A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio do Xulgado do Social número 4 de Lugo, polo que se solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo IAA 897/2025, con relación ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
