DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas de parcelas priorizadas (expediente 2026034884).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e logo de intentar a notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Ourense, por este anuncio ponse de manifesto que as persoas responsables que se indican a continuación incumpren a obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta

de inspección

Referencia catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

8.6.2026

4773165NG9847S0001JG

Cuarteis/Ourense

Comunidade de

Veciños de Ourense

8.6.2026

4773168NG9847S0001ZG

Cuarteis/Ourense

Herdeiros de Juan Suengas González

8.6.2026

4773167NG9847S0001SG

Cuarteis/Ourense

Estrella Sanmamed Penín

8.6.2026

4773147NG9847S0001QG

Cuarteis/Ourense

Herdeiros de José Mondelo Prado

1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección indicada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario da xestión da biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

2º. No caso de persistencia no incumprimento logo de que transcorra o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través de que a Administración realice as actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se imporá por multa coercitiva será de 100,00 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, a Administración poderá iniciar as actuacións materiais necesarias en calquera momento, unha vez que transcorra o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O concello procederá á liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento no que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez que a Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria finalice estes traballos e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Núm. de expediente

Referencia catastral

Ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2026034884

4773165NG9847S0001JG

0,0050 ha

1.688,89 €

8,29 €

2026034884

4773168NG9847S0001ZG

0,0116 ha

1.688,89 €

19,68 €

2026034884

4773167NG9847S0001SG

0,0203 ha

1.688,89 €

34,31 €

2026034884

4773147NG9847S0001QG

0,0808 ha

1.688,89 €

136,40 €

4º. Incumprir as obrigas indicadas constitúe unha infracción administrativa e dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellaría con competencias en materia de incendios forestais por razón do territorio no que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia de incendios forestais:

a) A persoa titular do departamento territorial da consellaría competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará á disposición das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Ourense, 5 de agosto de 2026

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente