións

Auxiliar xulgado de paz

Laboral

IV

1

DA 6

(*Xornada a tempo parcial 2,5 horas)».

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.

Vilaboa, 30 de xullo de 2026

César Poza González
Alcalde