DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 19 de agosto de 2026 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/254/2020-RP1.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 24 de xullo de 2026, a resolución do recurso potestativo de reposición recaída no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/254/2020-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada, con DNI 77412223L, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de que transcorra o dito prazo, a notificación considerarase realizada.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia ou en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2026

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
Olalla Flores Fernández
Subdirectora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística