A Orde do 23 de decembro de 2025 (publicada no DOG do 16 de xaneiro de 2026) establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e convoca as do exercicio orzamentario de 2026.
As axudas convocadas consisten en subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para dous tipos de intervencións:
Intervención 6842.1: axudas a investimentos con obxectivos ambientais en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.
Intervención 6842.2: axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.
De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións convocadas mediante concorrencia competitiva deben ser publicadas no Diario Oficial de Galicia, o cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Unha vez finalizada a fase de instrución das solicitudes recibidas, avaliadas as solicitudes pola Comisión de Valoración prevista no artigo 14 das bases reguladoras, e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias, procede resolver a convocatoria.
Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Por todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións convocadas pola Orde do 23 de decembro de 2025 (publicada no DOG do 16 de xaneiro de 2026), que establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e convoca as do exercicio orzamentario de 2026, que se relacionan nos anexos I e II, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración e de preferencia establecidos no artigo 5 da convocatoria, polas contías e anualidades que se reflicten nos anexos, e con cargo ás seguintes aplicacións:
– Modalidade de axuda 6842.1: aplicación 15.04.741A.770.0 e proxecto 2026 00070 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2026, 2027 e 2028.
– Modalidade de axuda 6842.2: aplicación 15.04.741A.770.0 e proxecto 2026 00154 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2026, 2027 e 2028.
Estas axudas teñen por finalidade mellorar os sistemas de transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios mediante dúas modalidades de actuacións:
A) Investimentos dirixidos a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (en diante GEI) na industria, investimentos en procesamento de biomasa agrícola para a produción de enerxía, así como incorporación de enerxías alternativas na industria agroalimentaria (renovables e coxeración); investimentos, en xeral, que permitan mellorar a eficiencia enerxética. (Intervención 6842.1)
B) Investimentos no ámbito da transformación e da comercialización de produtos agroalimentarios que busquen, entre outros obxectivos, mellorar o rendemento e desenvolvemento económico das empresas; fomentar os produtos de calidade; mellorar a seguridade alimentaria; favorecer a creación de cadeas cortas de comercialización, potenciar a innovación e a transformación dixital, o desenvolvemento de novos produtos, a busca de novos mercados, valorización de subprodutos agrarios, etc. (Intervención 6842.2)
Segundo. Denegar as solicitudes de subvención na modalidade de axuda 6842.2 que se relacionan no anexo III por non acadaren a puntuación mínima de 41 puntos necesaria para resultaren beneficiarias nesta convocatoria en función do orzamento dispoñible ou, no caso das solicitudes que obtiveron 41 puntos, por non resultaren seleccionadas tras a aplicación dos criterios de desempate previstos no artigo 14.2 da orde, ao esgotarse o crédito dispoñible coa aprobación das solicitudes de maior puntuación e da solicitude con 41 puntos que presenta o maior investimento subvencionable.
Terceiro. Informar as empresas beneficiarias que figuran nos anexos I e II desta resolución do seguinte:
a) As condicións de aplicación a estas axudas son con carácter xeral as establecidas na Orde desta Consellería do 23 de decembro de 2025 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.
b) Non se admitirán modificacións dos investimentos aprobados nin do calendario e datas máximas de xustificación establecidas, salvo nos casos e condicións admitidos no artigo 17 da Orde do 23 de decembro de 2025.
c) Para a concesión destas axudas e o establecemento das súas características tivéronse en conta a información e a documentación incluída coas solicitudes de axuda. Calquera modificación que afecte esta información ou documentación achegada poderá dar lugar á modificación desta resolución, coa revogación da axuda, de ser o caso.
d) A subvención concedida aboarase nas anualidades indicadas no calendario de execución establecido para cada beneficiario, e incluído nos anexos I e II desta resolución, coas datas máximas de xustificación para cada anualidade indicadas a continuación:
|
Anualidade |
Data máxima de xustificación |
|
2026 |
10.10.2026 |
|
2027 |
10.10.2027 |
|
2028 |
10.10.2028 |
e) Para proceder ao pagamento da subvención correspondente a cada anualidade, o beneficiario deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 23 de decembro de 2025 e presentar a documentación indicada no seu artigo 16, así como, no caso dos pagamentos da última anualidade da axuda, presentar a documentación particular indicada nos anexos I e II desta resolución, todo isto sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente. No caso de pagamentos á conta superiores a 18.000 €, deberá presentar unha garantía do 110 % do importe do/dos pagamento/s.
f) Se o beneficiario da axuda cumpre as condicións establecidas na resolución de concesión, executando e xustificando todos os conceptos dos investimentos aprobados nos prazos establecidos, e cumprindo co resto dos requisitos da resolución de concesión, aboarase a totalidade da subvención concedida. Do contrario, procederase conforme o establecido no artigo 18 da Orde do 23 de decembro de 2025, relativo aos incumprimentos.
g) A actividade obxecto da axuda, así como os conceptos subvencionados, deberanse manter durante un período non inferior a cinco anos contados a partir da data do pagamento final da axuda.
h) Conforme o disposto no artigo 123.2 do Regulamento (UE) 2021/2115, o beneficiario da axuda deberá levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.
i) Estas axudas proceden do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) e están cofinanciadas nun 60 % con fondos da Unión Europea a través do Feader.
j) Conforme o establecido no artigo 36 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) núm. 1306/2013, no marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do Plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 ou de instrumentos da Unión se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicables a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) 2021/2115.
No caso de investimentos subvencionables derivados da destrución ou desaparición de elementos do inmobilizado material da empresa, cuberta por pólizas de seguro, o importe das indemnizacións recibidas por ese concepto sumado ás axudas concedidas non poderá superar o importe do investimento subvencionable.
O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, segundo o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) O beneficiario deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 6 e no anexo III do Regulamento de execución (UE) 2022/129, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, o algodón e os subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC, e demais normas de aplicación.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2026
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Aprobacións intervención 6842.1
|
Código do expediente |
Beneficiario/a |
NIF |
Investimento subvencionable |
Puntuación criterios de valoración |
Subvención concedida |
Calendario de execución |
Documentación particular que se debe presentar para o pagamento da última anualidade da axuda |
||
|
Ano |
Investimento subvencionable que se debe xustificar |
Subvención que se pagará |
|||||||
|
L-02-PDA-26 |
Celega, S.L. |
B27103837 |
498.663,65 |
55 |
224.398,64 |
2026 |
349.064,56 |
157.079,05 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 2. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. 3. Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos. 4. Título habilitante emitido polo concello para a construción das envolventes monobloque de formigón que albergarán os investimentos do centro de transformación solicitado. |
|
2027 |
149.599,09 |
67.319,59 |
|||||||
|
L-01-PDA-26 |
Innolact, S.L. |
B27341502 |
117.560,00 |
47 |
41.146,00 |
2026 |
117.560,00 |
41.146,00 |
|
|
C-02-PDA-26 |
Piensos Albores, Soc. Coop. Galega |
F15055668 |
240.840,87 |
41 |
84.294,30 |
2026 |
79.477,49 |
27.817,12 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 2. Dirección e certificación final de obra da instalación fotovoltaica subvencionada |
|
2027 |
161.363,38 |
56.477,18 |
|||||||
|
L-06-PDA-26 |
Coop. Lácteas Unidas Coop. Galega |
F70509096 |
83.040,00 |
41 |
29.064,00 |
2026 |
83.040,00 |
29.064,00 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
C-01-PDA-26 |
Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. |
B15862667 |
913.064,94 |
40 |
273.919,48 |
2026 |
730.451,95 |
219.135,58 |
1. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, . Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. 2. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
2027 |
182.612,99 |
54.783,90 |
|||||||
|
P-01-PDA-26 |
Hortasol, S.L. |
B36152064 |
333.020,97 |
40 |
99.906,29 |
2026 |
166.510,49 |
49.953,15 |
1. Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos. |
|
2027 |
166.510,48 |
49.953,14 |
|||||||
|
C-03-PDA-26 |
Queizuar, S.L. |
B15594401 |
339.650,00 |
39 |
101.895,00 |
2026 |
220.772,50 |
66.231,75 |
|
|
2027 |
118.877,50 |
35.663,25 |
|||||||
|
C-04-PDA-26 |
Destilerías Compostela, S.A. |
A15698871 |
95.650,34 |
33 |
23.912,59 |
2026 |
95.650,34 |
23.912,59 |
1. Actualización do rexistro sanitario ou certificado en que se sinale que, á vista dos novos produtos elaborados, se considera que segue vixente o rexistro sanitario existente. 2. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
L-04-PDA-26 |
Torre de Núñez de Conturiz, S.L. |
B27116979 |
1.485.085,71 |
31 |
400.000,00 |
2026 |
1.485.085,71 |
400.000,00 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
L-03-PDA-26 |
Torre de Núñez de Conturiz, S.L. |
B27116979 |
248.574,10 |
31 |
74.572,23 |
2026 |
248.574,10 |
74.572,23 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
L-05-PDA-26 |
Naturleite, S.L. |
B56091929 |
344.390,39 |
26 |
86.097,60 |
2026 |
68.878,08 |
17.219,52 |
1. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, . Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. 2. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
2027 |
275.512,31 |
68.878,08 |
|||||||
|
P-03-PDA-26 |
Coesco Deza, S.L.U. |
B36307270 |
277.330,25 |
25 |
69.332,56 |
2026 |
60.319,33 |
15.079,83 |
1.Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos. |
|
2027 |
217.010,92 |
54.252,73 |
|||||||
ANEXO II
Aprobacións intervención 6842.2
|
Código do expediente |
Beneficiario |
NIF |
Investimento subvencionable |
Puntuación criterios de valoración |
Subvención concedida |
Calendario de execución |
Documentación particular que se debe presentar para o pagamento da última anualidade da axuda |
||
|
Ano |
Investimento subvencionable por xustificar |
Subvención que se pagará |
|||||||
|
L-06-PDR-26 |
Novafrigsa, S.A. |
A27199140 |
3.660.000,00 |
67 |
1.647.000,00 |
2026 |
2.196.000,00 |
988.200,00 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 2. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de |
|
2027 |
1.464.000,00 |
658.800.00 |
|||||||
|
C-14-PDR-26 |
Dairylac, S.L. |
B15775570 |
6.093.202,25 |
61 |
2.741.941,01 |
2026 |
1.523.300,56 |
685.485,25 |
1. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de 2. Actualización do rexistro sanitario ou certificado en que se sinale que, á vista dos novos produtos elaborados, se considera que segue vixente o rexistro sanitario existente. 3. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 4. Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos. 5. Certificado dun taxador independente debidamente acreditado ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado, no cal se acredite que o prezo de compra do terreo non excede o valor de mercado. |
|
2027 |
3.351.261,24 |
1.508.067,56 |
|||||||
|
2028 |
1.218.640,45 |
548.388,20 |
|||||||
|
L-11-PDR-26 |
Celega, S.L. |
B27103837 |
2.137.955,40 |
61 |
962.079,93 |
2026 |
1.496.568,78 |
673.455,95 |
1.Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. 2. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 3. Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos. |
|
2027 |
641.386,62 |
288.623,98 |
|||||||
|
L-30-PDR-26 |
Queixos de Galicia, S.L. |
B70531538 |
3.396.338,41 |
60 |
1.358.535,36 |
2026 |
679.267,68 |
271.707,07 |
1. Proxecto para acreditar os gastos subvencionables por xustificar nese concepto 2. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. |
|
2027 |
2.037.803,05 |
815.121,22 |
|||||||
|
2028 |
679.267,68 |
271.707,07 |
|||||||
|
L-35-PDR-26 |
Granja Campomayor, S.L. |
B27015429 |
2.731.780,79 |
59 |
1.092.712,32 |
2026 |
2.185.424,63 |
874.169,85 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 2. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. |
|
2027 |
546.356,16 |
218.542,47 |
|||||||
|
L-34-PDR-26 |
Granja Campomayor, S.L. |
B27015429 |
1.233.037,90 |
59 |
493.215,16 |
2026 |
863.126,53 |
345.250,61 |
1.Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 2. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. |
|
2027 |
369.911,37 |
147.964,55 |
|||||||
|
L-07-PDR-26 |
Alibós Galicia, S.L. |
B27347954 |
973.550,15 |
59 |
389.420,06 |
2026 |
292.065,05 |
116.826,02 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 2. Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos. |
|
2027 |
486.775,08 |
194.710,03 |
|||||||
|
2028 |
194.710,02 |
77.884,01 |
|||||||
|
C-22-PDR-26 |
SAT Queinaga N 871 Xuga |
V15426497 |
441.917,31 |
59 |
176.766,92 |
2026 |
88.383,46 |
35.353,38 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos, neste caso polo investimento na caldeira de vapor de 1.000 kg/h, que substitúe unha preexistente. |
|
2027 |
265.150,39 |
106.060,16 |
|||||||
|
2028 |
88.383,46 |
35.353,38 |
|||||||
|
L-36-PDR-26 |
Mieles Anta, S.L. |
B15351620 |
173.158,86 |
59 |
69.263,54 |
2026 |
173.158,86 |
69.263,54 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
P-10-PDR-26 |
Apple Gang, S. Coop. G. |
F19863919 |
165.334,80 |
59 |
66.133,92 |
2026 |
41.333,70 |
16.533,48 |
1. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, así como acreditar que realizou a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, presentando toda a documentación requirida. 2. Rexistro sanitario. |
|
2027 |
124.001,10 |
49.600,44 |
|||||||
|
P-05-PDR-26 |
Avícola Tratante, S.L. |
B36040541 |
957.800,00 |
58 |
383.120,00 |
2026 |
451.890,04 |
180.756,02 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 2. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. |
|
2027 |
505.909,96 |
202.363,98 |
|||||||
|
C-24-PDR-26 |
Cool Farms Regenerative, S.L. |
B44729143 |
690.028,87 |
58 |
276.011,55 |
2026 |
345.014,44 |
138.005,78 |
1. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, así como acreditar que realizou a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, presentando toda a documentación requirida. 2. Rexistro sanitario. 3. Proxecto eléctrico e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos. |
|
2027 |
345.014,43 |
138.005,77 |
|||||||
|
C-17-PDR-26 |
Forraxes de Xallas e Barcala, S. Coop. Galega |
F70171202 |
328.472,00 |
55 |
131.388,80 |
2026 |
328.472,00 |
131.388,80 |
|
|
C-20-PDR-26 |
Coop. Agraria Prov. de La Coruña, SCG |
F15000177 |
1.770.756,39 |
53 |
442.689,10 |
2026 |
531.226,92 |
132.806,73 |
1. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, así como acreditar que realizou a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, presentando toda a documentación requirida. 2. Rexistro sanitario correspondente á nova nave que se acondiciona. 3. Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos. |
|
2027 |
1.239.529,470 |
309.882,37 |
|||||||
|
L-10-PDR-26 |
Queserías Entrepinares, S.A.U. |
A47037296 |
21.611.450,05 |
53 |
3.000.000,00 |
2026 |
4.322.290,01 |
1.012.801,5 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 2. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. 3. Actualización do rexistro sanitario ou certificado en que se sinale que, á vista dos novos produtos elaborados, se considera que segue vixente o rexistro sanitario existente. |
|
2027 |
8.644.580,02 |
1.425.603,01 |
|||||||
|
2028 |
8.644.580,02 |
561.595,49 |
|||||||
|
L-41-PDR-26 |
Antonio Ferreiro Ferreiro |
***1725** |
104.001,00 |
51 |
36.400,35 |
2026 |
104.001,00 |
36.400,35 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
P-11-PDR-26 |
Bodegas Altos de Torona, S.A.U. |
A36373058 |
66.860,00 |
51 |
23.401,00 |
2026 |
66.860,00 |
23.401,00 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
L-20-PDR-26 |
Quintián, S.C. |
J27335553 |
134.278,34 |
49 |
46.997,42 |
2026 |
26.855,67 |
9.399,48 |
|
|
2027 |
107.422,67 |
37.597,94 |
|||||||
|
L-05-PDR-26 |
Innolact, S.L. |
B27341502 |
1.259.739,66 |
47 |
440.908,88 |
2026 |
1.259.739,66 |
440.908,88 |
1. Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos. |
|
L-01-PDR-26 |
Coop. Lácteas Unidas Coop. Galega |
F70509096 |
400.510,96 |
47 |
160.204,38 |
2026 |
400.510,96 |
160.204,38 |
1. Declaración e/ou xustificación de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 2. Rexistro sanitario. |
|
L-14-PDR-26 |
Aira, S.Coop.Galega |
F27317593 |
2.112.037,79 |
47 |
544.815,12 |
2026 |
422.407,56 |
168.963,04 |
1. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Non será exixible este requisito se a autoridade competente informa de que, á vista do proxecto indicado, non se precisa. 2. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. 3. Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos |
|
2027 |
1.689.630,23 |
375.852,08 |
|||||||
|
L-03-PDR-26 |
Gandería Puluán, S.C. |
J27303924 |
107.033,06 |
45 |
32.109,92 |
2026 |
69.560,79 |
20.868,24 |
1. Actualización do rexistro sanitario ou certificado en que se sinale que, á vista dos novos produtos elaborados, se considera que segue vixente o rexistro sanitario existente. |
|
2027 |
37.472,27 |
11.241,68 |
|||||||
|
L-29-PDR-26 |
Óscar Santos Buján |
***5197** |
97.770,00 |
45 |
29.331,00 |
2026 |
19.554,00 |
5.866,20 |
1. Avaliación do impacto ambiental conforme o establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, así como acreditar que realizou a comunicación previa establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, presentando toda a documentación requirida. 2. Rexistro sanitario. 3. Proxecto e certificación final de obra para acreditar os gastos subvencionables por xustificar neses conceptos |
|
2027 |
58.662,00 |
17.598,60 |
|||||||
|
2028 |
19.554,00 |
5.866,20 |
|||||||
|
C-04-PDR-26 |
Xallas de Santa Comba, SCG |
F15020290 |
1.156.359,00 |
41 |
404.725,65 |
2026 |
231.271,80 |
80.945,13 |
1. Declaración e/ou xustificación, de ser o caso, sobre o valor de venda da maquinaria e/ou equipamentos substituídos. |
|
2027 |
925.087,20 |
323.780,52 |
|||||||
ANEXO III
Denegacións
|
Código expediente |
Beneficiario |
NIF |
Investimento subvencionable |
Puntuación criterios de valoración |
Subvención concedida |
|
|
% |
Importe (€) |
|||||
|
C-05-PDR-26 |
Cusoviame, Sociedad Cooperativa Galega |
F15025810 |
1.142.351,53 |
41 |
0,00 |
0,00 |
|
L-33-PDR-26 |
Coop. Lácteas Unidas Coop. Galega |
F70509096 |
721.902,30 |
41 |
0,00 |
0,00 |
|
L-31-PDR-26 |
Coop. Lácteas Unidas Coop. Galega |
F70509096 |
540.923,88 |
41 |
0,00 |
0,00 |
|
L-22-PDR-26 |
Aira, S. Coop. Galega |
F27317593 |
463.351,40 |
41 |
0,00 |
0,00 |
|
C-16-PDR-26 |
Leiteira Pico Sacro, S. Coop. Galega |
F15110430 |
354.997,00 |
41 |
0,00 |
0,00 |
|
P-08-PDR-26 |
Bodegas Albamar, S.L. |
B36545259 |
99.942,00 |
40 |
0,00 |
0,00 |
|
P-02-PDR-26 |
Pazo de Barrantes, S.L. |
A78093135 |
63.701,02 |
40 |
0,00 |
0,00 |
|
O-10-PDR-26 |
José Antonio Rodríguez Dosantos |
***6951** |
466.466,94 |
40 |
0,00 |
0,00 |
|
L-40-PDR-26 |
Airas Moniz, S.L. |
B27423151 |
189.340,72 |
40 |
0,00 |
0,00 |
|
P-04-PDR-26 |
Hortasol, S.L. |
B36152064 |
284.192,21 |
40 |
0,00 |
0,00 |
|
O-09-PDR-26 |
Patatas Fritas Guays, S.L. |
B32315301 |
842.479,55 |
39 |
0,00 |
0,00 |
|
L-28-PDR-26 |
Leitigal, S.L.U. |
B27215763 |
127.900,00 |
39 |
0,00 |
0,00 |
|
C-09-PDR-26 |
Queizuar, S.L. |
B15594401 |
22.078,92 |
39 |
0,00 |
0,00 |
|
L-02-PDR-26 |
Queserías Sarrianas, S.L. |
B27266055 |
3.750.482,73 |
39 |
0,00 |
0,00 |
|
C-11-PDR-26 |
Ecocentro, S.C. |
J27489954 |
1.168.062,13 |
37 |
0,00 |
0,00 |
|
P-03-PDR-26 |
Pazo de Vilane, S.L. |
B64116957 |
1.156.218,59 |
37 |
0,00 |
0,00 |
|
L-24-PDR-26 |
Terras de San Martiño de Pacios, S.L. |
B13831623 |
905.965,98 |
37 |
0,00 |
0,00 |
|
P-01-PDR-26 |
Avipor Silleda, S.L. |
B36324416 |
530.900,00 |
37 |
0,00 |
0,00 |
|
L-08-PDR-26 |
Pazo de Vilane, S.L. |
B64116957 |
68.791,17 |
37 |
0,00 |
0,00 |
|
L-43-PDR-26 |
Jonatan Iglesias Márquez |
***5126** |
63.309,00 |
37 |
0,00 |
0,00 |
|
O-05-PDR-26 |
Aceites Abril, S.L. |
B32218356 |
3.696.071,25 |
37 |
0,00 |
0,00 |
|
P-13-PDR-26 |
Central Lechera Gallega, S.A. |
A36023547 |
828.262,68 |
33 |
0,00 |
0,00 |
|
C-07-PDR-26 |
A Vacariza de Berdeogas, S.L. |
B25936279 |
231.769,42 |
33 |
0,00 |
0,00 |
|
O-07-PDR-26 |
Cuevas y Compañía, S.A. |
A32000630 |
75.612,40 |
33 |
0,00 |
0,00 |
|
L-27-PDR-26 |
Leche de Galicia, S.L. |
B27126010 |
1.192.480,00 |
33 |
0,00 |
0,00 |
|
L-15-PDR-26 |
Caponcito, S.L. |
B27236793 |
291.360,00 |
33 |
0,00 |
0,00 |
|
C-06-PDR-26 |
Grupo Leche Río, S.A. |
A27015965 |
3.888.800,00 |
32 |
0,00 |
0,00 |
|
C-12-PDR-26 |
Alfredo Galván, S.L. |
B27415611 |
113.571,26 |
32 |
0,00 |
0,00 |
|
P-17-PDR-26 |
Avícola de Galicia, S.A.U. |
.A36002236 |
3.218.263,45 |
32 |
0,00 |
0,00 |
|
L-18-PDR-26 |
Cárnicos Río, S.L. |
B27107416 |
277.861,22 |
32 |
0,00 |
0,00 |
|
O-06-PDR-26 |
O Rualdi, S.L. |
B32201790 |
71.175,00 |
32 |
0,00 |
0,00 |
|
L-17-PDR-26 |
Torre de Núñez de Conturiz, S.L. |
B27116979 |
1.167.112,82 |
31 |
0,00 |
0,00 |
|
L-16-PDR-26 |
Torre de Núñez de Conturiz, S.L. |
B27116979 |
530.898,08 |
31 |
0,00 |
0,00 |
|
C-15-PDR-26 |
Coop. Lácteas Unidas Coop. Galega |
F70509096 |
97.653,10 |
30 |
0,00 |
0,00 |
|
P-06-PDR-26 |
Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. (CAPSA) |
A03161270 |
209.522,31 |
26 |
0,00 |
0,00 |
|
L-26-PDR-26 |
Naturleite, S.L. |
B56091929 |
569.198,52 |
26 |
0,00 |
0,00 |
|
L-23-PDR-26 |
Naturleite, S.L. |
B56091929 |
159.373,24 |
26 |
0,00 |
0,00 |
|
P-09-PDR-26 |
Embutidos Lalinense, S.L. |
B36020998 |
534.464,86 |
25 |
0,00 |
0,00 |
|
P-14-PDR-26 |
Coesco Deza, S.L.U. |
B36307270 |
527.423,00 |
25 |
0,00 |
0,00 |
|
C-01-PDR-26 |
Avícola Grao, S.L. |
B15592017 |
498.144,00 |
25 |
0,00 |
0,00 |
|
L-13-PDR-26 |
Anca María Constantin |
***4989** |
459.861,00 |
25 |
0,00 |
0,00 |
|
L-04-PDR-26 |
Lualco, S.L. |
B27032739 |
377.236,00 |
25 |
0,00 |
0,00 |
|
O-08-PDR-26 |
Cunicultura Industrial de Galicia, S.L.U. |
B47428248 |
219.956,50 |
25 |
0,00 |
0,00 |
|
L-21-PDR-26 |
Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. (CAPSA) |
A03161270 |
3.382.446,41 |
23 |
0,00 |
0,00 |
|
L-32-PDR-26 |
Industrias Lácteas de Nadela, S.L. |
B27501824 |
424.560,00 |
19 |
0,00 |
0,00 |
|
O-03-PDR-26 |
José Guerra-España, S.L. |
B32369746 |
228.605,00 |
19 |
0,00 |
0,00 |
|
L-12-PDR-26 |
Granja San Lorenzo, S.C. |
J27039783 |
526.700,00 |
19 |
0,00 |
0,00 |
