DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46924

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO de aprobación das bases e da convocatoria para a selección de dous auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral fixo mediante oposición libre (expediente 981/2026).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 174, do 1 de agosto de 2026, publicáronse as bases reguladoras do proceso de selección de dous auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral fixo mediante oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo o previsto nas bases, faranse públicos na forma establecida nestas.

Guitiriz, 3 de agosto de 2026

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa