DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 25 de agosto de 2026 Páx. 46592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 10 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de repotenciación do parque eólico Monte Treito, nos concellos de Dodro, Lousame, Rianxo e Rois (A Coruña) (expediente IN408A 2025/019).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (NIF: A32259541).

Enderezo: rúa Circunvalación 17. 32350 A Rúa (Ourense).

Denominación do proxecto: Repotenciación do parque eólico Monte Treito.

Núm. expediente: IN408A 2025/019.

Concellos afectados: Dodro, Lousame, Rianxo e Rois (A Coruña).

Potencia que se instalará: 31,5 MW (7 aeroxeradores a 4,5 MW).

Potencia evacuable: 30,39 MW.

Produción neta anual: 109 373 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 33.995.697,07 €.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Ámbito territorial e localización das instalacións:

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico repotenciado:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

X

Y

R01

515.874,27

4.735.585,16

R02

517.574,29

4.735.585,16

R03

517.073,46

4.733.785,30

R04

519.374,42

4.733.351,79

R05

520.174,68

4.734.485,15

R06

520.174,68

4.734.975,15

R07

521.674,33

4.734.975,15

R08

521.674,33

4.734.485,15

R09

520.374,43

4.730.785,42

R10

518.574,30

4.731.485,13

R11

517.818,74

4.730.285,12

R12

515.240,94

4.730.285,12

R13

516.174,28

4.732.385,14

R14

515.274,27

4.732.985,14

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

X

Y

10.1

516.191,00

4.733.871,00

10.2

516.209,00

4.733.418,00

10.3

517.319,00

4.732.119,00

10.4

517.361,00

4.731.514,00

10.5

520.116,00

4.733.319,00

10.6

519.732,00

4.732.363,00

10.7

516.892,00

4.730.463,00

Coordenadas da subestación de Treito:

Vértices subestación

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

X

Y

1

519.183,14

4.732.651,06

2

519.211,90

4.732.631,10

3

519.219,47

4.732.617,05

4

519.239,70

4.732.652,01

5

519.202,13

4.732.678,17

Obxecto da actuación:

O parque eólico Monte Treito está en funcionamento desde o ano 2001. Por este motivo, Iberdrola Renovables Galicia, S.A., promove unha renovación tecnolóxica completa do parque, que implica a desinstalación dos corenta (40) aeroxeradores existentes e a súa substitución por sete (7) aeroxeradores de maior potencia e eficiencia, mantendo a potencia máxima evacuable autorizada.

Na fase de desmantelamento do parque está prevista a retirada dos aeroxeradores, centros de transformación, cimentacións existentes, unha torre de medición, canalizacións eléctricas subterráneas e camiños cuxo uso non se prevé coa nova configuración. Tamén se levará a cabo a restauración ambiental dos terreos e a adaptación da subestación eléctrica existente ás novas condicións de explotación derivadas da repotenciación.

Características técnicas da instalación:

• Sete (7) aeroxeradores tripá do fabricante Vestas modelo V136, de 4,5 MW de potencia nominal unitaria, cun diámetro de rotor de 136 m e unha altura de buxa de 82 m.

• Sete (7) centros de transformación de 5.300 kVA de potencia e relación de transformación 0,72/20 kV, que se instalarán no interior de cada aeroxerador, cos seus correspondentes equipamentos de seccionamento, manobra e protección.

• Rede soterrada de 20 kV para conectar os aeroxeradores coa subestación existente de Treito 66 kV, composta por tres circuítos de ternas de cable unipolar do tipo RH5Z1-OL 12/20 kV AL + H16 XLPE, de seccións de 240 mm2 e 500 mm2.

• Rede de comunicacións Ethernet co fin de realizar as tarefas de monitorización e control do parque eólico, que usará como soporte un cable de fibra óptica con 16 fibras monomodo, que se tenderá nas mesmas gabias dispostas para a evacuación da enerxía eléctrica.

• Rede de posta á terra constituída por cable de cobre espido de 50 mm2 de sección.

• Adaptación na subestación eléctrica existente de Treito 66 kV, obxecto do expediente IN407A-1999/227-1, ás novas condicións de explotación derivadas da repotenciación do parque eólico Monte Treito, consistente na redución do número de circuítos de media tensión procedentes dos aeroxeradores de catro (4) a tres (3), na adecuación das conexións da rede soterrada de 20 kV ás correspondentes celas de liña da subestación, mantendo unha das celas como reserva, e a substitución do armario de control de planta (PPC) e do sistema Scada do parque eólico.

• A evacuación da enerxía realizarase desde a SET de Treito 66 kV a través da liña aérea existente LAT 66 kV parque eólico Monte Treito, obxecto do expediente IN407A 1999/226-1, ata a liña Tambre-Padrón de 66 kV. A infraestrutura de evacuación existente non forma parte do presente proxecto.

• Obra civil consistente na execución das plataformas de montaxe e cimentacións dos aeroxeradores, así como a creación ou adecuación das vías de acceso, da rede interior, das canalizacións para conducións eléctricas e obras auxiliares asociadas.

Obxecto da información pública:

A solicitude ten por obxecto o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de produción de enerxía eléctrica correspondente ao proxecto de repotenciación do parque eólico Monte Treito. Estas autorizacións, de conformidade co disposto no artigo 53.1, letras a) e b), da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, confiren respectivamente o dereito a realizar unha instalación concreta e a facultade para a súa construción. Os procedementos tramítanse segundo o establecido na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia. A competencia para autorizar os proxectos corresponde á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

O proxecto das instalacións eléctricas está sometido ao procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria, de acordo co disposto no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución: repotenciación do parque eólico Monte Treito. Concellos de Dodro, Lousame, Rianxo e Rois, A Coruña (España) (visado 15.1.2026).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA): Estudo de impacto ambiental do proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico Monte Treito. Termos municipais de Lousame, Rois, Rianxo e Dodro (provincia da Coruña). Xaneiro 2026 (asinado o 21.1.2026).

Polo exposto, sométese a información pública para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co artigo 33.10 da citada Lei 8/2009, do 22 de decembro.

A documentación estará á disposición para a súa consulta nas dependencias do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 82 e 981 18 49 83), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas dos concellos afectados. Así mesmo, tamén se poderá consultar no portal web desta consellería a través da seguinte ligazón:

https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/documentos-exposicion-publica

A Coruña, 10 de agosto de 2026

Mª Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña