DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas na rolda da Muralla, números 37 e 38.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 25 de xuño de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a agregación de dúas parcelas na rolda da Muralla, números 37 e 38, no concello de Lugo, promovido pola entidade mercantil Mosquera Alvariño Promociones, S.L., de conformidade co que dispón o artigo 80 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Segundo. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e remitirlle o estudo de detalle á consellería competente en materia de urbanismo para inscribilo no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, conforme ao disposto nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

O contido íntegro do documento estará á disposición do público no sitio web do Concello de Lugo.

Terceiro. Contra a aprobación definitiva do estudo de detalle poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón: https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 16 de xullo de 2026

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía 4003/2026, do 12 de maio)
Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez
Tenente de alcaldesa e delegado da Área de Urbanismo