De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación do emprazamento ao trámite de audiencia ás persoas interesadas cos DNI 33268776N e 33246520C, co obxecto de que comuniquen a súa expresa non oposición a que a interesada co DNI 33121726R que presentou o recurso de reposición actúe no nome da comunidade de propietarios do inmoble obxecto do dito expediente.
O expediente relacionado está á disposición das persoas interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Unha vez que transcorra o dito prazo, a notificación entenderase realizada.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para que aleguen o que consideren pertinente.
Para que conste, e para que lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2026
A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
