De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para notificarlle a resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e os seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por sí ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais das 9.00 ás 14.00 horas. Logo de que transcorra o prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento en que venza o dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, malia a notificación quedar supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse un recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que corresponda por quenda no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Vigo, 10 de agosto de 2026
A directora territorial de Vigo
P.A. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
Núm. de expediente: 2025/250-36.
Persoa interesada: 6060509090017.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 6 de agosto de 2026.
Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento de medida administrativa.
