DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 27 de agosto de 2026 Páx. 46824

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 24 de agosto de 2026 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante Orde do 20 de xullo de 2026 (código do posto EI.A21.00.001.15770.001).

Mediante Orde do 20 de xullo de 2026 publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do 28 de xullo de 2026, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega da Industria Forestal.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria e adxudicarlle destino á persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada consoante o establecido nas bases da convocatoria realizada por Orde desta consellería do 20 de xullo de 2026, no posto de traballo que se indica no propio anexo.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa da súa Administración de orixe.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lles concederan ás persoas designadas. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da data de alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o/a funcionario/a e a xefatura de persoal daquel en que obteña destino efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2026

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Lloret Ares, María Purificación.

DNI: ***7994**.

Grupo/Subgrupo: A1.

Corpo/Escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: EI.A21.00.001.15770.001.

Denominación do posto: xerente.

Nivel: 30.

Dependencia: Axencia Galega da Industria Forestal.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.