En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Concello de Ponte Caldelas.
Expediente: DH.A36.115586.
Volume total anual: 14.129,10 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 2,18 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: dez (10) mananciais situados nas parcelas 405 e 487 do polígono 8 do Catastro de Ponte Caldelas.
Lugar: Forzáns.
Parroquia: Forzáns.
Concello: Ponte Caldelas.
Descrición:
A auga captada en sete dos mananciais condúcese a un depósito cabeceira na parcela 424, polígono 7, do cal parte a rede de distribución ás vivendas que abastece este aproveitamento nos lugares de Caritel, O Coto e A Pousa, parroquia de Caritel (Ponte Caldelas). Recibe tamén a auga bombeada desde un depósito na parcela 486, polígono 7, procedente dos outros tres mananciais.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 2 de xullo de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da
Zona Hidrográfica de Galicia Sur
