DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 26 de agosto de 2026 Páx. 46759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de agosto de 2026 pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario número 205 2026 no expediente de reposición da legalidade número PON 231 2019 X1.

Para cumprir co solicitado polo Tribunal de Instancia-Sección do Contencioso-Administrativo, sito na praza número 1 de Vigo, con relación ao procedemento ordinario número 205 2026, interposto polas persoas cos DNI 36032441C e 35982498X, contra a resolución ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 20 de abril de 2026, que inadmite o recurso extraordinario de revisión, interposto contra a Resolución do 28 de agosto de 2025 (expediente PON 231 2019 X1) –pola que se declara que as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica e sen licenza urbanística municipal, que consisten na construción dunha edificación para uso residencial, na rúa Manuel González Prado, 72 B, San Pedro, no concello de Nigrán, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que desen lugar–, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal de Instancia-Sección do Contencioso-Administrativo, sito na praza número 1 de Vigo.

Ao non poder realizarse la notificación persoal del emplazamiento mediante a presente cédula –que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado–, emprázase a persoa co DNI 35971311R para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2026

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística