DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46923

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de convocatoria do proceso de selección dunha praza de oficial de policía local por promoción interna.

Por Resolución da Alcaldía do 27 de maio de 2026, do Concello da Guarda, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso de selección dunha praza de oficial de policía local por promoción interna como persoal funcionario. A dita resolución publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 138, do 22 de xullo, e na sede electrónica do Concello da Guarda (www.aguarda.sedelectronica.gal).

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A Guarda, 29 de xullo de 2026

Roberto José Álvarez Carrero
Alcalde