DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 25 de agosto de 2026 Páx. 46589

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 22 de maio de 2026 pola que se convoca un proceso selectivo de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diferentes escalas e subescalas de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 103, do 4 de xuño de 2026, cómpre efectuar as seguintes correccións:

– Na páxina 32493,

Onde di:

«24. Espectrometría de emisión atómica. Atomización en plasma de axuste indutivo».

Debe dicir:

«24. Espectrometría de emisión atómica. Atomización en plasma de acoplamento indutivo».

Onde di:

«27. Análise isotópica mediante plasma de axuste indutivo. Selección de isótopos e relacións isotópicas».

Debe dicir:

«27. Análise isotópica mediante plasma de acoplamento indutivo. Selección de isótopos e relacións isotópicas».

– Na páxina 32497,

Onde di:

«70. O Regulamento do CACTI (publicado o 28.9.2023)».

Debe dicir:

«70. O Regulamento do CACTI (aprobado no Consello de Goberno do 25 de marzo de 2026».

Onde di:

«2. Tipos de microscopios ópticos. Microscopios verticais e investidos. Microscopios de contraste de fases e de interferencia diferencial».

Debe dicir:

«2. Tipos de microscopios ópticos. Microscopios verticais e invertidos. Microscopios de contraste de fases e de interferencia diferencial».

– Na páxina 32498,

Onde di:

«13. Sistemas sen carga nos microscopios electrónicos. Tipos de bombas e funcións, compoñentes do sistema sen carga, medidores e unidades sen carga».

Debe dicir:

«13. Sistemas de baleiro nos microscopios electrónicos. Tipos de bombas e funcións, compoñentes do sistema de baleiro, medidores e unidades de baleiro».

– Na páxina 32500,

Onde di:

«37. Outras técnicas asociadas á microscopía electrónica de varrido. Catodoluminiscencia en SEM, fundamentos e aplicacións. Difracción de electróns retrodispersados (EBSD) e axuste con EDS».

Debe dicir:

«37. Outras técnicas asociadas á microscopía electrónica de varrido. Catodoluminiscencia en SEM, fundamentos e aplicacións. Difracción de electróns retrodispersados (EBSD) e acoplamento con EDS».

Onde di:

«39. O microscopio electrónico de transmisión (TEM) e de transmisión de varrido (STEM): óptica electrónica e funcións dos seus compoñentes. Canons de electróns. Sistema de lentes. Portamostras. Aperturas. Sistemas de obtención e rexistro da imaxe».

Debe dicir:

«39. O microscopio electrónico de transmisión (TEM) e de transmisión de varrido (STEM): óptica electrónica e funcións dos seus compoñentes. Canóns de electróns. Sistema de lentes. Portamostras. Aperturas. Sistemas de obtención e rexistro da imaxe».

– Na páxina 32501,

Onde di:

«53. Operacións básicas de mantemento nun microscopio electrónico de transmisión. Aliñamento do canon. Substitución do filamento. Outras operacións rutineiras de mantemento».

Debe dicir:

«53. Operacións básicas de mantemento nun microscopio electrónico de transmisión. Aliñamento do canón. Substitución do filamento. Outras operacións rutineiras de mantemento».

– Nas páxinas 32503 e 32507,

Onde di:

«70. O Regulamento do CACTI (publicado o 28.9.2023)».

Debe dicir:

«70. O Regulamento do CACTI (aprobado no Consello de Goberno do 25 de marzo de 2026».

– Na páxina 32536,

Onde di:

«15. Espectrometría de emisión atómica. Atomización en chama. Atomización en plasma de axuste indutivo».

Debe dicir:

«15. Espectrometría de emisión atómica. Atomización en chama. Atomización en plasma de acoplamento indutivo».