A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 22 de xuño de 2026, resolución de recurso potestativo de reposición ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/26/2013-RP1.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada, con DNI 35306965X, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderanse producida.
Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia ou en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2026
A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
