A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da praza número 2 da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Santiago de Compostela, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 201/26, en relación co proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución de 16 de novembro de 2023, publicado no DOG do 22 de novembro.
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
