Feitos:
Primeiro. O día 7 de agosto de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da Comisión negociadora do VI Convenio colectivo autonómico de Galicia de aparcamentos, garaxes, estacionamentos regulados de superficie e retirada e depósito de vehículo da vía pública, en que se actualizan as táboas salariais para o ano 2026.
Consideracións legais e técnicas:
Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á consellería, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Regcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo e establece que a autoridade laboral competente ditará a resolución en que ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.
Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da Comisión negociadora do VI Convenio colectivo autonómico de Galicia de aparcamentos, garaxes, estacionamentos regulados de superficie e retirada e depósito de vehículo da vía pública, en que se actualizan as táboas salariais para o ano 2026.
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2026
Susana Pérez Iglesias
Secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais
Acta da Comisión Negociadora do VI Convenio Colectivo Autonómico de Galicia de Aparcamentos, Garaxes, Estacionamentos Regulados de Superficie e Retirada e Depósito de Vehículo da Vía Pública
Mediante a videoconferencia realizada o día 2 de xuño de 2026, ás 10.00 horas, reúnense as persoas que a continuación se relacionan, nas representacións que se indican:
Por Asesga:
Ana Herrera Couceiro
María Fernández Ruiz
Teresa Silva Ginel
Teresa Durán Manso
Manuel Barrios Bel
Por CC.OO.:
José Manuel Costas Román
Isabel Barral Rubio
José Manuel Couto Requejo
Por UGT:
Martín Martínez Figueiro
Adrián López Villar
Iván Cancela Romero
Rakel Rodríguez Parada
O obxecto da reunión, previamente coñecido polas partes, é:
Revisar e actualizar, se procede, as táboas salariais aplicables para o ano 2026.
ACORDOS:
Primeiro. En aplicación do establecido na disposición derradeira primeira do convenio, increméntanse nun 2,90% as últimas táboas salariais publicadas correspondentes ao ano 2025, configurando así as novas táboas salariais de aplicación para o ano 2026, que se achegan como anexo a esta acta. As persoas traballadoras afectadas por este convenio non poderán percibir salarios inferiores ao SMI establecido en cada momento; a contía correspondente deberá incrementarse mediante un complemento ao SMI.
Segundo. Acórdase facultar a persoa que designe o Consello Galego de Relacións Laborais para que, en nome desta comisión, realice cantas xestións sexan necesarias para o depósito, rexistro e publicación polos organismos competentes desta acta.
Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 10.30 horas.
ANEXO
Táboa salarial ano 2026
|
Nivel |
Clasificación profesional |
Salario base mensual (15) |
Complemento convenio mensual (15) |
Complemento transporte mensual (11) |
Total anual |
Valor horas extras |
|
Grupo soporte |
||||||
|
I |
Xefe/a de área |
938,10 € |
228,52 € |
86,01 € |
18.445,34 € |
10,89 € |
|
Licenciado/a-Grao superior |
1.017,86 € |
241,08 € |
86,01 € |
19.830,13 € |
11,94 € |
|
|
II |
Xefe/a de sección |
915,39 € |
224,78 € |
86,01 € |
18.048,66 € |
10,64 € |
|
Técnico/a medio - Diplomado/a |
978,48 € |
234,56 € |
86,01 € |
19.141,66 € |
11,45 € |
|
|
III |
Oficial administrativo |
875,03 € |
218,42 € |
86,01 € |
17.347,87 € |
10,10 € |
|
IV |
Auxiliar administrativo |
828,94 € |
211,77 € |
86,01 € |
16.556,84 € |
9,60 € |
|
Grupo operativo |
||||||
|
I |
Xefe/a de servizo ou de centro |
|||||
|
II |
Encargado/a |
915,39 € |
224,78 € |
86,01 € |
18.048,66 € |
10,64 € |
|
III |
Operador de guindastre |
911,61 € |
217,64 € |
86,01 € |
17.884,83 € |
10,64 € |
|
Axente de aparcamento |
868,56 € |
217,41 € |
86,01 € |
17.235,66 € |
10,04 € |
|
|
Oficial de mantemento |
868,56 € |
217,41 € |
86,01 € |
17.235,66 € |
10,04 € |
|
|
Controlador/a |
868,56 € |
217,41 € |
86,01 € |
17.235,66 € |
10,04 € |
|
|
Técnico/a Mantem. ORA/Guindastre |
868,56 € |
217,41 € |
86,01 € |
17.235,66 € |
10,04 € |
|
|
Inspector |
869,47 € |
217,64 € |
86,01 € |
17.252,68 € |
10,05 € |
|
|
Administrativo/a de depósito |
861,02 € |
216,21 € |
86,01 € |
17.104,50 € |
9,97 € |
|
|
Operador/a centro de control |
844,58 € |
216,43 € |
86,01 € |
16.861,26 € |
9,77 € |
|
|
IV |
Auxiliar de aparcamento |
813,76 € |
208,63 € |
86,01 € |
16.281,85 € |
9,33 € |
|
Engraxador/a-Lavacoches |
||||||
|
Axudante de depósito |
||||||
|
Axudante de conservación |
813,76 € |
208,63 € |
86,01 € |
16.281,85 € |
9,33 € |
|
|
Persoal de limpeza |
785,74 € |
204,25 € |
86,01 € |
15.795,83 € |
9,01 € |
|
