DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 27 de agosto de 2026 Páx. 46838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 16 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da ampliación de superficie da concesión de explotación Serrabal, número 6073, situada nos concellos de Vedra e Boqueixón (A Coruña), promovida por Ferroglobe Ramsa Mining, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro); no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño); no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño), e tendo en conta os artigos 27 e 32 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

ACORDA:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de ampliación de superficie da concesión de explotación Serrabal, número 6073, situada nos concellos de Vedra e Boqueixón (A Coruña), promovida por Ferroglobe Ramsa Mining, S.A.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente na Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, edificio administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal, no teléfono 981 184 9 13, así como no portal da devandita consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras. Por outra banda, poderán formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Logo de transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista na Lei 22/2013, do 9 de decembro, á que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía de Industria, tal e como establece a Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 16 de xullo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña