Mediante a Resolución deste departamento territorial, do 7 de maio de 2026, outórgase a declaración de utilidade pública, que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA SMC729 soterramento entre os apoios AJOQKO7027 e AJPVHOUQ27-7-CT, no concello de Cambre (expediente IN407A 2025/117-1), a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Este departamento territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa e co artigo 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 2 de outubro de 2026 para redactar as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e os de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Cambre, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro de 2026, no Boletín Oficial da provincia do 9 de febreiro de 2026 e no xornal La Voz de Galicia do 11 de febreiro de 2026. A este acto deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, que serán notificadas individualmente, e na notificación indicaránselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e o posterior levantamento efectivo das actas na oficina da casa do devandito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas, cando se ignore o lugar de notificación ou ben cando, unha vez intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio da convocatoria no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 4 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
