DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 25 de agosto de 2026 Páx. 46488

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2026 pola que se publica a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución de programas de acollemento residencial e de atención de día integral en unidades de convivencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (144 prazas), no marco do Programa de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, cofinanciado co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) (código de procedemento BS213Z).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia a competencia exclusiva en materia de asistencia social.

O artigo 14 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor (LOPXM), establece a obriga da Administración pública de prestar a atención inmediata que precise calquera neno, nena ou adolescente. Para isto, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá asumir a garda provisional dun neno, nena ou adolescente de acordo co establecido no artigo 172.4 do Código civil, que será comunicada ao Ministerio Fiscal o cal procederá a identificar a persoa, a investigar as súas circunstancias e constatar, de ser o caso, a situación de desamparo. Tales dilixencias realizaranse no prazo máis breve posible, durante o cal se deberá proceder, de ser o caso, á declaración da situación de desamparo e á consecuente asunción da tutela, ou á promoción da medida de protección procedente.

Así, cando a entidade pública competente en materia de protección á infancia e á adolescencia constante que, no seu respectivo territorio, unha persoa menor de idade se encontra en situación de desamparo, ten por ministerio de lei a tutela desta e deberá adoptar as medidas de protección necesarias para a súa garda, poñéndoo en coñecemento do Ministerio Fiscal e, de ser o caso, do xuíz que acordou a tutela ordinaria, en virtude do artigo 172.1 do Código civil.

Neste sentido, considérase, de acordo co Manual de procedemento de intervención dos servizos sociais especializados en protección á infancia e adolescencia da Xunta de Galicia en situacións de risco e desamparo, que o equipo técnico do menor avaliará a situación familiar e as circunstancias que motivaron a medida de protección. Xunto coa información obtida adoptará, nos prazos sinalados no dito manual, unha medida de protección e o Plan individualizado de protección do neno, nena ou adolescente, o que dará lugar á adopción dunha alternativa de convivencia estable.

Por outra banda, a Unión Europea asignoulle a España un importe de axuda do FSE+ de 11.295.696.991 euros correspondente ao marco financeiro plurianual 2021-2027, cuxo período de execución se estende ata o 31 de decembro de 2029 e que é distribuído entre vinte e tres programas FSE+ rexionais, un por cada comunidade e cidade autónoma, e catro programas FSE+ estatais.

Así, no caso de España, a Unidade Administradora do Fondo Social Europeo do Ministerio de Traballo e Economía Social, como autoridade de xestión responsable da execución do FSE+, recoñécelle, mediante o Acordo asinado o 17 de novembro de 2023, á Secretaría de Estado de Dereitos Sociais (en diante, SEDS) as funcións de organismo intermedio para a selección de operacións dentro do tramo estatal do Programa de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, baixo a responsabilidade da autoridade de xestión. Como consecuencia do anterior, a Secretaría de Estado de Dereitos Sociais aproba, mediante a Resolución do 8 de abril de 2025 (BOE do 25 de abril), unha convocatoria de manifestación de interese de comunidades autónomas para a selección de operacións no marco do Programa de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, cofinanciado co Fondo Social Europeo Plus (FSE+). A Comunidade Autónoma de Galicia presentou manifestación de interese nesta convocatoria, o que culminou, con data do 3 de xullo de 2026, na formalización do convenio entre a Secretaría de Estado de Dereitos Sociais e a Consellería de Política Social e Igualdade, no marco do Programa de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, cofinanciado co Fondo Social Europeo Plus (FSE+), que ten por obxecto establecer as condicións da axuda correspondente para financiar, entre outras actuacións, este concerto social.

O acollemento residencial en unidades de convivencia é o recurso especializado que permite o exercicio da garda dun neno, nena ou adolescente a través da súa estadía nun centro coa finalidade de garantir a adecuada atención no conxunto das súas necesidades básicas (físicas, afectivas, de seguridade, emocionais, educativas e sociais), potenciando experiencias de aprendizaxe e o acceso aos recursos sociais nas mesmas condicións que calquera outra persoa da súa idade.

A tipoloxía de centros coñecida como «centros sin fogares», recollida no artigo 13 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, distribúese pola súa vez en unidades de convivencia que permiten a adecuación dos espazos e ritmos de vida autónoma dentro da organización xeral. Estas unidades terán capacidade máxima por cada unidade de convivencia de dez (10) prazas, aínda que o recomendable sería oito (8) prazas como máximo. A organización e o funcionamento deste recurso pretende asimilarse o máximo posible a un clima familiar, un trato personalizado e promovendo un contorno de seguridade, protección e afecto. Esta distribución en unidades de convivencia máis reducidas, cun carácter máis independente de cada unha delas, permite unha maior asimilación destas a un ambiente familiar e de fogar, o que fai posible acadar un dos maiores desafíos nesta materia establecidos a nivel europeo: a desintitucionalización dos nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección á infancia e adolescencia. Actualmente existen varias iniciativas e axudas a nivel comuntario para promover a desinstitucionalización.

A desinstitucionalización neste concerto tradúcese nos seguintes cambios, exixidos, así mesmo, polo Programa de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, cofinanciado co Fondo Social Europeo Plus (FSE+):

a) Transformar os centros cun elevado número de prazas que prexudican o trato individualizado dos nenos, nenas e adolescentes residentes, evitando os coñecidos coloquialmente como «macrocentros», e crear solucións de acollemento residencial cunha base familiar en unidades de convivencia de dez (10) prazas ou menos;

b) Para favorecer o trato individualizado e permitir unha atención adecuada ao interese superior dos nenos, nenas e adolescentes que residen en centros de protección, permitindo unha intervención que respecte os seus dereitos e permita atender de xeito integral ás súas necesidades máis básicas, así como as máis complexas derivadas da situación de desprotección que sofren, dótanse as unidades de convivencia dunha ratio de persoal adecuada que garante o desenvolvemento holístico dos nenos, nenas e adolescentes de acordo coa normativa específica sobre violencia contra a infancia e a adolescencia.

Estes cambios están dirixidos ao cumprimento da Estratexia estatal de desinstitucionalización, que implica superar a arraigada cultura asistencialista e avanzar cara a modelos de coidados e apoios centrados no respecto e na garantía dos dereitos e dignidade das persoas.

No eido de protección á infancia e á adolescencia debe lograrse un enfoque personalizado, comunitario e garante de dereitos, que contribúa a mellorar e transformar a tipoloxía de centros e servizos existentes e potencie tamén os servizos e apoios na comunidade e de base familiar.

Así pois, resulta necesario manter recursos residenciais que ofrezan unha atención integral e estable para aqueles casos en que o plan individualizado de protección o considere oportuno. Esta atención debe corresponderse co interese superior de nenos, nenas e adolescentes (en diante, NNA).

O acollemento residencial de nenos, nenas e adolescentes está previsto no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 108, do 8 de xuño de 2016). En concreto, o punto 2.4.9 do anexo desta norma refírese ao «servizo de acollemento residencial de menores», que define como o conxunto de intervencións mediante as cales se exerce a garda dun/dunha NNA, como medida de protección, a través do seu aloxamento nun centro.

Á vista das habilitacións normativas anteriores, nos últimos anos os programas de acollemento residencial en unidades de convivencia viñéronse desenvolvendo a través de contratos de servizos. Non obstante, a habilitación do réxime de concertos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia a través do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, abre a posibilidade de aplicar esta figura a programas e servizos desenvolvidos pola entidade pública de protección á infancia e á adolescencia de Galicia.

Este proxecto será cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+, dentro do Programa de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, cun importe 2.400.000 €, e pola Consellería de Política Social e Igualdade, polo importe restante.

Este procedemento administrativo tramítase ao abeiro das bases e da convocatoria contidas nesta resolución e financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228, códigos de proxecto 2013 00590 e 2026 00156, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, na cal existe crédito axeitado e suficiente.

Cumpridos os requisitos do artigo 10, e de conformidade co artigo 11 do dito Decreto 229/2020, a resolución de convocatoria do procedemento BS213Z deste concerto social, logo da fiscalización da proposta, correspóndelle á persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o inicio e a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución de programas de acollemento residencial e de atención de día integral en unidades de convivencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (144 prazas), (código de procedemento BS213Z), no marco do Programa de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, cofinanciado co Fondo Social Europeo Plus (FSE+), que se xunta a esta resolución no anexo I, e ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución de inicio.

Segundo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2026

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade

ANEXO I

Concerto social con código de procedemento BS213Z, que consiste na
execución de programas de acollemento residencial e de atención de día integral en unidades de convivencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes
con medida de protección

A) Necesidade administrativa que se pretende satisfacer.

A Constitución española dispón, no artigo 39, entre os principios reitores da política económica e social, o apoio dos poderes públicos para asegurar a protección social, económica e xurídica da familia e sinala igualmente que os NNA deberán gozar da protección prevista nos acordos internacionais, entre os cales se deben incluír os dereitos recoñecidos á infancia pola Convención sobre os dereitos do neno, aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989 e en vigor en España desde o 5 de xaneiro de 1991.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias exclusivas en materia de asistencia social, de conformidade co disposto no artigo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia, Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, e nos reais decretos de transferencia 2411/1982, do 24 de xullo (BOE núm. 232, do 28 de setembro) e 534/1984, do 25 de xaneiro (BOE núm. 69, do 21 de marzo), e, en virtude da dita competencia, aprobáronse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

A Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, ten atribuídas entre as súas competencias, segundo o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 73, do 14 de abril), o Decreto 49/2024, de 22 de abril, pola que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril), e o Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade, ao abeiro da disposición transitoria do Decreto 42/2024, do 14 de abril, a protección e a tutela dos/das nenos, nenas e adolescentes en situación de risco ou desamparo.

O acollemento residencial a nenos, nenas e adolescentes cunha medida de protección forma parte do contido esencial das obrigas que como titora ou gardadora lle corresponden á Xunta de Galicia por ministerio da lei.

Para levar a cabo estas actuacións desenvólvense, entre outros, o Programa de intervención de acollemento residencial e/ou o Programa de acollemento residencial en réxime de atención de día. Para a súa execución, a Administración conta con equipamentos propios con xestión directa que son insuficientes para cubrir as necesidades existentes.

Cómpre sinalar con respecto a esta última cuestión que na actualidade a Comunidade Autónoma de Galicia conta con catro centros de titularidade propia e con xestión directa, que son: Centro de menores San Xosé de Calasanz, Complexo de Atención a Menores de Ferrol (Centro de menores Ferrol I), Centro de menores Santo Anxo da Garda e Centro educativo A Carballeira; o número total de prazas ascende a 167 prazas, número claramente insuficiente se temos en conta que os/as NNA en acollemento residencial en Galicia se manteñen en cifras próximas ao millar.

Consonte o anterior, é preciso contar cos medios proporcionados por outras entidades públicas, a través dos oportunos convenios de colaboración, ou privadas, a través da contratación dos servizos.

A Administración vén constatando a necesidade de prazas de acollemento residencial en determinadas comarcas e/ou concellos. Do mesmo xeito, tamén se detecta a necesidade de recursos especializados en unidades de convivencia que permitan unha atención máis personalizada e próxima ao ambiente familiar, favorecendo o desenvolvemento integral dos nenos, nenas e adolescentes no sistema de protección.

Na procura da consecución duns estándares de calidade propios dunha Administración moderna e preocupada pola mellora dos servizos sociais en xeral e na mellora da calidade de vida dos nenos e nenas incluídos no sistema de protección da Xunta de Galicia, cómpre, no interese superior daquelas, pór en marcha este procedemento de concertación.

Este concerto social permitirá a participación, en libre concorrencia pública, de entidades titulares de centros de menores ou en disposición de achegar este tipo de recurso no suposto de resultaren adxudicatarias.

O artigo 2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2021), establece que este tipo de relación xurídica se pode establecer entre a Administración xeral autonómica e aquelas entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.

O acollemento residencial de nenos, nenas e adolescentes está previsto no Decreto 192/2015, de 29 de outubro. En concreto, o número 2.4.9 do anexo desta norma refírese ao «servizo de acollemento residencial de menores», que define como «conxunto de intervencións mediante as cales se exerce a garda dun NNA como medida de protección, a través do seu aloxamento nun centro». A mesma norma indica que esta modalidade ten por obxecto «proporcionar a atención, a educación e a formación adecuadas precisas para a normalización e integración sociofamiliar das persoas acollidas».

B) Obxecto do concerto social.

O obxecto deste concerto, con código de procedemento BS213Z, é a execución de programas de acollemento residencial e de atención de día integral en unidades de convivencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección, cofinanciado co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, de acordo coas prescricións recollidas no prego técnico e durante os anos 2026 a 2030, con posibilidade de prórrogas ata o 30.4.2034. En concreto, ofértanse 144 prazas a persoas usuarias con estas características.

O acollemento residencial en unidades de convivencia ten como finalidade o exercicio da garda dun NNA a través da súa estadía nun centro coa finalidade de garantir a adecuada atención no conxunto das súas necesidades básicas (físicas, afectivas, de seguridade, emocionais, educativas e sociais), potenciando experiencias de aprendizaxe e o acceso aos recursos sociais nas mesmas condicións que calquera outra persoa da súa idade.

De acordo co disposto no artigo 37 da lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, poderán ser tamén persoas beneficiarias do programa de acollemento residencial as persoas maiores de idade cando fosen obxecto dunha medida de protección antes de acadar a condición referida e nos supostos expresamente previsto no ordenamento xurídico.

Tamén poderán ser persoas destinatarias do programa de acollemento residencial as persoas que cumpran unha medida de convivencia con familia ou grupo educativo, imposta ao abeiro da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

As necesidades que se trata de satisfacer son as seguintes:

• Aloxar, en réxime de acollemento residencial, as nenas, nenos e adolescentes suxeitos á medida de garda ou tutela pola entidade pública de protección da infancia e da adolescencia, cando non sexa posible ou non conveña ao seu interese a integración nunha familia.

• Dar cobertura ás necesidades básicas das nenas, nenos e adolescentes cunha medida de protección, e proporcionarlles a atención, a educación e a formación axeitadas, co fin de favorecer o pleno desenvolvemento de todas as facetas da súa personalidade.

• Levar a cabo unha intervención individualizada coas persoas menores e, de ser o caso, coas súas familias de orixe, co obxecto de promover a adecuada integración daquelas na súa propia familia ou, se isto non é posible, nunha familia alternativa, ou preparalas para a vida independente.

• No suposto das unidades de acollemento residencial en réxime de atención de día, dar cobertura ás necesidades da persoa menor de idade e promover a mellora do seu medio familiar co fin de preservar a convivencia e evitar a súa separación, ou como paso previo á súa desinstitucionalización.

• Proporcionar un ambiente de convivencia que se asimile o máximo posible a un clima familiar, cun trato personalizado e promovendo un contorno de seguridade, protección e afecto.

Para os efectos desta convocatoria, o concerto social distribúese en catro (4) lotes.

Lote

Residenciais

Día

Nº prazas

Nº prazas

1

20

10

2

32

15

3

20

10

4

35

2

C) Modalidade de concertación.

A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concertos, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2021). O concerto será asignado a unha única entidade, que deberá optar a todas as prazas ofertadas.

D) Réxime económico do acordo.

D.1. Orzamento e crédito orzamentario a que se imputa o gasto:

A Consellería de Política Social e Igualdade financiará o custo derivado da execución deste concerto cunha contía máxima de 30.087.934,67 € (IVE incluído) no período 2026 ao 2030. Este importe será cofinanciado pola Unión Europea no marco do programa FSE+, dentro do Programa de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, cun importe de 2.400.000,00 €, e pola Consellería de Política Social e Igualdade, polo importe restante, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.312B.228, códigos de proxecto 2013 00590 e 2026 00156, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, na cal existe crédito adecuado e suficiente.

D.2. Distribución en anualidades:

Ano 2026
61 días

Ano 2027

Ano 2028

Ano 2029

Ano 2030

Total

Fondo propio da Comunidade Autónoma

1.055.706,28 €

6.978.439,37 €

7.328.553,32 €

7.803.527,90 €

2.921.707,80 €

26.087.934,67 €

FSE+ Plurirrexional

150.000,00 €

800.000,00 €

800.000,00 €

650.000,00 €

-

2.400.000,00 €

Fondo propio co cofinanciamento do FSE+

100.000,00 €

533.333,33 €

533.333,34 €

433.333,33 €

-

1.600.000,00 €

Totais

1.305.706,28 €

8.311.772,70 €

8.661.886,66 €

8.886.861,23 €

2.921.707,80 €

30.087.934,67 €

Distribución en anualidades (IVE incluído):

Nº lote

Nº de prazas residenciais

Nº de prazas de día

2026 (61 días)

2027

2028

2029

2030 (120 días)

Total lote 1

20

10

262.072,47 €

1.667.750,70 €

1.737.702,12 €

1.783.503,15 €

586.357,20 €

Total lote 2

32

15

417.692,80 €

2.656.629,14 €

2.767.158,37 €

2.839.155,06 €

933.420,84 €

Total lote 3

20

10

262.072,47 €

1.667.750,70 €

1.737.702,12 €

1.783.503,15 €

586.357,20 €

Total lote 4

35

2

363.868,54 €

2.319.642,16 €

2.419.324,05 €

2.480.699,87 €

815.572,56 €

Total prazas ofertadas

107

37

1.305.706,28 €

8.311.772,70 €

8.661.886,66 €

8.886.861,23 €

2.921.707,80 €

Total

30.087.934,67 €

O valor estimado para as anualidades comprendidas entre 2026 e 2030, así como as posibles modificacións e prórrogas, é o seguinte:

Lote 1 Oleiros

Anualidades

Totais (sen IVE)

Posibles modificacións (50 %)

Total inicial + modificacións

2026 (61 días)

238.247,70 €

119.123,85 €

357.371,55 €

2027

1.516.137,00 €

758.068,50 €

2.274.205,50 €

2028

1.579.729,20 €

789.864,60 €

2.369.593,80 €

2029

1.621.366,50 €

810.683,25 €

2.432.049,75 €

2030 (120 días)

533.052,00 €

266.526,00 €

799.578,00 €

Anualidades

Posibles prórrogas (sen IVE)

Modificacións prórrogas (50 %)

Total prórrogas +

modificacións

2030 (245 días)

1.088.314,50 €

544.157,25 €

1.632.471,75 €

2031

1.621.366,50 €

810.683,25 €

2.432.049,75 €

2032

1.625.808,60 €

812.904,30 €

2.438.712,90 €

2033

1.621.366,50 €

810.683,25 €

2.432.049,75 €

2034 (120 días)

533.052,00 €

266.526,00 €

799.578,00 €

Lote 2 Redondela

Anualidades

Totais (sen IVE)

Posibles modificacións (50 %)

Total inicial + modificacións

2026 (61 días)

379.720,73 €

189.860,37 €

569.581,10 €

2027

2.415.117,40 €

1.207.558,70 €

3.622.676,10 €

2028

2.515.598,52 €

1.257.799,26 €

3.773.397,78 €

2029

2.581.050,05 €

1.290.525,03 €

3.871.575,07 €

2030 (120 días)

848.564,40 €

424.282,20 €

1.272.846,60 €

Anualidades

Posibles prórrogas (sen IVE)

Modificacións prórrogas (50 %)

Total prórrogas +

modificacións

2030 (245 días)

1.732.485,65 €

866.242,83 €

2.598.728,47 €

2031

2.581.050,05 €

1.290.525,03 €

3.871.575,07 €

2032

2.588.121,42 €

1.294.060,71 €

3.882.182,13 €

2033

2.581.050,05 €

1.290.525,03 €

3.871.575,07 €

2034 (120 días)

848.564,40 €

424.282,20 €

1.272.846,60 €

Lote 3 Vigo

Anualidades

Totais (sen IVE)

Posibles modificacións (50 %)

Total inicial + modificacións

2026 (61 días)

238.247,70 €

119.123,85 €

357.371,55 €

2027

1.516.137,00 €

758.068,50 €

2.274.205,50 €

2028

1.579.729,20 €

789.864,60 €

2.369.593,80 €

2029

1.621.366,50 €

810.683,25 €

2.432.049,75 €

2030 (120 días)

533.052,00 €

266.526,00 €

799.578,00 €

Anualidades

Posibles prórrogas (sen IVE)

Modificacións prórrogas (50 %)

Total prórrogas +

modificacións

2030 (245 días)

1.088.314,50 €

544.157,25 €

1.632.471,75 €

2031

1.621.366,50 €

810.683,25 €

2.432.049,75 €

2032

1.625.808,60 €

812.904,30 €

2.438.712,90 €

2033

1.621.366,50 €

810.683,25 €

2.432.049,75 €

2034 (120 días)

533.052,00 €

266.526,00 €

799.578,00 €

Lote 4 Miño

Anualidades

Totais (sen IVE)

Posibles modificacións (50 %)

Total inicial + modificacións

2026 (61 días)

330.789,58 €

165.394,79 €

496.184,37 €

2027

2.108.765,60 €

1.054.382,80 €

3.163.148,40 €

2028

2.199.385,50 €

1.099.692,75 €

3.299.078,25 €

2029

2.255.181,70 €

1.127.590,85 €

3.382.772,55 €

2030 (120 días)

741.429,60 €

370.714,80 €

1.112.144,40 €

Anualidades

Posibles prórrogas (sen IVE)

Modificacións prórrogas (50 %)

Total prórrogas +

modificacións

2030 (245 días)

1.513.752,10 €

756.876,05 €

2.270.628,15 €

2031

2.255.181,70 €

1.127.590,85 €

3.382.772,55 €

2032

2.261.360,28 €

1.130.680,14 €

3.392.040,42 €

2033

2.255.181,70 €

1.127.590,85 €

3.382.772,55 €

2034 (120 días)

741.429,60 €

370.714,80 €

1.112.144,40 €

Total por lotes:

Anualidades

Totais (sen IVE)

Posibles modificacións (50 %)

Total inicial + modificacións

2026 (61 días)

1.187.005,71 €

593.502,86 €

1.780.508,57 €

2027

7.556.157,00 €

3.778.078,50 €

11.334.235,50 €

2028

7.874.442,42 €

3.937.221,21 €

11.811.663,63 €

2029

8.078.964,75 €

4.039.482,38 €

12.118.447,13 €

2030 (120 días)

2.656.098,00 €

1.328.049,00 €

3.984.147,00 €

Anualidades

Posibles prórrogas (sen IVE)

Modificacións prórrogas (50 %)

Total prórrogas +

modificacións

2030 (245 días)

5.422.866,75 €

2.711.433,38 €

8.134.300,13 €

2031

8.078.964,75 €

4.039.482,38 €

12.118.447,13 €

2032

8.101.098,90 €

4.050.549,45 €

12.151.648,35 €

2033

8.078.964,75 €

4.039.482,38 €

12.118.447,13 €

2034 (120 días)

2.656.098,00 €

1.328.049,00 €

3.984.147,00 €

Total valor estimado

89.535.991,55 €

D.3. Prezo:

O prezo que a Consellería de Política Social e Igualdade aboará pola prestación do servizo obxecto deste concerto concrétase no seguinte prezo por praza e día:

Aplícanse as tarifas de centro urbano nos lotes 1 (Oleiros) e 3 (Vigo) e as tarifas de centro non urbano nos lotes 2 (Redondela) e 4 (Miño).

Lote

Nº de prazas residenciais

Nº de prazas de día

Anualidade

Praza residencial NNA/día (sen IVE) (€)

Praza día NNA/día

(sen IVE) (€)

1

20

10

2026

147,94

94,69

2027

157,78

99,82

2028

164,21

103,20

2029

168,86

106,49

2030

168,86

106,49

2

32

15

2026

149,44

96,19

2027

159,28

101,32

2028

165,71

104,70

2029

170,36

107,99

2030

170,36

107,99

3

20

10

2026

147,94

94,69

2027

157,78

99,82

2028

164,21

103,20

2029

168,86

106,49

2030

168,86

106,49

4

35

2

2026

149,44

96,19

2027

159,28

101,32

2028

165,71

104,70

2029

170,36

107,99

2030

170,36

107,99

A contía indicada na táboa anterior será a aboada en caso de que a praza estea ocupada por unha persoa usuaria. En caso de non estar ocupada unha praza, a reserva de praza aboarase ao 70 % do prezo indicado.

E) Duración do concerto social e posibilidade de renovacións.

Este concerto social terá vixencia desde a súa formalización (prevista desde o 1.11.2026) ata o 30.4.2030, con posibilidade de catro (4) anos de prórrogas, segundo o artigo 8 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, en caso de existir crédito adecuado e suficiente. En concreto, de acordo co dito precepto, existe a posibilidade de prorrogar o concerto desde o 1.5.2030 ata o 30.4.2034.

De acordo co dito precepto, coa finalidade de garantir a estabilidade na súa provisión, despois da resolución deste concerto social, o programa poderá continuar tras a convocatoria dun novo concerto sempre e cando exista crédito adecuado e suficiente.

Non obstante, e de acordo co sinalado no artigo 29.4 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que resulta de aplicación supletoria ao abeiro do establecido na disposición derradeira primeira do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, cando no momento do vencemento dun concerto non se formalizase o novo instrumento que garanta a continuidade do servizo como consecuencia de incidencias imprevisibles para a Administración concertante producidas no procedemento de adxudicación, e existan razóns de interese público para non interromper a prestación, poderase prorrogar o concerto orixinario ata que comece a execución do novo concerto e, en todo caso, por un período máximo de nove meses, sen modificar as restantes condicións do concerto, sempre que a nova resolución de convocatoria do concerto fose publicada cunha antelación mínima de tres meses respecto da data de finalización do concerto orixinario.

F) Requisitos que deben cumprir as entidades para poderen presentarse ao procedemento de concertación.

Para poderen acollerse ao réxime de concerto social, as entidades que presten servizos sociais deberán cumprir os requisitos seguintes:

a) Estar debidamente inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar coa solvencia suficiente segundo os seguintes indicadores:

b.1) Solvencia económica e financeira. Acreditarase por un dos seguintes medios:

b.1.1) Volume anual de negocios, referido aos tres últimos exercicios concluídos dispoñibles en función da data de creación ou inicio das actividades da entidade. Reputarase solvente a entidade licitadora que acredite ter un volume de negocios no ámbito da atención á infancia e á adolescencia, referido ao ano de maior volume de negocios dos últimos tres concluídos, por un importe igual ou superior a 300.000 euros.

O volume anual de negocios da entidade acreditarase por medio de copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade está inscrita no dito rexistro. En caso contrario, polas depositadas no Rexistro oficial en que deba estar inscrita. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b.1.2) Un seguro de indemnización de responsabilidade civil, vixente ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por un importe igual ou superior aos 300.000 euros anuais.

A súa acreditación efectuarase por medio:

1. Dunha declaración responsable, asinada polo representante legal do licitador, na cal se exprese o importe asegurado e a súa vixencia, que deberá ser igual ou superior aos valores anuais indicados.

2. Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida, un certificado expedido pola aseguradora no cal consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda, para garantir o mantemento da súa cobertura durante a execución do concerto.

b.2) Solvencia técnica ou profesional:

Reputarase solvente a entidade concertada que acredite, cando menos, un dos seguintes requisitos:

– Ter un ou varios servizos de natureza análoga ao obxecto deste concerto, que se prestasen a algunha Administración pública ou entidade privada (contabilizados ata a fin do prazo de presentación de proposicións), cuxos importes acumulados no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 50 % do importe medio anual do custo do concerto social.

Nº lote

Concello

Importe medio anual (sen IVE)

1

Oleiros

1.568.766,11 €

2

Redondela

2.498.135,20 €

3

Vigo

1.568.766,11 €

4

A Coruña

2.182.440,46 €

A súa acreditación efectuarase por medio dunha declaración responsable asinada polo representante legal do licitador, na cal figuren os principais servizos e traballos realizados de natureza análoga ao obxecto deste concerto nos últimos tres anos computados ata a data da fin do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, que inclúa importes, datas e destinatarios públicos ou privados.

Unha vez adxudicado o concerto, a entidade que resulte adxudicataria estará en condicións de achegar, de ser requirida:

Se o destinatario é unha entidade do sector público, copia da certificación de boa execución, expedida ou visada polo órgano competente. No caso de que o destinatario sexa a Xunta de Galicia, os servizos comprobaranse de oficio.

Se o destinatario é un suxeito privado, mediante unha copia da certificación de boa execución expedida por este ou, na falta de certificación, mediante unha declaración responsable da entidade en que declare ter realizado o traballo ou servizo á satisfacción daquel, xunto cos documentos que consten no seu poder, que acrediten a realización da prestación.

– Polo menos a persoa que exerza de director/a e outro membro do equipo técnico contan, respectivamente en postos de características asimilables, cunha experiencia mínima de dous anos, dentro dos últimos tres, nalgunha empresa ou entidade que, pola súa vez, prestase servizos para unha Administración pública ou entidade privada, sempre que tanto o servizo prestado como as tarefas desempeñadas polo persoal teñan natureza análoga ao obxecto do concerto.

c) Contar cunha experiencia mínima de atención á infancia e á adolescencia de dous (2) anos.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente.

e) Estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se detallan na epígrafe K.3 desta resolución (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Acreditación da titularidade do centro ou dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia do concerto, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do local onde se encontra o centro e/ou se prestan os servizos.

h) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lles sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como servizo obxecto do concerto social.

G) Prazo e lugar de presentación de solicitudes

G.1. As solicitudes de participación na convocatoria de concerto social deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo II).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

G.2. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

G.3. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada da persoa solicitante da totalidade do contido da convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

H) Documentación complementaria.

H.1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan.

b) Declaración responsable ou certificación que acredite que conta coa solvencia económica e financeira e técnica ou profesional segundo se indica na cláusula F desta convocatoria, no caso de optar por acreditala neste momento.

c) Documentación que acredite que a entidade conta cunha experiencia mínima de dous (2) anos na atención á infancia e á adolescencia, no caso de optar por acreditala neste momento. No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. A entidade presentará, de ser o caso, unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

d) Relación do persoal adscrito ao servizo segundo o anexo V da resolución da convocatoria. O persoal poderase contratar ou asignar a este programa tras a adxudicación do concerto. Neste caso, indicarase neste momento «pendente de contratación». No caso de que se manteña o persoal subrogado, indicarase o número de orde que figure na táboa de subrogación que figura para cada lote no anexo VII.

e) Documentación que acredite os criterios de selección e preferencia (cláusula O) da resolución da convocatoria:

e.1) Proxecto de intervención educativa, diferenciado nas seguintes epígrafes:

– Proxecto educativo do centro.

– Itinerario de intervención educativa.

– Regulamento de organización, funcionamento e convivencia.

– Plan de formación continua do persoal.

e.2) Descrición das instalacións en que se levará a cabo o servizo. Para cada unha das instalacións ofertadas, achegaranse as informacións e os documentos seguintes:

– Situación xeográfica, coa súa localización en plano.

– Descrición clara das súas condicións físicas e arquitectónicas, que irá acompañada de planos de planta e fotografías, tanto do exterior como dos espazos interiores, e sinalará para cada un destes o número de metros cadrados útiles e os seus usos correspondentes.

– Descrición do equipamento e recursos materiais con que conta.

e.3) Documentación que acredite a posesión da Certificación galega de excelencia en igualdade, ou equivalente, do Certificado de empresa familiarmente responsable e/ou do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou documentos equivalentes.

e.4) Declaración responsable ou documentación que acredite a continuidade na atención prestada na localidade onde se presta o servizo en acollemento residencial. No caso de que os servizos se refiran a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, a Comisión de Valoración comprobará de oficio os datos incluídos na declaración.

e.5) Documentación que acredite a experiencia da entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia. En caso de que a experiencia da entidade se refira a programas efectuados no ámbito da Xunta de Galicia, será suficiente cunha declaración responsable que comprobará de oficio a Comisión de Valoración.

f) Certificado de estar en condicións de poder presentar, de resultar adxudicataria, os seguros que se mencionan na epígrafe K.3 desta resolución do concerto (póliza de seguros dos locais e de responsabilidade civil).

g) Acreditación da titularidade do centro ou dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia do concerto, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do local onde se encontra o centro e/ou se prestan os servizos.

h) Certificado de estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lles sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.

H.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

H.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

I) Comprobación de datos.

I.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa empregada.

d) Inscrición no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

f) Comprobación de estar ao día coa Seguridade Social.

g) Comprobación de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Consulta da inexistencia de antecedentes penais do persoal que se designe para a prestación do servizo.

i) Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos de natureza sexual do persoal que se designe para a prestación do servizo.

j) Títulos oficiais universitarios, de ser o caso, do persoal que se designe para o servizo, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

k) Anos que a entidade, de ser o caso, leva desenvolvendo servizos relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello a que se refira a oferta, cando fosen financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

I.2. No caso de que a entidade interesada se opoña á consulta, deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

J) Órganos competentes para a tramitación e resolución do procedemento.

A tramitación deste procedemento de concerto social correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

A resolución correspóndelle, de acordo coa posibilidade de delegación que se recolle no artigo 16 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, á persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade.

K) Procedemento do concerto social.

K.1. Instrución.

K.1.1. Este concerto realizarase mediante o procedemento de asignación, seleccionando a entidade prestadora do servizo do lote, de acordo cos criterios de selección e preferencia desta convocatoria.

K.1.2. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica a instrución do procedemento que verificará que as solicitudes das entidades reúnen os requisitos exixidos e achegaron a documentación preceptiva.

K.2. Informe da Comisión de Valoración.

K.2.1. A Comisión de Valoración fará público o resultado das súas deliberacións a través do portal web da Consellería de Política Social e Igualdade.

K.2.2. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe no cal figurará unha listaxe ordenada, de acordo coas puntuacións obtidas, e proporá para a execución do concerto a entidade que reúna maior puntuación do lote.

K.3. Documentación que debe presentar a entidade adxudicataria (anexo III).

Unha vez aceptada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Igualdade a proposta da Comisión de Valoración, a entidade seleccionada deberá presentar xunto co anexo III a seguinte documentación:

– Anexo III.

– Anexo V-Relación de persoal adscrito ao servizo, detallando os datos que non se achegaron coa solicitude, de ser o caso.

– Anexo VI-Consentimento individualizado da comprobación de datos asinado por cada empregado/a da entidade adxudicataria.

– Documentación que acredite a continuidade na atención prestada na localidade onde se presta o servizo en acollemento residencial, de ser o caso.

– Documentación que acredite a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional, de acordo coas fórmulas escollidas na declaración responsable presentada coa solicitude, de ser o caso.

– Documentación que acredite a subscrición dos seguros que se mencionan a continuación:

A entidade adxudicataria virá obrigada á constitución dunha póliza de seguros para a cobertura dos seguintes riscos:

1. Póliza de seguros que cubra os danos e sinistros que se produzan nos locais, bens, aparellos e materiais afectos ao servizo.

2. De responsabilidade civil que cubra:

– Os danos que poida sufrir calquera persoa, en si mesma ou nos seus bens, e que deriven do funcionamento dos locais da entidade adxudicataria con que conta o programa.

– Os danos que poidan ser causados ás persoas e aos bens de terceiros polos profesionais e, en xeral, calquera persoa dependente da entidade adxudicataria, incluídos os actos derivados de actividades realizadas relacionadas coa prestación do servizo.

A suma asegurada deberá ser dun mínimo de 150.000,00 € por sinistro e 300.000,00 € por anualidade.

A xustificación da póliza subscrita e do pagamento da prima deberá realizarse no momento da formalización e cada vez que se renove a póliza.

– O xustificante de presentación na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga) da garantía que se exixe na epígrafe S.2 desta resolución.

– Autorización de inicio de actividades do centro ou informe de viabilidade positivo do proxecto de centro, segundo o establecido na cláusula Q.3.1 desta resolución.

K.4. Formalización do concerto.

K.4.1. Este concerto social formalizarase mediante un documento administrativo, co contido establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, dentro dos trinta (30) días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

K.4.2. O documento de formalización será subscrito, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, en virtude da delegación recollida no artigo 19.2 do citado Decreto 229/2020.

K.4.3. O concerto perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen se ter efectuado esta previamente.

K.4.4. Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, nesta resolución de convocatoria do concerto social e nos criterios de preferencia e selección da entidade.

K.4.5. Cando, por causas imputables á entidade concertada, non se formalice o concerto social, a Administración acordará a súa resolución e a incautación da garantía no caso de se ter constituído.

K.4.6. Se as causas da non formalización son imputables á Administración, indemnizarase a entidade polos danos e perdas que a demora lle puidese ocasionar.

L) Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

M) Prazo de resolución, notificación e publicación.

M.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

M.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

M.4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

M.5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

M.6. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

M.7. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución de concertación será de tres meses, contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses.

M.8. Transcorrido o prazo establecido sen se ditar e notificar resolución, as entidades poderán entender desestimada a súa pretensión por silencio administrativo.

N) Recursos contra a resolución.

Este concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no artigo 18 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como a Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que se poidan presentar, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade e os seus acordos porán fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución for expresa. Se o acto non for expreso, poderase interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O) Criterios de selección e preferencia.

O.1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, daráselles prioridade ás entidades sen ánimo de lucro, cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non discriminación e de transparencia.

Deste xeito, a consideración de entidade sen ánimo de lucro inclúese entre os criterios de desempate.

O.2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade adxudicataria, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:

a) Calidade do proxecto de intervención educativa (40 puntos), baremado de acordo cos seguintes criterios:

a.1) Proxecto educativo do centro (ata 14 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Coherencia entre as necesidades das persoas menores atendidas e os obxectivos, contidos, metodoloxía, actividades, recursos e avaliación propostos, ata 12 puntos.

– Calidade do sistema de avaliación da intervención proposto. Valorarase a implantación de certificacións de calidade, como UNE 0070:2022 ou equivalente, ata 2 puntos.

a.2) Itinerario de intervención educativa (ata 14 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Coherencia entre as necesidades dos NNA e a planificación da intervención educativa. Priorización dos obxectivos, áreas de intervención, metodoloxías, actividades e avaliación que lle garantan ao NNA un tratamento individualizado e permanentemente revisable, ata 12 puntos.

– Calidade do sistema de avaliación proposto (avaliación do NNA, da intervención educativa e da institución), ata 2 puntos.

a.3) Regulamento de organización, funcionamento e convivencia (ata 8 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Coherencia entre a organización, normas de funcionamento e convivencia cos principios e criterios contidos no modelo de intervención adoptado, no proxecto educativo e no itinerario de intervención educativa, ata 6 puntos.

– Grao de participación dos NNA nos órganos de goberno e no funcionamento interno do centro, ata 2 puntos.

a.4) Plan de formación continua do persoal (ata 4 puntos), de acordo cos seguintes criterios:

– Adecuación do plan de formación continua ás características do servizo e ao proxecto de intervención educativa (ata 2 puntos).

– Obxectivos, contidos, metodoloxía e temporalización e avaliación das actividades (ata 1 punto).

– Adecuación ás persoas destinatarias e aos perfís profesionais do persoal formador (ata 1 punto).

b) Instalacións en que se levará a cabo o servizo: ata 20 puntos, de acordo cos seguintes criterios:

b.1) Proximidade e dispoñibilidade de transporte colectivo para os traslados ás instalacións e servizos educativos, sanitarios, deportivos ou de lecer, que vaian ser empregados polos NNA, ata 5 puntos.

b.2) Grao de conservación, calidade e confortabilidade dos espazos e equipamentos, incluída a accesibilidade (teranse en conta informes técnicos, fotografías...), ata 10 puntos.

b.3) Dimensións, distribución e grao de adecuación dos espazos do equipamento aos perfís dos NNA e ás actividades que se vaian prestar (tomando como referencia o establecido no Decreto 329/2005) e tendo en conta a posibilidade de adaptar o equipamento para dar resposta a unha maior ocupación ante situacións de ingresos urxentes, ata 5 puntos.

c) Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade, ata 10 puntos:

De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución deste concerto, do seguinte xeito:

c.1) Estar en posesión da Certificación galega de excelencia en igualdade, ou equivalente (4 puntos).

c.2) Estar en posesión do Certificado de empresa familiarmente responsable, ou equivalente (4 puntos).

c.3) Estar en posesión do recoñecemento á promoción da parentalidade positiva, outorgado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), ou equivalente (2 puntos).

d) Continuidade na atención prestada e implantación na localidade onde se presta o servizo, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano que a entidade solicitante veña desenvolvendo servizos, dentro desta tipoloxía, relacionados coa protección á infancia e á adolescencia no concello a que se refira a oferta.

e) Experiencia acreditada pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia. Por cada ano de servizo acreditado pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia, ata 15 puntos. Computarase un punto por cada ano completo por riba do requisito mínimo para optar ao concerto (dous anos); procederase, así mesmo, ao rateo dos meses restantes e terase como data final do cómputo a publicación deste concerto social no Diario Oficial de Galicia.

Empregarase como primeiro criterio de desempate a preferencia das entidades sen ánimo de lucro fronte ao resto de entidades prestadoras de servizos sociais. Como segundo, un número de integrantes do cadro de persoal con discapacidade superior ao 2 % nos termos do artigo 147.1 a) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e o Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010, así como o previsto no Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. No caso de que varias empresas se encontran nestas circunstancias, terá preferencia na adxudicación do concerto o licitador que acredite maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal.

P) Composición e funcionamento da Comisión de Valoración.

P.1. A Comisión de Valoración está composta polo persoal funcionario que a seguir se relaciona:

Titular

Suplente

Presidencia

Subdirector/a xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Subdirector/a xeral de Demografía e Conciliación

Vogalías

Xefe/a do Servizo de Protección de Menores

Xefe/a do Servizo de Xustiza Penal Xuvenil

Pedagogo/a (SPM)

Pedagogo/a (SPM)

Traballador/a social (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Psicólogo/a (SPM)

Secretaría

Xefe/a da Sección de Tramitación Administrativa

Xefe/a da Sección de Programación

P.2. Na organización e funcionamento da Comisión de Valoración aplicarase o disposto, en materia de órganos colexiados, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

P.3. O órgano instrutor, a través da Comisión de Valoración, poderá solicitarlles aos interesados cantas aclaracións e ampliacións de información e documentos sexan precisos para a adecuada resolución do procedemento e, en xeral, realizar cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales deba formularse a proposta de resolución, entre os cales se incluirá, en todo caso, un prazo de corrección de solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

P.4. Así mesmo, a Comisión de Valoración poderá solicitar os informes técnicos que precise nos seus labores de instrución.

Q) Condicións técnicas e materiais da prestación obxecto do concerto social.

Q.1. Obxecto do concerto.

O obxecto do concerto é a prestación do servizo consistente na execución de programas de intervención en réxime de acollemento residencial e de atención de día en unidades de convivencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes (en diante, NNA) con medida de protección en centros de menores.

De acordo co disposto no artigo 37 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, poderán ser tamén persoas beneficiarias do programa de acollemento residencial as persoas maiores de idade cando fosen obxecto dunha medida de protección antes de acadar a condición referida e nos supostos expresamente previstos no ordenamento xurídico.

Tamén poderán ser persoas destinatarias do programa de acollemento residencial as persoas que cumpran unha medida de convivencia con familia ou grupo educativo, imposta ao abeiro da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

No marco deste prego, entenderase como persoas destinatarias do servizo a totalidade das persoas sinaladas nos parágrafos anteriores.

Enténdese por acollemento residencial a forma de exercicio da garda dun NNA, que consiste na súa estadía nun centro coa finalidade de garantir a adecuada atención aos NNA no conxunto das súas necesidades básicas (físicas, afectivas, de seguridade, emocionais, educativas e sociais), potenciando experiencias de aprendizaxe e o acceso aos recursos sociais nas mesmas condicións que calquera outra persoa da súa idade. Como forma de exercicio da garda, comporta para quen a exerce as obrigas de velar, ter na súa compaña, alimentar, educar e procurar unha formación integral ao NNA acollido.

Enténdese por acollemento residencial en réxime de atención de día aquel que executa principalmente a medida de apoio á familia ou calquera outra a través da cal se lles dá cobertura ás necesidades do NNA e se promove a mellora do seu medio familiar co fin de preservar a convivencia e evitar a súa separación, ou como paso previo á súa desinstitucionalización.

O acollemento residencial debe ser consecuencia dun proceso de toma de decisións en que exista unha avaliación rigorosa plasmada nun Plan individualizado de protección (en diante, PIP) cunha finalidade claramente establecida. Esta finalidade pode ser a preservación familiar (no caso da atención de día), a separación provisional e a reunificación, a separación permanente, como paso previo ao acollemento familiar e /ou a adopción e a independencia e a autonomía.

En calquera caso, tanto o acollemento residencial como a atención de día deben planificar unha intervención socioeducativa capaz de cubrir as necesidades particulares de cada NNA do xeito máis rápido e efectivo posible.

Enténdese por recursos con varias unidades de convivencia aqueles centros con fogares distribuídos en unidades de convivencia que permitan a adecuación dos espazos e ritmos de vida autónoma dentro da organización xeral. Estas unidades terán capacidade máxima por cada unidade de convivencia de dez (10) prazas, aínda que o recomendable sería oito (8) prazas como máximo. A organización e o funcionamento deste recurso pretende semellarse o máximo posible a un clima familiar, un trato personalizado e promovendo un contorno de seguridade, protección e afecto.

Os requisitos específicos son os recollidos no artigo 13 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

Q.2. Contido do servizo.

A intervención que levará a cabo a entidade adxudicataria cos NNA destinatarios do servizo abranguerá o coidado e atención persoal, educativa, formativa, laboral, familiar e social que permitan o desenvolvemento integral da súa personalidade e a súa educación, procurándolles un medio socializador que permita o seu desenvolvemento persoal, físico e social, á vez que se intervén para a mellora do ambiente familiar.

Dereitos dos NNA.

Os NNA residentes nos centros con fogares gozarán de todos os dereitos recollidos no ordenamento xurídico; entre eles, os recoñecidos na Convención internacional sobre os dereitos do neno e na Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade. En particular, recoñécense os seguintes dereitos:

• Dereito a unha atención integral.

• Dereito á confidencialidade.

• Dereito a unha atención individualizada e personalizada.

• Dereito á intimidade.

• Dereito ás relacións persoais.

• Dereito á información e á participación.

En todos os programas desenvolvidos nos centros con fogares, a participación dos NNA será un dos grandes obxectivos educativos e terá como resultado experiencias reais de implicación persoal en función da idade e capacidade de cada un deles sobre cuestións cotiás que os afecten.

Obxectivos xerais.

Os obxectivos xerais que se deben garantir no acollemento residencial en centros con fogares son os seguintes:

• Garantir os dereitos dos NNA recollidos nas diferentes lexislacións vixentes.

• Acoller, coidar e educar os NNA residentes no centro coa finalidade de favorecer a súa integración familiar e social.

• Garantir unha protección individualizada, acorde coas súas necesidades e finalidade protectoras.

• Garantir un trato igualitario e inclusivo sen distinción nin discriminación respecto á súa educación, saúde e integridade sociocultural.

• Garantir a axeitada asistencia sanitaria e de saúde mental, asegurando a educación para a saúde, os controis periódicos obrigatorios, así como a cobertura dos diferentes tratamentos que os NNA precisen.

• Garantir que todos os NNA sexan escoitados e que poidan participar na toma de decisións cotiás do centro.

• Proporcionar un contorno seguro, protector e educativo no cal se lle ofreza un apoio persoal individualizado a cada NNA.

• Traballar cos NNA e coas súas familias nas melloras de competencias parentais e a comunicación entre os seus membros, para que sexa posible a reintegración familiar no caso de acollemento residencial.

• Promover a formación en valores, orientada a un comportamento prosocial.

• Promover a inclusión dos NNA nos itinerarios formativos, sociais e laborais no seu contorno sociocomunitario máis próximo.

• Cando os NNA fagan 16 anos, aplicaranse programas individualizados de preparación para a vida independente que fomenten a súa autonomía persoal.

• Dispor dos medios necesarios para que as barreiras lingüísticas, culturais e aquelas relacionadas coa discapacidade non supoñan un impedimento para acadar os seus obxectivos protectores.

• Garantir a atención conxunta nun mesmo recurso de grupos de irmáns, sempre que o seu interese non aconselle o contrario.

Obxectivos específicos:

• Atender os NNA nas súas necesidades cotiás de saúde, alimentación, vestido, hixiene e educativas, ademais dos coidados especiais que requiran, con especial énfase nas necesidades afectivas e emocionais, ofrecendo experiencias reconfortantes, de bo trato e da reparación da confianza nos adultos.

• Garantir un tratamento individualizado de contido educativo, que terá como obxectivo prioritario á súa protección, educación e formación.

• Facilitar a atención psicolóxica daqueles NNA que o precisen, tanto a través do Sistema público de saúde, dos concertos que a Xunta de Galicia ten destinados para ese, como de profesionais do ámbito privado.

• Comprender, xestionar e dar resposta ás dinámicas relacionais dos NNA cos distintos axentes que interveñen no seu PIP: familias, profesionais dos centros con fogares e equipo técnico do menor (en diante, ETM).

• Coordinación periódica entre o equipo educativo dos centros e os ETM dos distintos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade, así como cos demais profesionais dos servizos sociais comunitarios e especializados.

• Escoitar os NNA para comprender a súa realidade desde unha intervención individualizada. Asegurarse, sempre que sexa posible, de que os NNA entenden os obxectivos de intervención propostos e de que participan no proceso.

• Garantir a recepción de información de xeito comprensible para a súa idade acerca dos seus dereitos, a situación persoal e as medidas adoptadas en interese da súa protección.

• Asegurarse de que os NNA participen necesariamente en todas as actividades establecidas no programa socioeducativo do centro, así como deseñar programas específicos individuais que permitan a consecución dos obxectivos educativos e integradores do desenvolvemento da personalidade e da aprendizaxe.

• Promover nos NNA un modo de vida autónomo e integrado no seu contorno sociocomunitario, proporcionándolles habilidades, destrezas e contextos normalizadores.

• Detección temperá de dificultades que poidan obstaculizar o axeitado desenvolvemento do NNA e a súa progresiva autonomía.

• Respectar as súas crenzas, a súa identidade cultural e sexual, a súa relixión ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

• Establecemento de programas específicos de preparación para a emancipación e o tránsito á vida independente.

O servizo de acollemento residencial, a prol da consecución dos obxectivos anteriormente expostos, concrétase en dous niveis de atención, residencial e socioeducativo, e deberán recoller as seguintes prestacións:

Q.2.1. Atención residencial: aloxamento, manutención, vestiario e hixiene, atención persoal e atención á saúde, atención escolar, traslados e xestión de trámites e documentos persoais, entre outros.

Q.2.1.1. Aloxamento.

O réxime de acollemento residencial prestarase durante todo o ano, incluíndo fins de semana e vacacións, en horario de 24 horas continuadas.

O réxime de atención de día prestarase durante todo o ano, incluíndo fins de semana e vacacións, en horario de atención mínimo das 8.00 da mañá ás 8.00 da tarde.

Dotaranse os NNA dun cuarto onde disporán dun espazo persoal para as súas pertenzas, así como dos útiles necesarios de uso persoal. No caso de ser compartida, o número de persoas usuarias non será superior a dúas. Atenderase ás características específicas de cada caso e ás situacións de especial vulnerabilidade á hora de asignar cuarto, respectando en todo momento a intimidade, o desenvolvemento individual e a cohesión entre grupos de irmáns.

As estancias e o equipamento existente nelas deberá manterse en axeitado estado de limpeza e conservación que garantan o seu uso en condicións de seguridade, salubridade e comodidade.

O fogar non presentará imaxes institucionalizadoras innecesarias nin motivos relixiosos.

Deberá proporcionárselles aos NNA os medios materiais necesarios para levar a cabo as actividades básicas da vida diaria (lenzaría de fogar, útiles de aseo e hixiene, etc.).

Q.2.1.2. Manutención.

Deberá subministrárselles aos NNA unha pensión alimenticia completa e variada que estará composta por: almorzo, almorzo de media mañá para levar ao centro escolar, xantar, merenda e cea.

Os menús serán supervisados por un/unha facultativo/a e deberán garantir o adecuado equilibrio nutricional acorde coas circunstancias persoais e da súa idade.

Deberá atenderse ás especificidades de alimentación daquelas persoas con necesidades especiais (derivadas de alerxias ou intolerancias, de circunstancias de saúde, de imperativos culturais, relixiosos, etc.).

Q.2.1.3. Vestido e hixiene.

A entidade adxudicataria deberá proporcionarlles aos NNA o vestido e calzado que precisen. Cada NNA disporá, como mínimo, de cinco mudas de roupa e tres pares de calzado, así como roupa interior e accesorios suficientes, axeitados á súa idade, ás condicións atmosféricas e ás actividades en que participe, en condicións de limpeza e hixiene e que preserven a dignidade da persoa en todo momento.

Q.2.1.4. Atención persoal.

Prestaráselles aos NNA, en función da súa idade e capacidade, axuda parcial ou total para a realización das actividades básicas da vida diaria, é dicir, aquelas destinadas á satisfacción das necesidades vinculadas ao coidado persoal (descanso, vestido, aseo persoal, mobilidade, locomoción e alimentación). O desenvolvemento desta prestación incluirá o adestramento nas habilidades necesarias para realizalas, fomentando o máximo grao posible de independencia e autonomía persoal, de modo progresivo e en función da súa idade.

Q.2.1.5. Atención á saúde.

O persoal do centro levará a cabo a observación do NNA para obter a información precisa sobre as características xerais relacionadas coa súa saúde, ademais de promover a detección temperá de posibles dificultades sanitarias.

A través do Servizo Galego de Saúde desenvolveranse as actuacións de medicina preventiva e asistencial que lle poidan corresponder ao NNA. Así mesmo, prestaráselle avaliación e tratamento psicolóxico e psiquiátrico, de ser preciso e sempre en función do seu PIP.

As persoas menores de idade, así como as maiores se así o solicitan, deberán ser acompañadas por un/unha profesional do centro ou da entidade (preferentemente o/a seu/súa educador/a de referencia) aos servizos de asistencia sanitaria, tanto en caso de urxente necesidade como a aqueles concertados con cita previa.

Prestaráselles asistencia e supervisión aos NNA na subministración da medicación de acordo coa prescrición médica, coa súa idade e coas instrucións establecidas. En todo caso, cada centro disporá dunha botica de primeiros auxilios, que deberá ser revisada periodicamente co fin de detectar a necesidade de renovar medicamentos caducados e/ou material deteriorado. Esta supervisión corresponderalle á persoa responsable que nese momento manexe os medicamentos. A botica de primeiros auxilios deberá estar fóra do alcance dos NNA e baixo chave.

Correspóndelle á entidade adxudicataria xestionar o traslado aos centros sanitarios cando o NNA precise atención hospitalaria, así como adoptar as medidas necesarias para garantir a súa atención e coidado durante os períodos en que permaneza hospitalizado/a. En situación de garda administrativa, compartirase a responsabilidade de atención á saúde, se se considera conveniente, coas persoas titulares da patria potestade.

Q.2.1.6. Atención escolar.

A entidade adxudicataria deberá realizar as xestións necesarias para a escolarización efectiva dos NNA, tanto na etapa de educación obrigatoria como nas etapas posteriores, atendendo ás capacidades, motivacións e aos seus intereses.

Esta obriga comprende a dotación do material necesario, sen prexuízo da posibilidade de acceso ás axudas para a adquisición de libros que, de ser o caso, se establezan.

Así mesmo, é obriga da entidade proporcionarlle ao NNA o seguimento e apoio nas tarefas escolares e educativas que realice e, se é o caso, reforzo escolar externo, así como a atención ás súas necesidades específicas de apoio educativo e atención á diversidade.

Q.2.1.7. Traslados.

A entidade adxudicataria garantirá, a través de medios propios ou mediante a utilización de medios públicos de transporte, o axeitado desprazamento dos NNA ao domicilio familiar, ao centro educativo, centro de formación ou de traballo, aos centros sanitarios, á sede de órganos administrativos ou xudiciais e a cantas actividades deba realizar fóra do centro. Así mesmo, garantirá o acompañamento do NNA por parte de profesionais responsables, cando as características individuais daquel así o fagan preciso.

Q.2.1.8. Xestión de trámites e documentos persoais.

A entidade adxudicataria deberá garantir a realización daquelas xestións de carácter administrativo precisas para a obtención da documentación persoal do NNA, a documentación sanitaria, escolar, laboral, entre outros, necesaria para o cumprimento de obrigas legais e xudiciais, así como para o acceso aos servizos e prestacións a que teña dereito.

Q.2.2. Intervención socioeducativa.

O equipo educativo do centro prestaralles aos NNA unha intervención socioeducativa personalizada de acordo cos obxectivos recollidos no Plan individualizado de protección (en diante, PIP) do NNA.

A intervención abordarase dunha forma integral, abarcando as seguintes áreas de desenvolvemento persoal e de integración social e laboral, e incorporando a perspectiva de xénero. Abranguerá:

• A valoración inicial, co obxecto de identificar as necesidades individuais dos NNA, establecer os obxectivos da intervención e determinar os medios máis axeitados para acadalos.

• O deseño, execución, seguimento e avaliación do proxecto educativo individualizado (en diante, PEI).

• A preparación do NNA para que asuma a súa realidade familiar e comprenda o obxecto da súa estadía no centro, favorecendo a súa integración nel.

• A estimulación e o apoio ao desenvolvemento das súas capacidades físicas, psíquicas, cognitivas e sociais de acordo co seu ciclo evolutivo, así como o apoio emocional.

• O desenvolvemento escolar e formativo. A entidade proporcionarlle ao NNA o seguimento e apoio nas tarefas escolares e educativas que realice e, se é o caso, reforzo escolar, tanto ofrecido polo sistema público educativo como externo. Favorecerase o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) desde un punto de vista educativo seguro e segundo a idade das persoas menores. No caso de NNA estranxeiros/as, potenciarase a aprendizaxe dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Considérase imprescindible a axeitada coordinación entre o centro residencial e o centro educativo.

• Inclusión sociolaboral, onde se desenvolvan actividades e competencias de aprendizaxe prelaboral e laboral, así como acompañamento na busca de emprego. Propiciarase a participación dos/das adolescentes con 16 anos feitos, cuxo PIP considere pertinente, en procesos e programas de inclusión sociolaboral, ben favorecendo a súa participación en programas específicos con esta finalidade, ou ben, cando isto non sexa posible ou o ETM non o considere adecuado, orientándoos a actividades formativas de tipo ocupacional ou prelaboral e proporcionándolles formación en habilidades básicas que favorezan a súa integración en ámbitos académicos e/ou laborais.

• Autonomía e preparación para a vida independente desde os 16 anos.

• A formación e o adestramento en habilidades, competencias e destrezas persoais e sociais que favorezan as relacións interpersoais nos diferentes espazos de convivencia. Neste sentido, as áreas que se van traballar son a comunicación e a asertividade, o control emocional, a autoestima, a resolución pacífica de conflitos, a planificación e organización do tempo, a toma de decisións e o pensamento crítico, entre outros. Todas estas competencias estarán orientadas a un comportamento prosocial.

• A promoción da autonomía persoal progresiva, potenciando a participación nas cuestións que lle atinxan, a asunción de responsabilidades e o desempeño eficaz en contextos grupais e sociais.

• O apoio psicosocial, con atención aos conflitos psicolóxicos dos NNA que interfiran na estruturación da súa personalidade, o seu proceso madurativo ou a súa capacidade de socialización.

• A educación en valores, en particular a educación para a igualdade, a tolerancia e o respecto á diversidade.

• A educación para a saúde, incluíndo a prevención de consumos e condutas de risco.

• A educación afectivo-sexual, que axude o NNA á construción da súa identidade sexual, eduque no respecto pola diversidade e promova a convivencia sa e positiva entre os sexos, así como as relacións interpersoais responsables afectivamente e saudables.

• Actividades de lecer e tempo libre. O equipo educativo planificará e fomentará actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo desde unha perspectiva educativa, que favorezan o desenvolvemento persoal e social dos NNA, propiciando a súa participación e a socialización en ambientes normalizados.

• A intervención coa familia do NNA segundo o PIP, co fin de proporcionarlles pautas de crianza e de atención adecuada aos NNA, adaptadas a cada situación concreta, así como de promover e optimizar todos os recursos protectores da familia, xerando os cambios precisos para que esta poida garantir o seu desenvolvemento integral e a cobertura das súas necesidades nun contexto seguro.

• O apoio á familia de orixe ou, se é o caso, á familia acolledora ou adoptiva, dirixido a propiciar o desenvolvemento de relacións materno/paternofiliais axeitadas e o fortalecemento dos vínculos familiares positivos. En particular, favoreceranse os contactos familiares nas condicións establecidas na medida de protección adoptada polo departamento territorial correspondente.

• A promoción de experiencias de aprendizaxe, de formación e de acceso aos recursos comunitarios.

• O seguimento evolutivo do NNA e das súas circunstancias persoais, familiares e sociais, co obxecto de actualizar e modificar periodicamente os obxectivos da intervención ou, se é o caso, propor a finalización desta.

• A preparación axeitada do NNA para a súa saída do centro e a asunción da súa nova situación, ben sexa polo regreso á súa unidade familiar, pola integración nunha familia distinta, pola súa emancipación ou polo seu traslado a outro centro.

O equipo educativo terá previstas respostas consistentes para intervir ante posibles crises, baseadas en entender estas como oportunidades de cambio, manexando modelos de resolución de problemas e de intervención.

Q.3. Medios para a prestación do servizo.

Q.3.1. Medios materiais.

Q.3.1.1. Centros.

Para prestar o servizo, a entidade adxudicataria disporá dun ou varios recursos residenciais e de atención de día, coa capacidade de aloxamento e coas instalacións precisas para desenvolver as prestacións correspondentes ás prazas adxudicadas.

Os centros deberán cumprir as condicións e os requisitos establecidos na normativa vixente que regula os centros de menores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en particular no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia.

Os centros deberán contar coa autorización de inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

Os centros deberán estar dotados de todos os elementos necesarios para atender adecuadamente os NNA. Deberán dispor de mobiliario, utensilios, aparellos e enxoval apropiados para a vida diaria e que garantan a seguridade e o benestar dos NNA residentes. Os cuartos estarán acondicionados para poder dar resposta ás diferentes circunstancias e idades.

A empresa ou entidade adxudicataria deberá manter as instalacións e edificios nas condicións de hixiene, ambientais e de seguridade precisas, conforme as disposicións legais vixentes.

Tipoloxía dos centros e das prazas.

Os centros que se acheguen para executar o servizo en réxime de acollemento residencial ou de atención de día deberán corresponder, segundo o indicado para cada lote, á tipoloxía de centros con fogares, reguladas no artigo 13 do Decreto 329/2005, do 28 de xullo.

A prestación do servizo en réxime de atención de día levarase a cabo en unidades de atención de día integradas nos ditos centros residenciais, de conformidade co disposto no artigo 19 do citado decreto.

Segundo a súa tipoloxía, as prazas que se licitan poden ser:

– Prazas residenciais: as destinadas a prestarlles o servizo de acollemento residencial en réxime de internamento aos NNA, ou maiores de idade segundo o establecido no punto primeiro (obxecto do concerto) deste prego.

– Prazas de atención: as destinadas a prestarlles o servizo de atención de día integral aos NNA de entre 0 e 17 anos, ambos incluídos. En casos excepcionais, poderán ser obxecto tamén maiores de idade segundo o establecido no punto primeiro (obxecto do concerto) deste prego.

Q.3.1.2. Outros recursos materiais.

Os medios materiais necesarios para o funcionamento do servizo serán de contribución da entidade adxudicataria.

A entidade adxudicataria contará, polo menos, cun equipo informático en cada unidade de convivencia para a súa utilización por parte de cada un dos/das profesionais dos centros en que desenvolva o servizo, e cun equipo adicional por cada oito (8) prazas ofertadas ou fracción. Todos eles deberán dispor de conexión á internet, ben que os que vaian ser empregados polos NNA deberán contar coas medidas de control parental que impidan o acceso a contidos inadecuados para a súa idade.

Contará, así mesmo, coas aplicacións informáticas suficientes para axilizar a elaboración de informes, programacións e memorias, e garantir o funcionamento áxil e coordinado con outros profesionais.

A entidade adxudicataria asumirá todos os gastos que orixine a atención integral dos NNA nos termos establecidos neste prego.

Non obstante, os gastos extraordinarios que excedan as obrigas que corresponden aos responsables da garda dos NNA poderán ser asumidos polo órgano competente en materia de protección á infancia e á adolescencia, atendendo á medida de protección de que se trate e ás circulares e instrucións internas deste órgano, logo da solicitude por parte do centro e de conformidade coas instrucións ditadas para este efecto.

Enténdese por gastos extraordinarios aqueles gastos para tratamentos especiais dos NNA que sexan basicamente necesarios para o seu desenvolvemento integral e que non estean previstos pola cobertura do sistema sanitario público, por ningún dos programas específicos de atención xestionados polo sistema de protección á infancia e á adolescencia, nin poidan ser cubertos por outras vías normalizadas (subvencións, servizos públicos ou de asistencia gratuíta, etc.).

A título orientativo, e en todo caso atendendo ás circulares e instrucións internas do órgano competente en materia de protección á infancia e á adolescencia, enténdense incluídos os gastos debidamente xustificados de carácter médico, terapéutico, protésico, de atención odontolóxica, así como os de viaxes e os de xestión, asesoramento ou representación legal ou de acompañamento hospitalario; exclúense a adquisición de libros, material escolar ou informático e o apoio extraescolar.

Con carácter xeral, entenderase que non son gastos extraordinarios, e polo tanto deben ser atendidos dentro das obrigas xerais que lle corresponden ao centro, os gastos de contía inferior a 60 euros.

A entidade adxudicataria proporcionaralles aos NNA unha asignación económica para gastos de peto, axeitada á súa idade e características persoais e cunha función educativa, que en ningún momento pode ser retirada como consecuencia dunha medida correctiva.

Q.3.2. Medios persoais.

Q.3.2.1. Persoal mínimo exixido para a prestación do servizo.

O persoal mínimo que se establece para prestar o servizo, en consonancia co establecido no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, é o seguinte:

a) Acollemento residencial:

– 1 director/a. Esta función poderá recaer nunha persoa nomeada pola empresa/entidade adxudicataria e deberá ter unha titulación universitaria en Educación Social, Psicoloxía, Pedagoxía ou calquera outra titulación dentro das áreas das Ciencias Xurídicas ou Sociais. En calquera caso, observarase o disposto no correspondente convenio colectivo para este tipo de postos. Se intervén exclusivamente como director/a, poderá ser compartido con outro/s centro/s xestionados pola mesma entidade. Esta persoa terá xornada completa e dispoñibilidade horaria para atender calquera eventualidade que poida xurdir e que requira da súa intervención ou das súas indicacións ao persoal do servizo.

– Persoal educador social: as entidades deberán pór á disposición do servizo o persoal necesario para atender os NNA de acordo, cando menos, co estipulado no Decreto 329/2005, do 28 de xullo. Ademais, para garantir que as persoas usuarias reciban unha atención de calidade, as entidades deberán ofertar, cando menos, as seguintes horas de persoal educador social cada ano por cada un dos lotes:

Lotes

Persoal

Total horas anuais

Lote 1

Educadores/as

22.192,00

Lote 2

Educadores/as

35.507,20

Lote 3

Educadores/as

22.192,00

Lote 4

Educadores/as

38.836,00

Estas horas están calculadas para que a proporción de persoal educador social se corresponda cunha persoa traballadora por cada seis persoas usuarias nas unidades de convivencia en réxime de acollemento residencial, naquelas horas en que os NNA están no centro. Esta proporción cumpre a dotación mínima establecida no dito Decreto 329/2005.

Ademais, a estimación horaria establecida no parágrafo anterior é suficiente para que a entidade adxudicataria atenda debidamente as necesarias substitucións de persoal en caso de baixa, vacacións, licenzas, etc., debendo garantir en todo caso a proporción establecida.

– Persoal na quenda de noite. As horas establecidas no cadro referido ao persoal educador tamén prevén a cobertura das quendas de noite, ben que neste caso, de acordo co Decreto 329/2005, a categoría do persoal pode ser distinta á de persoal educador.

Lotes

Persoal

Total horas anuais

Lote 1

Técnico/a do subgrupo 1.B do V Convenio colectivo con titulación de grao universitario vinculado ao desevolvemento de labores profesionais no ámbito socioeducativo (noite)

11.096,00

Aux. técnicos educativos (noite)

1.664,40

Lote 2

Técnico/a do subgrupo 1.B do V Convenio colectivo con titulación de grao universitario vinculado ao desevolvemento de labores profesionais no ámbito socioeducativo (noite)

17.753,60

Aux. técnicos educativos (noite)

2.663,04

Lote 3

Técnico/a do subgrupo 1.B do V Convenio colectivo con titulación de grao universitario vinculado ao desevolvemento de labores profesionais no ámbito socioeducativo (noite)

11.096,00

Aux. técnicos educativos (noite)

1.664,40

Lote 4

Técnico/a do subgrupo 1.B do V Convenio colectivo con titulación de grao universitario vinculado ao desevolvemento de labores profesionais no ámbito socioeducativo (noite)

19.418,00

Aux. técnicos educativos (noite)

2.912,70

b) Unidades de atención de día integradas en centros residenciais de menores:

– Persoal educador social. As entidades deberán pór á disposición do servizo o persoal necesario para atender os nenos, nenas e adolescentes de acordo co estipulado no Decreto 329/2005, do 28 de xullo. Ademais, para garantir que as persoas usuarias reciban unha atención de calidade, as entidades deberán garantir, cando menos, as seguintes horas de persoal educador social cada ano por cada un dos lotes:

Lotes

Persoal

Total horas anuais

Lote 1

Educadores/as

7.580,00

Lote 2

Educadores/as

11.370,00

Lote 3

Educadores/as

7.580,00

Lote 4

Educadores/as

1.516,00

Sen prexuízo da dita estimación horaria, a entidade adxudicataria deberá atender debidamente as necesarias substitucións de persoal en caso de baixa, vacacións, licenzas, etc., e garantir, en todo caso, a ratio establecida no Decreto 329/2005, do 28 de xullo.

A organización das quendas do persoal dos centros establecerase en función da presenza e das necesidades dos NNA atendidos/as no centro, mediante un sistema de quendas rotativas, de xeito que todos/as os/as profesionais se poderán alternar nas diferentes quendas (mañá, tarde e noite). En todo caso, deberá cumprirse, como mínimo, co establecido no artigo 13 do Decreto 329/2005.

c) Outro persoal.

– Persoal auxiliar administrativo, de cociña e limpeza. As entidades deberán pór á disposición do servizo o persoal necesario para atender os nenos, nenas e adolescentes para garantir que as persoas usuarias reciban unha atención de calidade. O estudo de custos recolle os gastos estimados necesarios deste tipo de persoal para proporcionar esta atención.

Q.3.2.2. Características e funcións do persoal.

A. Dirección do centro:

A Dirección do centro recaerá nunha persoa nomeada pola empresa/entidade adxudicataria e deberá ter unha titulación universitaria en Educación Social, Psicoloxía, Pedagoxía ou calquera outra titulación dentro das áreas das Ciencias Xurídicas ou Sociais. En calquera caso, observarase o disposto no correspondente convenio colectivo para este tipo de postos.

As súas funcións, entre outras, serán as de:

1. Exercer a garda dos NNA acollidos no centro, cumprindo as instrucións, directrices e resolucións que o órgano xestor do concerto dite ao respecto.

2. Dirixir e coordinar os servizos e programas de actuación do centro e supervisar as tarefas do persoal vinculado ao servizo.

3. Planificar e supervisar a intervención educativa, de acordo co proxecto educativo do centro.

4. Asegurar o cumprimento da normativa vixente, das directrices e instrucións do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade e da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, e das normas de funcionamento interno do centro.

5. Velar polo cumprimento dos dereitos das persoas usuarias e dos seus proxectos educativos individuais.

6. Informar os NNA e as súas familias, de forma comprensible e axeitada á súa idade e circunstancias, acerca do funcionamento do centro e dos seus dereitos e deberes.

7. Garantir o adecuado tratamento das suxestións, peticións, parabéns e reclamacións formuladas polas persoas usuarias do centro ou polas súas familias.

8. Xestionar adecuadamente, en representación da empresa/entidade titular do centro, tanto os recursos económicos como os de persoal, co fin de proporcionarlles unha axeitada atención aos NNA.

9. Establecer e manter canles de colaboración con outras entidades e organismos, perseguindo a optimización de recursos do contorno e a calidade da intervención.

10. Establecer a necesaria coordinación co ETM do menor e, se é o caso, cos equipos e profesionais que xestionen outros programas en que estea incluída o NNA, para garantir a mellora da intervención.

11. Garantir a axeitada elaboración de toda a documentación pertinente e a súa remisión aos responsables dos distintos departamentos competentes na área de protección á infancia e á adolescencia da Xunta de Galicia.

12. Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais aos cales sexa convocada.

13. Asegurar a custodia e o arquivamento de toda a documentación relativa aos NNA en condicións de seguridade, así como a súa destrución, cando proceda, en idénticas condicións.

14. Velar polo cumprimento da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), e demais disposicións vixentes sobre a materia.

15. Elaborar avaliacións periódicas do funcionamento do centro.

16. Calquera outra que veña establecida tanto na normativa aplicable como no Regulamento marco de organización, funcionamento e convivencia de centros de acollemento residencial.

B. Persoal educador social.

O persoal educador social debe cumprir as disposicións establecidas para esta categoría no convenio colectivo de aplicación.

Este persoal será o encargado da atención directa aos NNA e estará dedicado á intervención no proceso socioeducativo cotián e á súa observación e avaliación.

As súas funcións, entre outras, serán as seguintes:

1. Elaborar e levar a cabo os PEI dos NNA tendo en conta as súas familias, segundo os PIP e as pautas fixadas polo ETM do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade.

2. Elaborar proxectos específicos, dentro da programación anual de actividades, en función das necesidades dos NNA, para a realización de actividades educativas, formativas, laborais, sanitarias, de lecer ou tempo libre.

3. Realizar tarefas de intervención educativa cos NNA e as súas familias, sendo o responsable da formación integral e globalizadora do grupo de NNA ao seu cargo.

4. Levar a cabo a acollida dos NNA nun clima axeitado que lles ofreza seguridade e lles facilite a súa adaptación a un novo contexto de convivencia. Esta acollida realizarase preferentemente contando coa presenza do persoal educador-titor do NNA.

5. Organizar a vida cotiá e velar pola adecuada cobertura das necesidades básicas dos NNA acollidos no centro, sexan estas de carácter físico, emocional, educativo e/ou de lecer, atendendo ás súas necesidades de alimentación, hixiene, vestido, apoio escolar e desprazamentos, entre outros.

6. Realización, acompañamento e orientación ao NNA nas xestións administrativas necesarias para completar a documentación, así como asegurar a súa correcta incorporación aos ámbitos educativo, sanitario, laboral, etc., en coordinación cos equipos técnicos do menor.

7. Acompañar, orientar e educar os NNA no seu proceso de maduración e de desenvolvemento de hábitos e habilidades persoais e sociais: hábitos de hixiene, alimentación e saúde, así como habilidades sociais, promovendo o desenvolvemento integral da súa personalidade.

8. Garantir a participación dos NNA, en función da súa idade e capacidade, na elaboración e seguimento do seu proxecto educativo individual, así como na planificación e desenvolvemento de actividades.

9. Asegurar o cumprimento da normativa do centro por parte dos NNA.

10. Orientar e acompañar o NNA ante a saída do centro para lograr unha axeitada transición deste ao contexto en que se integrará.

11. Contribuír de forma activa ao mantemento da seguridade e da orde do centro, e supervisar e dar resposta ante posibles emerxencias.

12. Elaborar todos os informes, documentos e rexistros que lle estean atribuídos na normativa vixente, así como os que lle sexan requiridos acerca dos NNA ao seu cargo pola entidade pública competente en materia de protección á infancia e á adolescencia.

13. Asistir ás reunións, entrevistas ou actos procesuais aos cales sexa convocado.

14. Manter relación e fomentar a coordinación cos axentes sociais e cos demais profesionais relacionados cos NNA atendidos.

15. Coordinarse cos familiares, entidades mediadoras das súas familias ou persoas relevantes do NNA de idade.

16. Calquera outra que veña establecida tanto na normativa aplicable como no Regulamento marco de organización, funcionamento e convivencia de centros de acollemento residencial.

C. Outro persoal.

O centro disporá de persoal de apoio doméstico e de servizos para a realización de tarefas tales como cociña, limpeza, transporte, mantemento, seguridade e outras, de conformidade co estudo de custos que recolle os gastos estimados necesarios deste tipo de persoal para proporcionar esta atención.

Q.4. Organización do servizo.

4.1. Por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.

Q.4.1.1. Correspóndelle á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica ou ás unidades dela dependentes:

• Ditar as instrucións e desenvolver os protocolos de actuación xeral nos centros de acollemento residencial.

• Autorizar a sobreocupación de prazas, de forma temporal e en situacións excepcionais, segundo se establece no número 5 deste prego.

• Autorizar o ingreso dos NNA nun centro situado nunha provincia distinta á que lle corresponde ao ETM que realiza a proposta.

• Autorizar o pagamento de gastos extraordinarios que excedan as obrigas que lles corresponden aos centros en aplicación dos pregos que rexen esta contratación ou da normativa vixente.

• Autorizar a realización de estudos ou investigacións relativas a NNA usuarios do centro ou ao funcionamento deste, cando se considere que pode redundar no interese daqueles e/ou na mellora da práctica institucional, así como garantir en todo caso a confidencialidade dos datos persoais dos NNA.

Q.4.1.2. De conformidade coas súas competencias, correspóndelles ás persoas titulares dos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade o seguinte:

• Ditar a resolución de acollemento residencial ou de atención de día dos NNA por proposta do ETM, que deberá ter en conta as necesidades e o exercicio de dereitos do NNA e as características das prazas do centro de acollida.

• Establecer o réxime de visitas e saídas do NNA en función do PIP, así como emitir autorización sobre a súa mobilidade con ocasión destas, logo de petición da Dirección do centro e informe do ETM que lle corresponda.

• Ditar a resolución de traslado do NNA a outro centro, logo da proposta do ETM e, se é o caso, de autorización da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

• Ditar a resolución de finalización do acollemento residencial ou da atención de día, por proposta do ETM, que oirá previamente a entidade concertada acerca da conveniencia desta medida para os NNA.

Esta resolución fundamentarase na superación ou desaparición das causas que motivaron o ingreso, no seu falecemento, na emancipación do mozo ou moza ou na adopción dunha medida alternativa máis axeitada.

Q.4.1.3. Correspóndenlles aos equipos técnicos do menor do departamento territorial correspondente:

• Remitirlle ao centro o PIP do NNA, no cal se definan os obxectivos de traballo en función das necesidades, exercicio de dereitos e circunstancias daquel e da súa familia, de forma que oriente o equipo educativo na planificación da súa intervención educativa.

• Planificar, xunto coas persoas responsables do centro, tanto o ingreso como a saída dos NNA, agás que razóns excepcionais aconsellen o ingreso ou saída urxente.

• Levar a cabo o seguimento da intervención educativa realizada polo centro.

• Transmitirlle ao centro toda aquela información relevante para que a intervención educativa se poida orientar á satisfacción das necesidades do NNA en función das súas circunstancias.

Q.4.2. Por parte da entidade adxudicataria do servizo:

Ademais das obrigas indicadas na convocatoria deste concerto social, a empresa ou entidade adxudicataria deberá:

• Asumir os ingresos ordenados polo departamento territorial correspondente ou pola Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, sempre que exista praza vacante ou, no caso de sobreocupación, que exista dispoñibilidade de medios persoais e materiais para a axeitada atención do NNA nas condicións estipuladas neste prego e no de cláusulas administrativas particulares.

• Desenvolver a súa intervención en interese do NNA e de conformidade co establecido na normativa reguladora da protección á infancia.

• De acordo co disposto na Orde da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, do 1 de agosto de 1996, pola que se regulan os contidos mínimos do Regulamento de réxime interior e o proxecto educativo dos centros de atención a menores, e cos protocolos vixentes de funcionamento de centros de acollemento residencial, organizar a actividade do/dos centro/s de acordo cos seguintes instrumentos:

– Proxecto educativo do/dos centro/s, en que se especificarán os obxectivos de actuación en cada área de atención e as condicións ou medidas que se deben cumprir no centro para a consecución dos obxectivos que se mencionen. Reflectirá a súa organización e delimitará a súa intervención.

– Regulamento de organización e funcionamento e convivencia, que deberá contar, como mínimo con normas de funcionamento, dereitos e deberes das persoas usuarias e órganos de representación e participación e plan de formación.

– Programación anual de actividades, que ten por obxecto estruturar e sistematizar as previsións de actuacións ao longo do ano.

– Memoria anual, na cal se sinteticen e avalíen as actividades levadas a cabo no/nos centro/s no período anterior.

• Promover no/nos centro/s un ambiente familiar e coas condicións axeitadas para a intervención socioeducativa e o normal desenvolvemento dos NNA.

• Utilizar os recursos sociais normalizados: educación, sanidade, lecer e outros necesarios para a cobertura das necesidades dos NNA, e que contribúan a unha maior integración social destes.

• Favorecer o traballo en rede a través da coordinación entre os distintos recursos e profesionais que interveñan co NNA ou coa súa familia de cara á consecución dun traballo integrado.

• Elaborar e remitirlle ao ETM toda a documentación necesaria para o seguimento da intervención, e en particular:

– Un informe de valoración inicial logo da súa entrada no centro e segundo o prazo establecido nos protocolos de acollemento residencial.

– O PEI, no cal, partindo da avaliación inicial das necesidades do NNA e de acordo coa finalidade do PIP, se concreten os obxectivos prioritarios do traballo e a súa programación formal, cos recursos previstos, a metodoloxía, as actividades e a súa temporalización, que será revisado semestralmente en caso de NNA de máis de seis anos e trimestralmente en caso de menores de tres anos.

– Os informes periódicos de seguimento do PEI realizaranse diferenciando por idades, segundo o prazo establecido nos protocolos de acollemento residencial e, cando menos, cada seis meses.

– O informe final que recolla as intervencións realizadas e o grao de cumprimento dos obxectivos, á saída do NNA do centro.

• Remitir nun prazo non superior a 48 horas calquera información que lle sexa solicitada polos servizos competentes en materia de protección á infancia e á adolescencia.

• Comunicarlle ao Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do departamento territorial que corresponda calquera incidente grave de tipo xudicial, sanitario ou de calquera outra índole, que poida ser relevante no seguimento e intervención co NNA ou coa súa familia, por Rexistro electrónico nun prazo non superior a 48 horas.

• Formalizar denuncia ante os corpos e forzas de seguridade en caso de desaparición ou non retorno dunha persoa ao centro, no prazo máis breve posible, atendendo á idade, madurez e circunstancias persoais e sociais do NNA, sen prexuízo da inmediata comunicación ao ETM e á persoa titular da Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade.

• Aceptar, logo de autorización da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, alumnado universitario en prácticas de titulacións que teñan relación co obxecto do servizo, sempre que o número ou as condicións da súa realización non interfiran na dinámica de traballo.

• Aceptar, logo de autorización da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, a realización de estudos ou investigacións relativas ás persoas usuarias do centro ou ao funcionamento deste, sen prexuízo do dereito a que non se divulguen os datos ou documentos que a entidade considere que deben ser confidenciais.

• Incorporar e empregar as aplicacións informáticas que, se é o caso, facilite a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para o tratamento e xestión da información relativa aos NNA, ou ben adaptar as súas propias de xeito que sexa posible o acceso á información en idénticas condicións.

• Os centros terán unha organización flexible, que permita atender ás necesidades dos NNA e incorpore á súa estrutura os cambios necesarios para manter actualizado o proxecto educativo do centro.

Q.5. Situacións excepcionais.

• Atención urxente: en casos excepcionais derivados de circunstancias sociofamiliares graves, que requiran unha atención inmediata do NNA, cando non sexa posible o seu ingreso nos centros previamente determinados para estas circunstancias, o Departamento Territorial ou a Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia poderán acordar un ingreso con carácter urxente; con posterioridade efectuarase, o antes posible, a formalización deste e a remisión da documentación e informes necesarios.

• Sobreocupación provisional de prazas: a Subdirección Xeral de Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia poderá autorizar, de xeito excepcional, un ingreso que supoña sobreocupación respecto das prazas concertadas en calquera das tipoloxías concertadas, sempre que se garanta a dispoñibilidade de medios persoais e materiais para a axeitada atención do NNA. A sobreocupación non poderá ser superior a tres (3) meses, agás causas que o xustifiquen, logo de informe do ETM.

Q.6. Relacións entre a Administración e a entidade adxudicataria.

Estableceranse accións de coordinación a varios niveis:

• Co ETM do Departamento Territorial a que corresponda o caso. Debe coordinarse coa entidade adxudicataria para a planificación e avaliación dos casos derivados a este programa.

• Co/coa xefe/a de servizo dos departamentos territoriais correspondentes a cada caso.

• Co Servizo de Protección de Menores da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, como unidade competente para realizar o seguimento e a avaliación deste programa.

Ademais, a entidade concertada comprométese a estar ao dispor da Administración concertante para cantas reunións sexan necesarias para a execución deste programa.

R. Subrogación.

O persoal susceptible de subrogación, así como a información precisa para coñecer unha exacta avaliación dos custos laborais que implicará esta medida, imposta pola normativa laboral, exprésanse no anexo VII.

De acordo co establecido no artigo 34 do V Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.

S. Aspectos relativos á execución do concerto social.

S.1. Dereitos e obrigas das partes.

S.1.1. Obrigas da entidade concertada.

A entidade concertada está obrigada a:

a) Organizar e prestar o servizo con estrita suxeición ao réxime xurídico de aplicación, de acordo coas características establecidas nesta resolución e no prego técnico do concerto, e coa continuidade e calidade convidas.

b) Admitir, na utilización do servizo, toda persoa usuaria remitida pola Administración concertante e garantir a súa prestación nas condicións que foron establecidas, de acordo cos principios de igualdade e non discriminación.

c) Prestarlles ás persoas usuarias de forma gratuíta os servizos establecidos no concerto social.

d) Respectar os dereitos das persoas usuarias recollidos no ordenamento xurídico e no réxime xurídico do servizo.

e) Indemnizar polos danos que se lles causen a terceiras persoas como consecuencia das operacións que requiran o desenvolvemento do concerto social, excepto cando o dano se produza por causas imputables á Administración. Para estes efectos, a entidade estará obrigada a subscribir un seguro de responsabilidade civil para cubrir as continxencias que se poidan producir pola prestación do servizo, segundo se indica nas cláusulas F e K.3.

f) Manter o servizo público conforme o que, en cada momento e segundo o progreso da ciencia, dispoña a normativa técnica, ambiental, de accesibilidade e eliminación de barreiras e de seguridade das persoas usuarias, que resulte de aplicación.

g) Dar a coñecer a condición de entidade concertada mediante a difusión na documentación e publicidade das actuacións obxecto deste concerto social. A entidade concertada deberá incorporar en todo o material e documentación xerada polo programa o logotipo da identificación corporativa da Xunta de Galicia e Consellería de Política Social e Igualdade. A entidade disporá tamén dun rótulo, no lugar ou centro onde se presten os servizos, en que se identifique que o servizo está concertado coa Xunta de Galicia, co seu respectivo logotipo.

h) Dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do concerto.

i) Informar, se é o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, así como dos obxectivos dos fondos; o emblema do organismo figurará en toda documentación xerada polo programa e, como mínimo, nos seguintes documentos, de ser o caso:

• Partes de asistencia e/ou de participación.

• Relacións e follas de seguimento.

• Enquisas de avaliación.

• Certificados de asistencia.

• Memorias periódicas, etc.

j) Facilitar toda a información requirida pola Administración, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

k) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Administración, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, a entidade beneficiaria quedará sometida ás actuacións de control, comprobación e inspección que poidan realizar os organismos implicados na xestión ou seguimento do programa, que incorporarán as correspondentes visitas sobre o terreo; ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma; ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, e achegar canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

l) Comunicarlle á Administración calquera cambio ou variación que se produza na prestación dos servizos, así como calquera subvención, axuda ou achega privada recibida relacionada coa prestación dos servizos concertados.

m) Facilitar os labores de control e inspección do cumprimento do concerto social, en particular pondo ao dispor da Administración toda a información económica, fiscal, laboral, técnica e asistencial ou de calquera outra clase que sexa precisa para este fin, con suxeición á lexislación en materia de protección de datos e á restante normativa aplicable.

n) Cumprir coas disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social, de seguridade e saúde laboral e igualdade de xénero. Ademais, deberá proporcionarlles aos seus traballadores e traballadoras un traballo de calidade e estable, protexelos fronte aos accidentes e riscos laborais e promover condicións de conciliación familiar e laboral e de igualdade de xénero.

o) Cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, de integración social de persoas con discapacidade, de prevención de riscos laborais e de protección do ambiente que establezan a normativa vixente, os convenios colectivos que sexan de aplicación e as recollidas nesta convocatoria.

p) Cumprir o establecido na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, en particular o establecido en relación coa comprobación de antecedentes de delitos sexuais e trata de seres humanos na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

q) O persoal asignado á prestación do concerto social dependerá exclusivamente da entidade concertada, a cal terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empregador respecto del, sendo a Administración concertante de todo allea ás referidas relacións laborais. En ningún caso poderá alegar ningún dereito o referido persoal en relación coa Consellería de Política Social e Igualdade, nin exixirlle a esta responsabilidades de calquera clase como consecuencia das obrigas existentes entre a entidade concertada e os seus empregados.

r) Subministrarlle á Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

s) A entidade concertada facilitará que as persoas usuarias poidan formular suxestións e queixas sobre a prestación do servizo concertado, que se poderán presentar ante a Administración ou ben ante a propia entidade concertada. Para estes efectos, existirá un libro de reclamacións no cal as persoas usuarias e quen as represente legalmente poderán facer constar as queixas que coiden pertinentes. A entidade concertada deberá remitirlle as suxestións e queixas recibidas á Administración.

t) Calquera outra prevista na normativa que, con carácter xeral ou específico, sexa de aplicación, no réxime xurídico do servizo.

S.1.2. Obrigas da Administración concertante.

S.1.2.1. A Consellería de Política Social e Igualdade está obrigada a aboarlle á entidade concertada o prezo estipulado dentro dos trinta días seguintes ao da data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, de acordo coa forma de pagamento recollida na cláusula S.3. desta resolución de convocatoria do concerto.

S.1.2.2. A Consellería de Política Social e Igualdade deberá ter informada a entidade concertada de calquera circunstancia da cal teña coñecemento e que afecte de xeito relevante o concerto social formalizado, especialmente nos casos en que esta poida ter incidencia na futura configuración dos termos e condicións do concerto.

S.1.2.3. Incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada.

O incumprimento das obrigas por parte da entidade concertada será sancionado de acordo co disposto no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

S.1.2.4. Incumprimento das obrigas por parte da Administración.

Se a Consellería de Política Social e Igualdade se demora no pagamento e incumpre o prazo de trinta (30) días seguintes ao da data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboarlle á entidade concertada, a partir do cumprimento do dito prazo, os xuros de demora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

S.2. Constitución de garantía.

As entidades adxudicatarias dos lotes teñen que constituír unha garantía por un importe de:

Nº lote

Nº de prazas residenciais

Nº de prazas de día

Concello

Importe da garantía definitiva

1

20

10

Oleiros

274.426,62 €

2

32

15

Redondela

437.002,56 €

3

20

10

Vigo

274.426,62 €

4

35

2

Miño

381.777,60 €

A dita garantía debe depositarse ante a Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma de Galicia (na sede de Santiago de Compostela da Consellería de Facenda e Administración Pública ou nas delegacións provinciais da Axencia Tributaria de Galicia-Atriga).

A garantía poderá prestarse nalgunha ou algunhas das seguintes formas:

a) En efectivo ou en valores, que en todo caso serán de débeda pública, con suxeición, en cada caso, ás condicións establecidas nas normas de desenvolvemento desta resolución. O efectivo e os certificados de inmobilización dos valores anotados depositaranse na Caixa Xeral de Depósitos ou nas súas sucursais encadradas nas delegacións de Facenda, ou nas caixas ou establecementos públicos equivalentes das comunidades autónomas ou entidades locais contratantes ante as cales deban producir efectos, na forma e coas condicións que as normas de desenvolvemento desta lei establezan, sen prexuízo do disposto para os contratos que se subscriban no estranxeiro.

b) Mediante aval, prestado na forma e nas condicións que establezan as normas de desenvolvemento desta resolución, por algún dos bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito, establecementos financeiros de crédito e sociedades de garantía recíproca autorizados para operaren en España, que se deberá depositar nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

c) Mediante contrato de seguro de caución, subscrito na forma e nas condicións que as normas de desenvolvemento desta resolución establezan, cunha entidade aseguradora autorizada para operar no ramo. O certificado do seguro deberá entregarse nos establecementos sinalados na letra a) anterior.

A acreditación da constitución da garantía definitiva deberá realizarse mediante medios electrónicos.

Cumpridas polo concertante as obrigas derivadas do concerto, se non resultan responsabilidades que se deban exercer sobre a garantía definitiva, e transcorrido o período de garantía dun ano, se for o caso, ditarase acordo de devolución ou cancelación daquela, logo de informe favorable do responsable do concerto ou de quen exerza a dirección deste.

S.3. Réxime de pagamentos.

S.3.1. O pagamento do prezo que corresponda a cada mes, logo de aplicar os importes establecidos na cláusula D.3 desta convocatoria, realizarase logo da conformidade do Servizo de Protección de Menores.

S.3.2. Para o aboamento do servizo, a entidade adxudicataria presentará, dentro dos cinco días seguintes ao mes en que se realizou efectivamente a prestación, os seguintes documentos:

– Factura pola prestación do servizo. As facturas electrónicas emitidas presentaranse no Sistema electrónico de facturación da Xunta de Galicia (SEF). O SEF proporcionaralle ao presentador un xustificante de recepción electrónica no cal constarán, como mínimo, a data e a hora de presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permitirá en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

O Rexistro Contable de Facturas está integrado co SEF. A anotación no Rexistro Contable de Facturas é requisito previo necesario para a tramitación do recoñecemento da obriga.

A información sobre este será a través das seguintes URL:

http://conselleriadefacenda.es/factura ou http://www.conselleriadefacenda.es/sicon

– Relación detallada dos NNA acollidos. Asinada pola persoa responsable do servizo, segundo o modelo establecido no anexo IV ou no que estableza a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica nas instrucións que correspondan.

– Certificado da entidade onde conste o persoal adscrito á execución deste servizo, segundo o modelo establecido no anexo V, ordenado por grupo profesional e posto de traballo, especificando nome e apelidos, número de afiliación á Seguridade Social, tipo de contrato, titulación e dedicación horaria. No caso de que a relación de persoal non sufra variacións respecto do período anterior, este documento poderá substituírse por unha declaración en tal sentido.

S.3.3. Sen prexuízo das competencias de inspección en materia de servizos sociais da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, a entidade concertada estará sometida ás actuacións de control e vixilancia que leve a cabo a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica para a debida xustificación dos fondos e do cumprimento dos fins do programa deste concerto, así como ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, coa finalidade de asegurar o correcto cumprimento do concerto social subscrito.

S.3.4. A percepción indebida de cantidades por parte da entidade concertada comportará a obriga de reintegralas á Administración. Cando o reintegro se efectúe por requirimento da Administración, daráselle audiencia á entidade e seguirase o procedemento que corresponda, sen prexuízo das posibles sancións e resolución do concerto social.

S.3.5. As entidades concertadas que teñan dereitos de cobramento fronte á Administración poderán cedelos conforme dereito. Para a cesión dos dereitos de cobramento seguirase o mesmo procedemento e exixiranse os mesmos requisitos que os recollidos no artigo 200 da Lei 9/2017, do 8 de novembro.

S.4. Limitación á subcontratación e cesión de servizos concertados.

S.4.1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto.

S.4.2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto deste concerto, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Consellería de Política Social e Igualdade, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e calidade do servizo.

S.5. Sucesión da entidade concertada.

S.5.1. O cambio da titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terá a consideración de modificación do concerto social.

S.5.2. Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando a primeira se fusione ou transforme noutra. Neste caso, o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.

A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estean vixentes no momento da sucesión.

S.5.3. Se non for posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por mor da entidade concertada.

S.5.4. Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicarlle á Consellería de Política Social e Igualdade a circunstancia que se producise.

T) Modificacións.

T.1. Modificación do acordo de concertación.

T.1.1. Unha vez formalizado o concerto social, poderanse introducir modificacións só cando estas obedezan a razóns de interese público como consecuencia de circunstancias sobrevidas, debidamente xustificadas e derivadas das necesidades de atención ás persoas usuarias.

As modificacións deste concerto non poderán alterar as condicións esenciais da concertación e deben ser as estritamente indispensables para responder ás causas obxectivas que as fagan necesarias.

As modificacións só serán posibles cando non afecten os requisitos legais para a prestación dos servizos, non supoñan unha mingua na calidade do servizo e, de implicar un custo, exista crédito adecuado e suficiente para poder asumilo.

T.1.2. O procedemento de modificación poderase iniciar de oficio, con audiencia á parte interesada, ou por instancia de parte mediante proposta da entidade concertada. Estes aspectos deberán quedar documentados, xunto co informe da Asesoría Xurídica e cos demais informes que procedan, en particular o da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, con carácter previo á formalización da modificación.

T.1.3. De acordo co artigo 28 do Decreto 229/2020, por necesidades obxectivas e sempre que se cumpran todos os aspectos recollidos na normativa vixente, poderase aumentar o número de prazas concertadas, sen que o incremento poida superar o 50% das prazas establecidas para cada lote nesta resolución de convocatoria. Ademais, de acordo coas previsións establecidas no dito precepto, poderase minorar o número de prazas no caso de que non exista suficiente demanda.

T.1.4. As condicións recollidas nos pregos técnicos do concerto social poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Consellería de Política Social e Igualdade.

T.1.5. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto no cambio das condicións técnicas nos módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase proceder ao seu reaxuste.

T.1.6. Se é a Consellería de Política Social e Igualdade a que decide revisar as condicións técnicas do concerto social, os cambios deberán estar motivados na mellor ou máis axeitada prestación dos servizos mediante informe dos técnicos da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Deberá dárselles audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular propostas e alegacións á revisión proposta.

T.2. Revisión dos prezos.

T.2.1. Os prezos ou módulos económicos fixados nesta convocatoria poderán ser revisados cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social.

T.2.2. A revisión de prezos precisará dun informe da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica sobre os custos económicos do concerto social, en que se evidencie a necesidade da revisión.

Para o cálculo das revisións deberanse ter en conta as previsións recollidas na normativa en materia de desindexación. Nas actualizacións de prezos, o carácter diferenciado da acción concertada excluirá a consideración do período de recuperación dos investimentos aplicable á modalidade contractual.

No concerto obxecto desta convocatoria, dado o carácter significativo do cadro de persoal na configuración do prezo, pódese referenciar a actualización deste compoñente dos custos ás variacións económicas dos convenios colectivos sectoriais, nacionais, autonómicos e provinciais aplicables ao lugar de prestación dos servizos, coas limitacións que a normativa vixente estableza.

T.2.3. A revisión dos prezos ou módulos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

U) Resolución e extinción do concerto social.

U.1. Causas de extinción do concerto social.

Este concerto social extinguirase polas seguintes causas:

a) Cumprimento do concerto social.

b) Resolución do concerto social.

U.2. Cumprimento do concerto.

O concerto social entenderase cumprido pola entidade concertada cando este se realizase, de acordo cos seus termos, na totalidade da prestación e finalizase o seu período de vixencia.

U.3. Extinción do concerto por resolución.

U.3.1. Serán causas de resolución do concerto social as seguintes:

a) O mutuo acordo entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a entidade concertada.

b) A non formalización do concerto social ou da súa renovación no prazo establecido.

c) A extinción da personalidade xurídica da entidade concertada.

d) A declaración de concurso de acredores da entidade concertada ou a declaración de insolvencia en calquera procedemento.

e) O cesamento voluntario, coa autorización previa da Consellería de Política Social e Igualdade, da entidade concertada na prestación do servizo.

f) A inviabilidade económica da entidade titular do concerto social, constatada por informes de auditoría externa, cando lle sexan solicitados pola Consellería de Política Social e Igualdade.

g) A revogación da acreditación, homologación ou autorización administrativa da entidade concertada que a habilitaba para a prestación do servizo concertado.

h) O incumprimento das obrigas cualificadas como esenciais no concerto social ou o incumprimento dos estándares e parámetros de calidade exixidos nel, sempre que o incumprimento sexa imputable á entidade concertada.

i) A comisión dunha infracción grave ou moi grave das tipificadas nos artigos 81 e 82 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, cando comporten unha das sancións accesorias previstas no artigo 83.2 da dita norma.

j) O incumprimento grave da lexislación en materia fiscal, laboral, de seguridade social e da integración social de persoas con discapacidade e prevención de riscos laborais.

k) Negarse a atender as persoas usuarias derivadas pola Administración concertante.

l) Prestar servizos como se fosen concertados coa Administración cando isto non sexa así.

m) O incumprimento da prohibición da subcontratación e cesión de servizos concertados recollidos na cláusula S).

n) A ausencia de demanda para a cobertura do servizo prestado de xeito relevante e prolongado, xa sexa para a totalidade dos servizos ou para un número significativo que faga inviable economicamente o mantemento do servizo.

ñ) A imposibilidade de continuar prestando o concerto social nos termos inicialmente acordados ou facelo sen ocasionar un prexuízo ao interese público, cando non sexa posible a modificación do concerto.

o) A demora no cumprimento das obrigas económicas por parte da Consellería de Política Social e Igualdade por un prazo superior a catro meses.

p) A suspensión por causa imputable á Consellería de Política Social e Igualdade da iniciación do concerto social por un prazo superior a seis meses desde a data sinalada para o comezo.

q) A desistencia ou suspensión do concerto social por un prazo superior a seis meses acordado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

r) O resto de causas establecidas na normativa sectorial de aplicación ao concerto.

U.3.2. A resolución dos concertos sociais por mutuo acordo das partes só poderá ter lugar cando medien razóns de interese público que fagan innecesaria ou inconveniente a continuación do concerto social e non concorra outra causa de resolución que lle sexa imputable á entidade concertada.

U.3.3. A entidade concertada poderá solicitar a resolución do concerto social cando considere que a Consellería de Política Social e Igualdade incorreu nalgunha das causas imputables a esta. Se a Consellería de Política Social e Igualdade se nega á resolución do concerto social, a entidade estará obrigada a continuar prestando os servizos mentres existan persoas usuarias que deban ser atendidas, sen prexuízo dos recursos que procedan.

U.3.4. Se a Consellería de Política Social e Igualdade considera que se produciu un incumprimento da entidade concertada que poida ser causa de resolución do concerto social, iniciará un procedemento administrativo, de acordo co establecido no título IX da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Se procede a resolución do concerto social, a Consellería de Política Social e Igualdade deberá establecer a data en que terá efectos a dita resolución, para garantirlles a continuidade do servizo ás persoas usuarias.

U.4. Efectos da resolución.

U.4.1. Cando a resolución se produza por mutuo acordo, os dereitos das partes axustaranse ao validamente estipulado por elas.

U.4.2. A resolución motivada por un incumprimento da Consellería de Política Social e Igualdade determinará o pagamento dos danos e perdas causados á entidade, tendo en conta os prezos ou módulos económicos vixentes no momento da resolución.

U.4.3. Cando a resolución do concerto social teña lugar por incumprimento culpable da entidade concertada, a entidade deberá indemnizar a Consellería de Política Social e Igualdade polos danos e perdas causados.

V. Protección de datos persoais.

V.1. Tratamento de datos persoais dos representantes das entidades solicitantes do concerto.

Os datos persoais recollidos nestes procedementos serán tratados, na súa condición de responsable do tratamento, pola Consellería de Política Social e Igualdade, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión destes procedementos, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa solicitude para comprobar a exactitude destes, informar sobre o estado de tramitación e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

A lexitimación para o tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, derivada dunha competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimento de obrigas legais impostas ao dito responsable segundo o disposto na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia; o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro; na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 175, do 23 de xullo), e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, do 29 de xullo), e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño).

Os datos poderán serlles comunicados ás administracións públicas do ámbito autonómico, estatal e comunitario, para o exercicio das súas competencias na materia, coa finalidade de levar a cabo as actuacións de control previstas.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como oporse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.2. Tratamento de datos persoais no marco das actuacións de verificacións recollidas na resolución.

As bases lexitimadoras para o tratamento dos datos persoais que poidan ser facilitados para o adecuado seguimento desta resolución e a xustificación dos correspondentes gastos relativos ás actuacións que constitúen o seu obxecto son o cumprimento dunha misión de interese público ou o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento e o cumprimento dunha obriga legal, fundamentadas ambas no disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

As persoas interesadas poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como oporse ao seu tratamento, segundo se explicita en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As entidades concertadas están obrigadas a informar, pola súa vez, o persoal ao seu servizo e as persoas usuarias, con carácter previo a que se lle faciliten os seus datos á Consellería de Política Social e Igualdade, das cuestións establecidas nos parágrafos anteriores.

V.3. Tratamento de datos persoais das persoas usuarias.

Os datos persoais necesarios para levar a cabo as actividades realizadas ao abeiro desta resolución serán tratados, na súa condición de responsable do tratamento, pola Consellería de Política Social e Igualdade. A lexitimación para o tratamento dos datos será o cumprimento dunha misión realizada en interese público e o exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable, fundamentada, pola súa vez, na Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do/da menor, de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil, e, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia; o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG núm. 45, do 6 de marzo), modificado polo Decreto 406/2003, do 29 de outubro; na Lei orgánica 8/2015, do 22 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 175, do 23 de xullo), e a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia (BOE núm. 180, do 29 de xullo) e na Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia (BOE núm. 134, do 5 de xuño).

Os datos persoais que sexan xestionados polas entidades concertadas para a xestión das ditas accións derivadas da execución do programa, na súa condición de encargadas do tratamento, poderán serlles tamén comunicados, cando sexa estritamente necesario, ás entidades acreditativas da formación, ás administracións públicas no exercicio das súas respectivas competencias e a outros órganos encargados da xestión e control financeiro.

As persoas usuarias poderán solicitar ante o responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como oporse ao seu tratamento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto co/coa delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

V.4. Deber de confidencialidade.

As entidades concertadas deberán respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos, datos e informacións que lles sexan confiados para a formalización e o desenvolvemento das accións recollidas na presente resolución. Así mesmo, quedan expresamente obrigadas:

– a utilizar a dita información exclusivamente no ámbito desta orde e para as finalidades previstas nela;

– a non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor, salvo nos casos expresamente previstos na lei, exixindo idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución da resolución;

– a facilitar o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da dita relación, a quen se lle comunicará a obriga de tratar a información á cal se lle dá acceso con carácter estritamente confidencial;

– a aplicar medidas de cautela e protección e a destruír en calquera momento a documentación escrita recibida se así o solicita a parte que a subministrou;

Considerarase información confidencial aquela á cal as entidades beneficiarias accedan en virtude desta resolución, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, administrativo ou económico-financeiro, sempre que non teña carácter público ou notorio. Este deber manterase mesmo despois de finalizada a relación.

V.5. Encargo do tratamento.

Respecto do tratamento de datos persoais, as entidades concertadas terán a condición de encargadas do tratamento en relación con aquelas tarefas de coordinación administrativa, posta en marcha, desenvolvemento e seguimento das accións obxecto desta resolución, que impliquen a recollida de datos das persoas usuarias.

V.5.1. Identificación da información afectada.

Como encargadas do tratamento, as entidades beneficiarias das axudas xestionarán os datos persoais das persoas usuarias necesarios para a execución das obrigas contidas nesta resolución.

V.5.2. Obrigas das entidades concertadas como encargadas do tratamento.

As entidades concertadas como encargadas do tratamento deberán cumprir coas obrigas recollidas a continuación, exixindo o mesmo compromiso do persoal ao seu servizo.

V.5.2.a) Tratar, por conta do responsable, os datos persoais necesarios para levar a cabo adecuadamente a prestación do servizo obxecto do concerto.

V.5.2.b) Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento só para os efectos desta resolución. En ningún caso poderá utilizar os datos para os seus fins; neste caso será considerado como responsable do tratamento.

V.5.2.c) Tratar os datos de acordo coas instrucións do responsable do tratamento. Se o encargado do tratamento considera que algunha das instrucións infrinxe o RXPD, a LOPDGDD ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos, porao inmediatamente en coñecemento do responsable.

V.5.2.d) Levar por escrito, se é o caso segundo o artigo 30 do RXPD, un rexistro das actividades de tratamento realizadas por conta do responsable, incluíndo o contido previsto no dito artigo.

V.5.2.e) Non comunicarlles os datos a terceiros, salvo que se conte coa autorización expresa do responsable do tratamento ou nos supostos legalmente admisibles. O encargado poderá comunicarlles os datos a outros encargados do tratamento do mesmo responsable, de acordo coas instrucións deste.

V.5.2.f) O encargado do tratamento non poderá subcontratar ningún dos servizos que formen parte do obxecto do concerto e que impliquen o tratamento de datos persoais, salvo os traballos auxiliares necesarios para o normal funcionamento dos seus servizos.

V.5.2.g) Sen prexuízo do anterior, no caso de que o encargado do tratamento necesite subcontratar parte dos servizos en que interveña o tratamento de datos persoais, deberá comunicarllo previamente por escrito ao responsable do tratamento indicando os tratamentos que están implicados e pretende subcontratar, identificando de forma clara e inequívoca a empresa subcontratista e os seus datos de contacto. A subcontratación poderá realizarse unha vez autorizada polo responsable do tratamento.

Neste último caso, o subencargado do tratamento, que tamén terá a condición de encargado do tratamento, estará tamén obrigado ao cumprimento das obrigas establecidas neste concerto para o encargado do tratamento inicial e das instrucións ditadas polo responsable. Correspóndelle ao encargado do tratamento inicial, polo tanto, regular a nova relación para que o novo encargado estea sometido ás mesmas condicións (instrucións, obrigas, medidas de seguridade...), co mesmo réxime de responsabilidade e cos mesmos requisitos formais que o encargado inicial no que se refire ao bo tratamento dos datos persoais e á garantía dos dereitos das persoas afectadas. No caso de incumprimento por parte do subencargado, o encargado inicial seguirá sendo plenamente responsable ante o responsable do cumprimento das obrigas.

V.5.2.h) O encargado do tratamento tamén estará obrigado a comunicarlle calquera modificación ao responsable do tratamento na incorporación ou substitución doutros subencargados, dándolle así á persoa responsable a posibilidade de oporse aos ditos cambios.

V.5.2.i) Manter o deber de segredo sobre os datos persoais a que teña acceso en virtude deste concerto social, aínda que finalice o seu obxecto.

V.5.2.j) Garantir que as persoas autorizadas para o tratamento dos datos persoais se comprometen, expresamente e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das cales lles serán informadas oportunamente. O encargado manterá ao dispor do responsable a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.

V.5.2.k) Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.

V.5.2.l) Asistir o responsable do tratamento na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, mediante as medidas técnicas e organizativas oportunas, para que poida cumprir coa súa obriga de atender as citadas solicitudes das persoas interesadas no prazo previsto pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitaralle ao responsable, por petición deste, e o antes posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas soliciten o exercicio dos seus dereitos ante o encargado do tratamento, este informaraas, por calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/exercicio-dos-dereitos

V.5.2.m) Comunicarlle ao responsable do tratamento, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo de que teña coñecemento, xunto con toda a información pertinente, para a documentación e comunicación da incidencia, se é o caso, á Axencia Española de Protección de Datos (en diante, AEPD), de conformidade co disposto no artigo 33 do RXPD.

V.5.2.n) Apoiar o responsable do tratamento na realización de avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización de consultas previas á autoridade de control, cando proceda.

V.5.2.o) Aplicar, se é o caso, as disposicións contidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:

– Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanente dos sistemas e servizos de tratamento.

– Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais rapidamente, en caso de incidencia física ou técnica.

– Verificar, avaliar e valorar, de forma periódica, a eficacia das medidas técnicas e organizativas postas en marcha para garantir a seguridade do tratamento.

– Pseudonimizar e cifrar os datos persoais, se é necesario.

V.5.2.p) Pór á disposición do responsable toda a información necesaria para acreditar o cumprimento das súas obrigas, en particular certificados de cumprimento da normativa expedidos polas entidades acreditadas ou, de non existiren, facilitando a realización das auditorías ou inspeccións que faga o responsable ou outro auditor autorizado.

V.5.2.q) Designar un delegado de protección de datos, se é o caso segundo o previsto no artigo 37 do RXPD e no artigo 34 da LOPDGDD, e comunicarlle a súa identidade e datos de contacto ao responsable, sen prexuízo da preceptiva inscrición na AEPD.

V.5.2.r) Devolverlle ao responsable, unha vez cumpridos os servizos obxecto deste concerto, os datos persoais e, se é o caso, os soportes onde figuren. A devolución suporá a total supresión dos datos existentes, se é o caso, nos equipos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres poidan derivar responsabilidades da execución do servizo.

W. Fraude, corrupción e conflito de intereses.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade poderá pór os ditos feitos en coñecemento a través da web de Transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia, así como do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto:

https://transparencia.xunta.gal/canle-de-denuncias

https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo.

Así mesmo, serán de aplicación ás actuacións deste concerto as medidas recollidas no Plan específico de prevención de riscos de xestión e medidas antifraude da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, que foi asinado o 12 de xaneiro de 2022.

X. Incompatibilidade coa percepción doutros ingresos.

Segundo o artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, este concerto será incompatible coas subvencións para o financiamento do servizo ou prestacións obxecto deste.

Y. Resolución de conflitos.

As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola Consellería de Política Social e Igualdade e os seus acordos porán fin á vía administrativa. Contra elas cabe recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, segundo o previsto no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes se a resolución for expresa. Se o acto non for expreso, poderá interpor recurso de reposición, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou poderá interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto que poña fin á vía administrativa, se este for expreso. Se non o for, o prazo será de seis meses e contarase, para o concertante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para tales efectos, o tribunal competente será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VII

Datos sobre o persoal que se vai subrogar

(anexo informativo)

(BS213Z)-Concerto social para a execución de programas de acollemento residencial e de atención de día integral en unidades de convivencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección

Lote 1.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% Xornada imputada ao programa

Horas anuais contratadas

Antigüidade

Data de

vencemento

do contrato

Custo bruto anual 2025 (salario + Seg. Social empr.)

1

Director

Indefinido

100 %

1.722

1.9.2003

Indefinido

53.121,60 €

2

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

15.9.1997

Indefinido

34.202,51 €

3

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

1.7.2003

Indefinido

39.399,16 €

4

Técnico integrador social

Indefinido

100 %

1.722

1.1.2013

Indefinido

24.146,64 €

5

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

1.9.2018

Indefinido

29.835,69 €

6

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

2.1.2017

Indefinido

23.510,55 €

7

Integrador social

Indefinido

100 %

1.722

4.1.2019

Excedencia (10.6.2025)

11.162,59 €

8

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

1.10.2020

Indefinido

29.156,97 €

9

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

15.12.2021

Indefinido

13.679,86 €

10

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

16.12.2021

Indefinido

29.084,19 €

11

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

12.1.2022

Indefinido

29.533,93 €

12

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

11.1.2022

Indefinido

14.602,05 €

13

Técnico integrador social

Indefinido

100 %

1.722

18.1.2022

Indefinido

24.126,21 €

14

Educador/a social social

Indefinido

100 %

1.722

21.10.2023

Indefinido

29.002,15 €

15

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

12.11.2023

Excedencia (6.5.2025)

2.472,68 €

16

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

24.11.2023

Indefinido

9.741,90 €

17

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

16.5.2024

Indefinido

27.766,61 €

18

Integrador social

Indefinido

100 %

1.722

1.2.2024

Indefinido

22.928,39 €

19

Integrador social

Indefinido

100 %

1.722

23.11.2024

Fixo descontinuo 21.9.2025

19.215,85 €

20

Educador/a social social

Indefinido

100 %

1.722

4.8.2025

Fin interinidade

26.710,56 €

21

Auxiliar educativo

Indefinido

100 %

1.722

18.2.2025

Fin interinidade

20.601,83 €

22

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

12.6.2025

4.10.2025

11.408,90 €

23

Auxiliar educativo

Indefinido

100 %

1.722

20.6.2025

15.9.2025

6.943,77 €

24

Integrador social

Indefinido

100 %

1.722

6.7.2025

10.1.2026

11.349,76 €

25

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

1.7.2025

4.9.2025

9.838,72 €

26

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722

5.7.2025

21.9.2025

14.501,62 €

27

Auxiliar servizos

Indefinido

100 %

1.722

1.7.2004

Indefinido

24.226,05 €

28

Cociñeira

Indefinido

100 %

1.722

4.1.2014

Indefinido

26.601,39 €

29

Auxiliar servizos

Indefinido

50 %

861

2.6.2017

Indefinido

12.303,94 €

30

Auxiliar servizos

Indefinido

50 %

861

28.5.2016

Indefinido

12.396,41 €

31

Auxiliar xestión

Indefinido

0,46 %

416

18.5.2019

Indefinido

4.668,93 €

32

Cociñeiro

Indefinido

50 %

861

9.1.2023

Indefinido

18.818,77 €

Lote 2.

O custo bruto do persoal está calculado con base no VIII Convenio colectivo Aldeas Infantiles SOS Galicia.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% Xornada imputada ao programa

Horas anuais contratadas

Antigüidade

Data de

vencemento

do contrato

Custo bruto anual 2025 (salario + Seg. Social empr.)

1

Directora

Indefinido

90 %

1.550

30.12.2009

-

61.761,14 €

2

Axudante de

dirección

Indefinido

100 %

1.722

26.7.2004

-

47.486,46 €

3

Educador

Indefinido

100 %

1.722

8.12.2019

-

37.795,94 €

4

Educador

Indefinido

100 %

1.722

2.3.2023

-

34.114,92 €

5

Educador

Indefinido

100 %

861

1.2.2007

-

18.660,88 €

6

Educador

Indefinido

100 %

861

18.11.2024

-

17.057,46 €

7

Educador

Indefinido

100 %

1.722

8.2.2024

-

34.114,92 €

8

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

4.3.2008

-

30.784,74 €

9

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

9.4.2018

-

27.788,46 €

10

Educador

Indefinido

100 %

1.722

10.4.2017

-

38.158,54 €

11

Educador

Indefinido

100 %

1.722

4.7.2004

-

42.853,72 €

12

Educador

Indefinido

100 %

1.722

21.3.2023

-

34.114,92 €

13

Educador

Indefinido

100 %

1.722

15.2.2006

-

36.729,42 €

14

Educador

Indefinido

100 %

1.722

1.9.2019

-

34.574,96 €

15

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

14.1.2016

-

28.077,84 €

16

Auxiliar técnico

Temporal

100 %

1.722

26.8.2025

25.11.2025

27.788,46 €

17

Educador

Indefinido

100 %

1.722

1.12.2018

-

38.062,36 €

18

Educador

Indefinido

100 %

1.722

20.4.2022

-

34.477,80 €

19

Educador

Indefinido

100 %

1.722

28.12.2023

-

34.114,92 €

20

Educador

Indefinido

100 %

1.722

16.10.2023

-

34.114,92 €

21

Educador

Indefinido

100 %

1.292

2.10.2006

-

33.690,16 €

22

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

23.3.2016

-

27.788,46 €

23

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

18.2.2022

-

27.788,46 €

24

Educador

Indefinido

100 %

1.722

2.5.2018

-

38.536,54 €

25

Educador

Indefinido

100 %

1.722

27.7.2023

-

34.114,92 €

26

Educador

Indefinido

100 %

1.722

28.8.2020

-

34.477,80 €

27

Educador

Indefinido

100 %

1.722

13.7.2022

-

34.477,80 €

28

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

25.10.2021

-

27.788,46 €

29

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

18.4.2017

-

27.788,46 €

30

Educador

Indefinido

100 %

1.722

13.7.2004

-

44.277,52 €

31

Educador

Indefinido

100 %

1.722

21.7.2016

-

34.758,22 €

32

Educador

Indefinido

100 %

1.377

21.4.2009

-

29.290,52 €

33

Educador

Indefinido

100 %

1.722

30.3.2022

-

34.477,80 €

34

Educador

Indefinido

100 %

1.722

7.5.2013

-

Baixa longa duración

35

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

26.4.1993

-

37.581,74 €

36

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

5.1.2018

-

28.513,52 €

37

Educador

Indefinido

100 %

1.722

20.12.2021

-

38.033,38 €

38

Educador

Indefinido

100 %

1.722

26.1.2023

-

34.114,92 €

39

Educador

Indefinido

100 %

1.722

16.11.2022

-

34.114,92 €

40

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

2.6.2016

-

28.078,12 €

41

Auxiliar técnico

Indefinido

100 %

1.722

20.2.2024

-

27.788,46 €

42

Auxiliar de servizos xerais

Indefinido

100 %

1.722

1.9.2003

-

32.320,12 €

43

Auxiliar de servizos xerais

Indefinido

100 %

1.722

12.3.2011

-

28.283,92 €

44

Chofer/mantedor

Indefinido

100 %

1.722

20.3.2000

-

32.178,30 €

45

Chofer/mantedor

Indefinido

100 %

1.722

27.5.2013

-

32.178,30 €

46

Psicólogo

Indefinido

100 %

1.722

5.7.2005

-

44.490,88 €

47

Psicóloga

Indefinido

100 %

1.722

3.10.2016

-

36.993,88 €

48

Pedagoga

Indefinido

100 %

1.722

23.12.1996

-

47.411,56 €

49

Traballadora social

Indefinido

100 %

1.722

25.4.2005

-

46.588,92 €

50

Educador familiar

Indefinido

100 %

861

29.6.2009

-

17.660,11 €

51

Educador

Indefinido

100 %

1.722

3.12.2002

-

38.682,56 €

52

Educador

Indefinido

100 %

1.722

7.6.2021

-

33.398,96 €

53

Educador

Indefinido

100 %

1.722

1.6.2021

-

33.398,96 €

54

Educador

Indefinido

100 %

861

10.10.2025

-

17.057,46 €

55

Cociñeira

Indefinido

100 %

1.506

25.6.2010

-

25.671,38 €

Lote 3.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% Xornada imputada ao programa

Horas anuais contratadas

Antigüidade

Data de

vencemento

do contrato

Custo bruto anual 2025 (salario + Seg. Social empr.) ata o 31.8.2025

1

Directora

Indefinido

50 %

1.722

21.11.2022

26.802,62 €

2

Coordinadora

Indefinido

100 %

895

1.4.2025

6.764,41 €

3

Responsable de equipo

Indefinido

100 %

1.722

11.4.2025

9.146,45 €

4

Coordinador de menores

Indefinido

100 %

1.722

14.6.2023

12.749,49 €

5

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

19.4.2019

19.327,70 €

6

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

7.8.2023

18.485,20 €

7

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

8.8.2023

19.061,18 €

8

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

14.12.2023

18.979,59 €

9

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

29.1.2024

19.076,07 €

10

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

11.6.2024

19.122,67 €

11

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

15.7.2024

19.046,02 €

12

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

9.9.2024

18.699,41 €

13

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

8.10.2024

18.729,49 €

14

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

24.1.2025

17.121,67 €

15

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

19.5.2025

7.648,36 €

16

Educadores/as

Indefinido

100 %

1.722

16.7.2025

3.395,69 €

17

Educadores/as

Temporal

100 %

1.722

24.7.2025

31.12.2025

2.799,31 €

18

Técnico de

integración social

Indefinido

100 %

1.722

14.8.2023

14.884,74 €

19

Aux. técnico

Indefinido

100 %

1.722

15.6.2023

6.153,00 €

20

Aux. técnico

Indefinido

100 %

1.722

15.6.2023

8.178,10 €

21

Aux. técnico

Indefinido

100 %

1.722

1.4.2024

15.018,13 €

22

ATE

Indefinido

100 %

1.722

15.3.2018

16.121,76 €

23

ATE

Temporal

100 %

1.722

12.12.2024

Fin IT

14.838,92 €

24

TAI

Indefinido

100 %

1..722

17.2.2023

5.109,71 €

25

TAI

Indefinido

100 %

1.722

27.6.2024

12.858,13 €

26

TAI

Temporal

100 %

1.722

24.1.2025

Fin IT

12.754,16 €

27

TAI

Temporal

100 %

1.722

1.9.2025

Fin IT

28

Traballador social

Indefinido

50 %

1.722

24.6.2025

4.799,13 €

29

Xefa de

administración

Indefinido

50 %

1.722

25.11.2021

20.652,07 €

30

Recepcionista

Indefinido

50 %

1.722

20.6.2022

14.135,59 €

31

Xefe de cociña

Indefinido

35 %

1.722

5.1.2009

15.787,35 €

32

Cociñeira

Indefinido

35 %

1.722

23.1.2020

12.950,99 €

33

Cociñeiro

Indefinido

35 %

1.722

28.8.2024

13.330,15 €

34

Gobernanta

Indefinido

35 %

1.722

13.10.2020

14.143,44 €

35

Aux. serv.:

mantemento

Indefinido

65 %

1.722

8.2.2021

12.675,61 €

36

Aux. serv.: portaría

Indefinido

50 %

1.722

16.7.2021

14.157,93 €

37

Persoal de limpeza

Indefinido

81 %

1.722

2.1.2013

14.587,29 €

38

Persoal de limpeza

Indefinido

81 %

1.722

14.9.1998

15.196,96 €

39

Persoal de limpeza

Indefinido

81 %

1.722

2.1.2023

4.604,13 €

Lote 4.

Nº orde

Categoría profesional

Contrato

% Xornada imputada ao programa

Horas anuais contratadas

Antigüidade

Data de

vencemento

do contrato

Custo bruto anual 2025 (salario + Seg. Social empr.)

1

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

26.9.1997

32.380,80 €

2

Cociñeiro/a

Indefinido

100 %

1.722,00

2.10.2002

24.930,36 €

3

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

4.9.2001

38.222,88 €

4

Psicólogo/a

Indefinido

100 %

1.341,82

6.3.2003

30.966,24 €

5

Limpeza

Indefinido

100 %

1.722,00

21.6.2024

22.133,88 €

6

Auxiliar

Baixa indefinido

100 %

1.722,00

9.1.2006

32.146,80 €

7

Auxiliar

Baixa indefinido

100 %

1.722,00

14.11.2008

28.952,16 €

8

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

14.1.2010

34.888,80 €

9

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

28.2.2016

32.862,60 €

10

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

15.5.2017

29.785,56 €

11

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

5.10.2017

31.837,68 €

12

Chofer

Indefinido

100 %

1.722,00

17.9.2018

22.037,40 €

13

Auxiliar

Indefinido

100 %

1.722,00

18.5.2020

25.069,56 €

14

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

1.8.2020

29.485,20 €

15

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

30.12.2021

29.485,20 €

16

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

15.6.2022

29.485,20 €

17

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

2.1.2023

27.420,96 €

18

Auxiliar

Indefinido

100 %

1.722,00

16.2.2024

25.588,68 €

19

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

29.6.2024

29.184,96 €

20

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

4.9.2024

29.184,96 €

21

Administradora

Indefinido

100 %

1.565,45

25.9.2024

26.915,28 €

22

Auxiliar

Indefinido

100 %

1.722,00

11.2.2024

24.769,32 €

23

Auxiliar

Indefinido

100 %

1.073,45

18.10.2024

15.372,48 €

24

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

18.11.2024

29.184,96 €

25

Auxiliar

Indefinido

100 %

1.073,45

7.2.2025

15.372,48 €

26

Auxiliar

Substitución

100 %

1.722,00

17.3.2025

22.907,16 €

27

Auxiliar

Substitución

100 %

1.722,00

16.3.2025

24.614,28 €

28

Educador/a social

Formativo

100 %

1.722,00

28.5.2025

29.184,96 €

29

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

30.6.2025

29.184,96 €

30

Educador/a social

Indefinido

100 %

1.722,00

25.6.2025

29.184,96 €

31

Auxiliar

Indefinido

100 %

1.722,00

1.7.2025

24.769,32 €

32

Educador/a social

Formativo

100 %

1.722,00

18.8.2025

29.184,96 €

33

Cociñeiro/a

Indefinido

100 %

1.722,00

2.10.2025

21.892,08 €

34

Auxiliar

Autónoma

100 %

1.722,00

Autónoma

19.079,21 €

35

Auxiliar

Autónoma

100 %

1.722,00

Autónoma

19.079,21 €

36

Directora

Autónoma

100 %

1.722,00

Autónoma

30.147,99 €

* De acordo co establecido no artigo 34 do V Convenio colectivo estatal de reforma xuvenil e protección de menores, será persoal susceptible de subrogación aquel cunha antigüidade mínima de catro meses na data da adxudicación do concerto. En consecuencia, esta relación é susceptible de sufrir modificacións, que se publicarán en canto se teña coñecemento.