Roberto Ruibal Gómez, con DNI ***0460**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de A Rascadería, Tenorio (Cerdedo Cotobade), por este anuncio convoco para o vindeiro sábado día 17 de outubro de 2026, na Casa do Cruceiro, nº 16 (Cerdedo Cotobade), ás 17.30 horas en primeira convocatoria e ás 18.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Contas do exercicio 2025.
3. Actualización (renovación) da concesión das augas pola Comunidade de Montes.
4. Autorización pola comunidade de montes, colocación de arquetas e postes de sinalización na rede xeral de abastecemento.
5. Informes xerais, do presidente e secretario, do estado e funcionamento desta comunidade.
6. Información sobre temas das subvencións.
7. Rogos e preguntas.
Cerdedo Cotobade, 3 de agosto de 2026
Roberto Ruibal Gómez
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de A Rascadería
