DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 25 de agosto de 2026 Páx. 46653

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo dunha praza de auxiliar técnico/a informático/a (OEP 2023).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 184, do 13 de agosto de 2026, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a cobertura, como funcionario de carreira, dunha praza de auxiliar técnico/a informático/a, escala de Administración especial, subescala técnica, grupo C, subgrupo C1, polo sistema de concurso-oposición e quenda libre, incluída na oferta de emprego público do Concello de Sarria do ano 2023.

De conformidade co disposto nas citadas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da páxina web municipal: https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 13 de agosto de 2026

Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde