DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 26 de agosto de 2026 Páx. 46722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 5 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2026/193-1).

Expediente: IN407A 2026/193-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CR, RBTS e reforma LMTA para enlace entre LMT SCY822 e SCY824.

Concello: Santiago de Compostela.

1. Características técnicas:

– LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 2.564 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no PA/S proxectado no apoio núm. A7BKS2TS//D40 existente das LMT SCY824 (Vilares-Aguas24) e SCY822 (Fecha-Bargo 22), procedentes da subestación San Caetano, e remate no CR proxectado. Instalación de reconectador telecontrolado (RC) en apoio núm. D40 para entroncar a LMTS proxectada coa LMT SCY822.

– Desmantelamento tramo LMTA a 20 kV, de 1.775 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. A72FHV8K//44 existente da LMT SCY822 e remate no apoio núm. Pr1 proxectado tipo C-2000/12 (PA/S) en fin de liña. Retirada dos apoios intercalados.

– LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 45 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no CR proxectado e remate no apoio Pr1 proxectado.

– LMTS (actuación 3) a 20 kV, de 160 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe no CR proxectado e remate no apoio núm. A6JO223K//27 existente que se vai substituír (Pr3 proxectado) por tipo C-2000/14, e retirada do interruptor-reconectador existente neste apoio da LMT SCY824.

– Desmantelamento tramo LMTA a 20 kV, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. 27 existente que se vai substituír da LMT SCY822 e remate no apoio núm. A6M0LIJG//56 CT que se vai substituír.

– Retensado tramo LMTA (actuación 1) a 20 kV, de 288 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. A7E74AX2//D39 existente das LMT SCY824 e SCY822 e remate no apoio núm. A78338KS//D41 existente.

– Retensado tramo LMTA (actuación 2) a 20 kV, de 140 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. A6LGMVFN//58 existente da LMT SCY822 e remate no apoio Pr1 proxectado. Substitución do apoio núm. A6LGMVCH//57 por un de tipo C-1000/12 e retirada do seccionador SXS existente.

– Retensado tramo LMTA (actuación 3) a 20 kV, de 155 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio núm. 27 que se vai substituír da LMT SCY824 e remate no apoio núm.A6GHITII//28 existente.

– Centro de reflexión (CR) Miramontes, tipo convencional, en edificio prefabricado. O CR terá 250 kVA de potencia instalada e servirá como instalación de enlace entre as liñas SCY824 (Vilares-Aguas24) e SCY822 (Fecha-Bargo 22):

• 2 celas de liña para a entrada e saída da LMT SCY822.

• 2 celas de liña para a entrada e saída da LMT SCY824.

• 1 cela de acoplamento de barras para realizar o seccionamento e manobra entre os dous grupos de celas anteriores.

• 1 cela de protección de trafo.

– Desmantelamento do CTI Miramontes (15AD87) instalado en apoio núm. 56 da SCY824 que se vai substituír.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica, e no seu caso, achegar as alegacións ou observacións que estimen axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 5 de agosto de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Santiago de Compostela.

Nº de parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afectación de solo en pleno dominio

Afectación de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

ml aér.

ml sot.

m² aér.

m² sot.

1

Arriba dos Piñeiros 15079A75200196

Rústico

Agrario

Matogueira

José María Noya Otero

AP núm. 1 + CT Miramontes

62.0

5.0

12.0

2

O Torneiro

15079A75200197

Rústico

Agrario

Matogueira

José María Noya Otero

AP núm. 2

2,0

3

O Torneiro

15079A75200252

Rústico

Agrario

Matogueira

José María Noya Otero

AP núm. 3

2,0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m² aér.: superficie de servidume aérea en m².

m² sot.: superficie de servidume soterrada.