De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se intentase a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, situadas na rolda da Muralla, núm. 70, das 9.00 ás 14.00 horas.
Unha vez que transcorra o devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación considerarase producida desde o día seguinte.
Lugo, 31 de xullo de 2026
María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: MON-LU-0016/2018-FOR.
NIF persoa interesada: 34245157C.
Acto que se notifica: acordo de imposición da 14ª multa coercitiva.
