DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 26 de agosto de 2026 Páx. 46772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Fonsagrada

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución das obras de instalación da tubaxe de saneamento ata a EDAR, prevista no proxecto de execución denominado Urbanización do polígono industrial da Fonsagrada.

Mediante o Decreto da Alcaldía 2026-0432, do día 28.7.2026, acordouse a aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos, bens e dereitos necesarios para a execución das obras de instalación da tubaxe de saneamento ata a estación depuradora de augas residuais (EDAR), prevista no proxecto de execución denominado «Urbanización do polígono industrial da Fonsagrada».

Consonte o disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública, polo período dun mes, o citado proxecto de expropiación, mediante a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que calquera persoa que resulte interesada poida examinar o expediente e formular as observacións ou alegacións que considere convenientes.

Igualmente, o acordo notificarase aos titulares dos bens e dereitos que figuran nel, aos cales se lles enviará a correspondente folla de valoración e a proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes.

Durante o prazo de información pública, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio ou desde o día seguinte ao da correspondente notificación, o proxecto de expropiación estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:

– Concello da Fonsagrada, Praza do Concello, s/n, os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas.

– Sede electrónica do Concello da Fonsagrada: https://www.afonsagrada.org

A relación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación é a seguinte:

Nº de predio

Titulares

Superficie de ocupación temporal (m2)

Outros bens

Importe (€)

2

María Lidia Fernández Neira, María Jesús Díaz Fernández e María Carmen Díaz Fernández

324

2 uds. árbores frondosas

64,08

15

María Otilia Fernández Vidal, Olga Fernández Vidal, José Antonio Fernández Vidal, Carlos Fernández Vidal e María Teresa Fernández Vidal

91

7 m peche de estacas de madeira e 3 fíos

81,55

16

Placentina Campa Pérez, Manuel Pérez Campa, Josefa Pérez Campa e Xavier Pérez Campa

211

7 m peche de estacas de madeira e 3 fíos

111,55

17

María Visitación Lobera López e Manuel Pérez Campa

695

8 castiñeiros con protector e 7 m peche de estacas de madeira e 3 fíos

369,00

18

María del Carmen Toimil Fernández e Ramiro López Álvarez

251

14 m peche de estacas de madeira e 3 fíos

180,35

19

Elsira López Pérez, María Pilar López López, José Antonio López López, María Digna López López e Jesús López López

852

213,00

20

José Javier López López, María López López e Amparo López López

413

14 m peche de estacas de madeira e 3 fíos, 42 eucaliptos Ø 20 cm

828,66

21

Elisa Álvarez Rancaño, Elena Álvarez Álvarez e José Luis Álvarez Álvarez

100

14 m peche de estacas de madeira e 3 fíos

142,60

22

Placentina Campa Pérez, Manuel Pérez Campa, Josefa Pérez Campa e Xavier Pérez Campa

271

67,75

23

María Nieves Pérez Pérez

394

7 m peche de estacas de madeira e 3 fíos, 2 uds. desprazar comedeiros gando

241,30

24

Emilio Rodríguez Canel

487

14 m peche de estacas de madeira e 3 fíos

255,10

25

María Luisa Pereira Díaz

972

25 piñeiros radiata Ø 50-60 cm, 12 carballos novos, 1 frondosa Ø 50 cm

1.748,04

32

José Alonso Carballido

1.338

70 m de muro de PSP de 0,60 m de altura

4.744,50

33

María de las Mercedes Pérez Abraira, María del Carmen Pérez Abraira e María Abraira Sarceda

411

35 castiñeiros Ø 30 cm

1.703,07

34-a

María Rosa Ferreiro Fernández

134

33,50

34-b

Concepción Ferreiro Fernández

134

33,50

34-c

Carlos López López

267

66,75

34-d

Dositeo López López, José María López López, Sergio López López e Manuel López López

67

16,75

35

María Luisa Pereira Díaz

160

147 m peche de estacas de madeira e 3 fíos, 6 carballos

346,60

36

José Alonso Carballido

793

1 castiñeiro Ø 100 cm, 1 nogueira Ø 100 cm

711,50

37

Marcos Álvarez López e María del Mar Piedralba Rico

358

15 castiñeiros

1.439,00

38

Herdeiros de Ermitas Álvarez Fernández

33

6 bidueiros

79,56

39

Placentina Campa Pérez, Manuel Pérez Campa, Josefa Pérez Campa e Xavier Pérez Campa

26

6 bidueiros

78,72

40

María Lidia Fernández Neira, María Jesús Díaz Fernández e María Carmen Díaz Fernández

36

6 bidueiros

79,92

41

José Javier López López, María López López e Amparo López López

85

30 piñeiros pseudotsuga Ø 60 cm

1.955,64

42

Elsira López Pérez, María Pilar López López, José Antonio López López, María Digna López López e Jesús López López

15

12 eucaliptos Ø 30 cm

316,80

43

María de las Mercedes Pérez Abraira, María del Carmen Pérez Abraira e María Abraira Sarceda

45

5,40

44

Herdeiros de Antonio Álvarez Martínez

65

7,80

A Fonsagrada, 5 de agosto de 2026

Carlos López López
Alcalde