Na Resolución da Alcaldía 2026-0443, do 4 de xuño de 2026, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección dunha (1) praza de traballador/a social.
No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 117, do 22 de xuño de 2026, publicáronse integramente as bases reguladoras da convocatoria e selección, en réxime de funcionario de carreira, dunha praza vacante de traballador/a social do Concello de Pazos de Borbén (OEP 2025), polo procedemento de concurso-oposición, quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Pazos de Borbén, 31 de xullo de 2026
Xosé Luciano Otero Camiña
Alcalde
