DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46880

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro do disposto na Orde do 23 de decembro 2025 pola que se procede á terceira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, para persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2026 (código de procedemento TR301X).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, a entidade beneficiaria e a cantidade concedida.

En virtude do anterior, o secretario xeral técnico, por delegación do conselleiro,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.03.323B.471.0 e 14.03.323B.481.0, en relación coa Orde do 23 de decembro 2025 pola que se procede á terceira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, para persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2026 (código de procedemento TR301X).

As persoas interesadas poden acceder e consultar a lista de beneficiarias das subvencións, coa indicación da convocatoria e da contía da subvención concedida, na seguinte ligazón:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias/881948

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2026

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego