Para cumprir co que dispón o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e dos xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Lousame-Tivo, no concello de Brión (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla máis abaixo, e que terá lugar o día 21 de outubro de 2026 no edificio administrativo do mencionado concello.
A Coruña, 12 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2010/268-1.
Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.
Denominación da instalación: LAT 220 kV Lousame-Tivo.
Concello: Brión.
|
Predio |
Lugar |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
126 |
Abeleiro Longo |
En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003 |
21.10.2026 |
12.50 |
|
346 |
Esivada de Beca |
María Botana Zapata, Manuel Pérez Barco e herdeiros de Manuel Barco Salgueiro |
21.10.2026 |
12.20 |
|
348 |
Esivada de Beca |
María Soledad e Alfredo Romero Pedreira, Manuel Romero Cobas e Adelina Pedreira Barreiro |
21.10.2026 |
12.40 |
|
349 |
Esivada de Beca |
Descoñecida |
21.10.2026 |
12.50 |
