DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 26 de agosto de 2026 Páx. 46727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 12 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e dos xuros no expediente de expropiación IN407A 2010/268-1, no concello de Padrón.

Para cumprir co que dispón o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de pagamento dos prezos xustos e dos xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV Lousame-Tivo, no concello de Padrón (expediente IN407A 2010/268-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla máis abaixo, e que terá lugar o día 22 de outubro de 2026 no edificio administrativo do mencionado concello.

A Coruña, 12 de agosto de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV Lousame-Tivo.

Concello: Padrón.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

0-1

Monte Pedroso

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

22.10.2026

11.40

18

Costa

Jesús Ruibal Piñeiro e outras

22.10.2026

10.50

22

Costa

Celsa Grela Sorribas

22.10.2026

11.00

69

Penidos de Abaixo

Serafina García Mirón e herdeiros de Josefa García Mirón

22.10.2026

11.10

103

Monte de Pazos

Comunidade Veciñal Forataria do Monte Pedroso O Coto Rodado dos Pedrosos

22.10.2026

11.30