Por acordo do Pleno do Concello de Soutomaior, adoptado na sesión do día 31 de xullo de 2026, aprobouse inicialmente o Proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos necesarios para a execución do proxecto de humanización da rúa Forneira, Arcade, previsto no Plan xeral de ordenación municipal de Soutomaior.
De conformidade co disposto no artigo 18.1 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, así como na normativa urbanística de aplicación, o expediente sométese a información pública e concédeselles o trámite de audiencia ás persoas interesadas, polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que poidan examinar o expediente e formular as alegacións, observacións ou reclamacións que consideren oportunas, en particular no que atinxe á titularidade e/ou á valoración dos seus respectivos dereitos.
Durante o citado prazo, o expediente poderá ser examinado nas dependencias do Concello de Soutomaior, en horario de atención ao público, así como na sede electrónica municipal (http://soutomaior.sedelectronica.es), onde estará igualmente dispoñible para a súa consulta.
As alegacións poderán presentarse por calquera dos medios previstos nos artigos 16 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Este anuncio serviralles de notificación ás persoas interesadas cando esta non poida efectuarse de forma persoal, de conformidade co previsto nos artigos 44 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Soutomaior, 3 de agosto de 2026
Manuel A. Lorenzo Sobral
Alcalde
