DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de agosto de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución relativa á revisión do esbozo do monte veciñal en man común da Espasa, no concello de Chandrexa de Queixa.

Examinada a solicitude de revisión de esbozo formulada polos representantes do monte veciñal en man comun (en diante, MVMC) da Espasa, pertencente á Comunidade de Montes Vecinais en Man Común (en diante, CMVMC) da Espasa, no concello de Chandrexa de Queixa, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. O 28.8.2025 a CMVMC da Espasa presentou unha solicitude (Rexel núm. 2025/2351055) de revisión de esbozo do MVMC da Espasa, no concello de Chandrexa de Queixa.

Coa solicitude achegaron a seguinte documentación:

– Certificación do Acordo da Asemblea Xeral do 3.5.2025.

– Memoria e planos.

– Arquivos xeográficos en formato vectorial.

Segundo. O Servizo de Montes do Departamento Territorial de Ourense emitiu un informe favorable o día 2.2.2026 en relación coa citada solicitude. A revisión do esbozo solicitada comprende as partes lindeiras con particulares, coa excepción dun tramo duns 350 m situado na fachada sueste do monte, incluídos ademais algúns tramos estremeiros co MVMC de Vilar.

A superficie do MVMC da Espasa, unha vez modificado o esbozo, sería de 214,72 ha fronte ás 223 ha do acordo de clasificación, o que supón unha redución do 3,7 %.

Tendo en conta o anterior, infórmase favorablemente a revisión do esbozo solicitada.

Consideracións legais e técnicas:

Única. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade, non reúnan as características de fiabilidade e precisión que esixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 2.2.2026, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 22.6.2026:

Aprobar a proposta de revisión de esbozo do MVMC da Espasa, pertencente á CMVMC da Espasa, no concello de Chandrexa de Queixa.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 19 de agosto de 2026

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

ANEXO

missing image file