O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 30 de xullo de 2026, de acordo co disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), acordou cambiar o uso dunha parcela dotacional viaria pública sen urbanizar existente na área de repartición PP 30 por un uso dotacional público de sistema xeral de espazos libres, que pasa a incrementar a superficie do sistema xeral lindeiro polo leste, de conformidade co que se describe na memoria e planos elaborados polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos e Sara Prieto Hortas, asinados o 18.5.2026.
Faise público este acordo consonte o previsto no artigo 82.2 da LSG. Poderase acceder ao documento no seguinte enlace:
https://sedeelectronica.naron.es/opensiac/action/consultadocumentos?id=1758996&hash=6eb2c076008dbd0da5267d87968536fe5e4ac9e155e747288e7743878f66340
Tamén se poderá acceder a este anuncio no apartado de verificación de documentos administrativos da sede electrónica municipal co seguinte código de verificación electrónica: 4S2G4U55176R02391DN2.
Narón, 5 de agosto de 2026
Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa
