DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 27 de agosto de 2026 Páx. 46842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, de convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Antas de Ulla (expediente IN407A 2025/18 ATE).

Para cumprir o disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando o interesado nun procedemento sexa descoñecido, se ignore o lugar da notificación ou ben, logo de intentar esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselle á persoa interesada a convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 14 de agosto de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente IN407A 2025/18 ATE.

Denominación: Regulamentación LMTA PAL806 no tramo entre os apoios número 42-186 e número 42-186-7, no concello de Antas de Ulla.

Nº de predio

Políg.

Parc.

Propietario

Data das actas

Hora

6

78

377

Descoñecido

5.11.2026

12.00