DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 26 de agosto de 2026 Páx. 46729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de redacción das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello de Toén (expediente IN407A 2023/90-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...» mediante este anuncio convócanse as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Quellepán, na Casa do Concello de Toén, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, tras a súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 13 de agosto de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/90-3.

Instalación: LMTA, CTI e RBTA Quellepán.

Concello: Toén.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Convocatoria:

Data: 5 de outubro de 2026.

Lugar: Casa do Concello de Toén.

Hora: véxase a táboa.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Hora

6

Montecelo

32082A044002070000LX

Concepción Carnero Rodríguez e Eugenio Gómez Doldán

11.30

9

Toxeira

32082A044001190000LU

Herdeiros de Manuel Álvarez Penelas

13.00

10

Toxeira

32082A044001180000LZ

Concepción Carnero Rodríguez e Eugenio Gómez Doldán

11.30

12

Folgar

32082A044002030000LO

Concepción Carnero Rodríguez e Eugenio Gómez Doldán

11.30

13

Toxeira

32082A044001120000LD

Manuel Rodríguez Rodríguez

13.00

17

Cerreiriñas

32082A044001690000LM

Alba Romero Borrajo

13.00

18

Cerreiriñas

32082A044001680000LF

Noelia Rodríguez Varela

13.00

20

Carreiriñas

32082A044001670000LT

Alba Romero Borrajo

13.00