Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado 2 de LMTS, CT, RBT lugar Fornos, nº 30, no concello de Oleiros (expediente IN407A 2021/202-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración encóntrase ao dispor das persoas interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, situado no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º, 15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para solicitaren a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 13 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/202-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Modificado 2 de LMTS, CT, RBT lugar Fornos, nº 30.
Concello: Oleiros.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
|
1 |
Besta |
Polígono: 7 Parcela: 980 |
Herdeiros de Flora Ríos Lago |
