Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 28 de xullo de 2026, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para reaxustar as aliñacións do camiño de Salgueiros, no núcleo urbano de Reboredo.
|
Tipo de instrumento: |
Estudo de detalle |
|
Ámbito: |
Tramo fronte ás parcelas con referencia catastral 6229121NG9862N0000JZ e 6229123NG9862N0001DX, en Reboredo |
|
Instrumento que desenvolve: |
PXOM |
|
Obxecto: |
Reaxustar as aliñacións do camiño de Salgueiros, no núcleo urbano de Reboredo, no concello de San Cibrao das Viñas |
|
Clasificación do solo: |
Solo urbano consolidado |
|
Cualificación do solo: |
Uso viario e uso residencial |
De conformidade co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública por prazo dun mes, contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o período de información pública, quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará ao dispor das persoas interesadas na sede electrónica deste concello (http://sancibrao.sedelectronica.es).
Así mesmo, suspéndese o outorgamento das seguintes licenzas nas áreas afectadas polo estudo de detalle e cuxas novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, que son as seguintes:
|
Áreas obxecto de suspensión de licenzas |
Tipo de licenza |
|
Referencias catastrais: 6229124NG9862N 6229123NG9862N 6229121NG9862N 6229121NG9862N |
Licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición |
A duración da suspensión será como máximo de 2 anos.
Se transcorrido o devandito prazo non se tivesen presentado alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.
San Cibrao das Viñas, 20 de agosto de 2026
Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa
