Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 12 de xaneiro de 2023 (DOG número 14, do 20 de xaneiro) ditáronse as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos cos centros docentes privados para o curso académico 2023/24 e seguintes, de conformidade co establecido na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.
Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 14 de agosto de 2023 (DOG número 156, do 18 de agosto) aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e formación profesional, por un período máximo de 6 cursos académicos, ata o final do curso 2028/29.
Estes concertos modificáronse mediante as ordes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 13 de agosto de 2024 (DOG número 160, do 21 de agosto) e do 8 de agosto de 2025 (DOG número 161, do 25 de agosto).
De conformidade co artigo 3 da devandita Orde do 12 de xaneiro de 2023, os concertos que se subscriban ou modifiquen mediante esta orde rematarán ao final do curso 2028/29, sen prexuízo da súa posible modificación dentro do seu período de vixencia seguindo o procedemento dos capítulos II e III da mesma norma, por instancia de parte ou de oficio.
Por canto antecede, en aplicación do artigo 7 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, que aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e do artigo 3 do Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación dos concertos educativos vixentes
1. Modificar os concertos educativos subscritos polos centros docentes privados que se relacionan no anexo I desta orde, nos termos que para cada centro educativo se especifican.
2. As modificacións a que se refire o número 1 deste artigo terán vixencia ata o final do curso 2028/29, sen prexuízo das modificacións que, se é o caso, proceda introducir, segundo o previsto no artigo 46 do Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos e no capítulo III da Orde do 12 de xaneiro de 2023.
Artigo 2. Desestimación de solicitudes
Desestimar as solicitudes de modificación ou de subscrición do concerto educativo realizadas polas titularidades dos centros docentes que se relacionan no anexo II desta orde, por considerar que as necesidades educativas da zona correspondente ao centro están satisfeitas e o cumprimento dos demais requisitos que sinala o artigo 6 da Orde do 12 de xaneiro de 2023.
Artigo 3. Formalización do concerto
1. A modificación do concerto educativo por alteración do número de unidades concertadas formalizarase mediante unha addenda ao documento de formalización do concerto subscrito polo centro.
2. Os documentos serán asinados pola persoa titular do centro privado ou a persoa con representación debidamente acreditada e polo director xeral de Centros e Recursos Humanos, de conformidade co artigo 3 da Orde do 5 de xuño de 2024 de delegación de competencias nos órganos superiores e de dirección e nos departamentos territoriais da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
3. Se a persoa titular do centro non subscribise o documento administrativo de formalización na data en que se lle notifique, entenderase decaída no seu dereito.
Artigo 4. Efectos
Esta orde terá efectos económicos e administrativos desde o día 1 de setembro de 2026.
Disposición adicional única. Acordos asinados entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado
1. Durante o período de vixencia dos concertos que se aproban mediante esta orde aplicarase o Acordo asinado o día 14 de xuño de 2023 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado sobre medidas de recolocación do profesorado afectado pola modificación das unidades concertadas.
No curso académico 2026/27, o devandito acordo é de aplicación ao persoal docente en pagamento delegado dos centros docentes privados concertados no curso académico 2025/26 que, como consecuencia da redución do número de unidades aprobada por esta orde, perda o posto de traballo do cal é titular a partir do 31 de agosto de 2026, sempre que a modificación do concerto non sexa imputable á titularidade do centro educativo.
2. Durante o dito período de vixencia e de conformidade co previsto no número 2 da cláusula sétima do Acordo do 28 de agosto de 2024, entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado de Galicia, sobre as condicións da xubilación parcial do profesorado en pagamento delegado no curso 2024/25 e seguintes, manterase a situación das persoas xubiladas parciais en aplicación deste acordo ata que acaden os requisitos para solicitaren a xubilación total.
3. Así mesmo, de conformidade co que dispón a cláusula novena do Acordo do 12 de decembro de 2025, entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e as organizacións empresariais e sindicais do ensino privado concertado de Galicia, sobre as condicións da xubilación parcial do profesorado en pagamento delegado, as situacións e consecuencias derivadas deste acordo manteranse sempre e cando permanezan os supostos que as produciron, ata que as persoas xubiladas parcialmente acaden a idade de xubilación ordinaria ou concorra outra causa de extinción.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
ANEXO I
Modificacións realizadas de conformidade cos artigos 8 e 22 da Orde do 12 de xaneiro de 2023
a) Educación Infantil:
|
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
32008513 |
CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús |
Ourense |
Ourense |
Suprimir o concerto: 1 unidade |
b) Educación primaria (EP) e educación secundaria obrigatoria (ESO):
|
Código |
Denominación do Centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
15004460 |
CPR Plurilingüe Peñarredonda |
Coruña (A) |
Coruña (A) |
Suprimir o concerto: 1 unidade de EP |
|
15003200 |
CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo |
Cee |
Coruña (A) |
Suprimir o concerto: 1 unidade de EP |
|
15020489 |
CPR Plurilingüe Montespiño |
Culleredo |
Coruña (A) |
Incrementar o concerto: 1 unidade de EP |
|
36009925 |
CPR Plurilingüe Amor de Dios |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto: 1 unidade de EP |
|
36011831 |
CPR Plurilingüe Las Acacias |
Vigo |
Pontevedra |
Incrementar o concerto: 1 unidade de EP |
|
36011191 |
CPR Plurilingüe Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Suprimir o concerto: 1 unidade de EP |
c) Educación especial:
|
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
36017031 |
CEEPR Aceesca |
O Porriño |
Pontevedra |
Incrementar o concerto: 1 unidade-autistas |
d) Ciclos formativos de grao medio de formación profesional:
|
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
15004101 |
CPR Plurilingüe Cristo Rey |
Coruña (A) |
Coruña (A) |
Concertar o 2º curso do ciclo Planta Química (1 unidade) |
|
27006425 |
CPR Seminario Diocesano-San Lorenzo |
Lugo |
Lugo |
Concertar o 2º curso do ciclo Guía no Medio Natural e de Tempo Libre (1 unidade) |
|
32008665 |
CPR Plurilingüe Divino Maestro |
Ourense |
Ourense |
Concertar o 2º curso do ciclo Actividades Comerciais (1 unidade) |
e) Ciclos formativos de grao superior de formación profesional:
|
Código |
Denominación do centro |
Concello |
Provincia |
Modificación |
|
15020313 |
EFAG El Piñeiral |
Arzúa |
Coruña (A) |
Concertar o 2º curso do ciclo Hixiene Bucodental (1 unidade) |
|
36004526 |
CPR Plurilingüe San Narciso |
Marín |
Pontevedra |
Suprimir o concerto do ciclo Ensinanza e Animación Sociodeportiva |
|
36025165 |
CPR FP Montecastelo |
Vigo |
Pontevedra |
Concertar o 2º curso do ciclo Administración de Sistemas Informáticos en Rede (1 unidade) |
ANEXO II
Solicitudes de modificación ou subscrición desestimadas:
1. 15004198 CPR Plurilingüe Hijas de Jesús, A Coruña, A Coruña
2. 15004231 CPR Plurilingüe Karbo, A Coruña, A Coruña
3. 15022000 CPR Plurilingüe Montegrande, A Coruña, A Coruña
4. 15004526 CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, A Coruña, A Coruña
5. 15026649 CPR Divino Maestro, A Pobra do Caramiñal, A Coruña
6. 15020431 CPR Agarimo, Arteixo, A Coruña
7. 15020313 EFAG El Piñeiral, Arzúa, A Coruña, das unidades e ensinanzas non incluídas no anexo I.
8. 15021974 EFAG Fonteboa, Coristanco, A Coruña
9. 15005853 CPR Plurilingüe A Ponte Pasaxe, Culleredo, A Coruña
10. 15032157 CPR Plurilingüe Andaina, Culleredo, A Coruña
11. 15006353 CPR Plurilingüe Jorge Juan, Fene, A Coruña
12. 15010794 CPR Plurilingüe Jaime Balmes, Noia, A Coruña
13. 15010769 CPR Plurilingüe María Assumpta, Noia, A Coruña
14. 15013497 CPR Luís Vives, Pontedeume, A Coruña
15. 15015241 CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Inmaculada, Santa Comba, A Coruña
16. 27006279 CPR Fingoi, Lugo, Lugo
17. 27006231 CPR Plurilingüe Divina Pastora, Lugo, Lugo
18. 27006255 CPR Plurilingüe Divino Maestro, Lugo, Lugo
19. 27007223 CPR Plurilingüe Real Colegio Padres Escolapios, Monforte de Lemos, Lugo
20. 32020720 CPR Plurilingüe Miraflores, O Pereiro de Aguiar, Ourense
21. 32016728 CPR Plurilingüe Luís Vives, Ourense, Ourense
22. 32008458 CPR Plurilingüe María Auxiliadora, Ourense, Ourense
23. 32008616 CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle, Ourense, Ourense
24. 32008604 CPR Plurilingüe Santa María, Ourense, Ourense
25. 32013557 CPR Plurilingüe María Inmaculada, Verín, Ourense
26. 36025335 CEEPR Aspanaes A Estrada, A Estrada, A Coruña
27. 36005671 EFAG A Cancela, As Neves, Pontevedra
28. 36000351 CPR Plurilingüe Virgen Milagrosa, Bueu, Pontevedra
29. 36000569 CPR Salesianos A Mercé, Cambados, Pontevedra
30. 36000910 CPR Plurilingüe Casa de la Virgen, Cangas de Morrazo, Pontevedra
31. 36001008 CPR Plurilingüe Compañía de María, Cangas de Morrazo, Pontevedra
32. 36016115 CPR Plurilingüe Eduardo Pondal, Cangas de Morrazo, Pontevedra
33. 36004514 CPR Plurilingüe La Inmaculada, Marín, Pontevedra
34. 36004526 CPR Plurilingüe San Narciso, Marín, Pontevedra, das unidades e ensinanzas non incluídas no anexo I.
35. 36005427 CPR Plurilingüe Lar, Mos, Pontevedra
36. 36006641 CPR Plurilingüe Calasancio, Pontevedra, Pontevedra
37. 36011622 CPR Aloya, Vigo, Pontevedra
38. 36011853 CPR Daniel Castelao, Vigo, Pontevedra
39. 36019116 CPR Estudios Marcote, Vigo, Pontevedra
40. 36025165 CPR FP Montecastelo, Vigo, Pontevedra, das unidades e ensinanzas non incluídas no anexo I.
41. 36015822 CPR Marcote, Vigo, Pontevedra
42. 36025244 CPR Nortempo Formación, Vigo, Pontevedra
43. 36009925 CPR Plurilingüe Amor de Dios, Vigo, Pontevedra
44. 36014209 CPR Plurilingüe Andersen Augalonga, Vigo, Pontevedra
45. 36010903 CPR Plurilingüe Apostol Santiago, Vigo, Pontevedra
46. 36010976 CPR Plurilingüe Compañía de María, Vigo, Pontevedra
47. 36011099 CPR Plurilingüe Labor, Vigo, Pontevedra
48. 36011166 CPR Plurilingüe María Inmaculada, Vigo, Pontevedra
49. 36011221 CPR Plurilingüe Padre Míguez, Vigo, Pontevedra
50. 36011351 CPR Plurilingüe San José de Cluny, Vigo, Pontevedra
51. 36011865 CPR Quiñones de León, Vigo, Pontevedra
52. 36011312 CPR San Fermín, Vigo, Pontevedra
