DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 28 de agosto de 2026 Páx. 46933

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación do requirimento da xestión de biomasa (expediente 1424/2026 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que a notificación efectuada aos titulares dos bens que se relacionan a continuación resultou infrutuosa por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas responsables a decisión da Alcaldía deste Concello de proceder á execución subsidiaria de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas por mor do incumprimento destas obrigas, repercutíndolles os custos, de acordo co previsto na referida Lei 3/2007, do 9 de abril.

Segundo actas de inspección estendidas polo persoal do Concello de San Cibrao das Viñas, púxose de manifesto o incumprimento, unha vez transcorrido o prazo de 15 días naturais concedido aos titulares ou propietarios por medio de notificación persoal ou por anuncios no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, das obrigas de xestión da biomasa e/ou retirada de especies arbóreas nas seguintes parcelas:

Núm. de exped.

Ref. catastral

Lugar

Persoa interesada

Liquidación provisional

1424/2026

32076A501003910000Y

Pazos-Soutopenedo

Luis Alberto da Silva Pereira

877,88 €

1437/2026

32076A002002470000UI

O Piñeiral

Benito Bande Fernández

1.723,04 €

1496/2026

32076A058000550000UH

Soutopenedo

María José Perdiz Blanco

1.586,92 €

1496/2026

32076A058000600000UA

Soutopenedo

Francisco Domínguez Gómez

1.183,64 €

1778/2026

32076A017000310000UJ

O Picouto

Óscar Rivera Varela

1.788,55 €

O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

Os artigos 7.d, 22.4 e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilítanlle a este Concello a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, repercutíndolles os custos ás persoas responsables.

O Concello poderá liquidar o custo provisional de xeito anticipado desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados na Lei xeral tributaria, sen prexuízo da súa liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria.

Cando a identidade da persoa responsable non sexa coñecida no momento de proceder á execución subsidiaria, a repercusión dos custos aprazarase ao momento en que, se é o caso, chegue a ser coñecida, sempre que non prescribisen os correspondentes dereitos de cobranza a favor da Facenda pública.

O artigo 22.9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os accesos necesarios aos suxeitos que acometan os traballos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, sen que sexa preciso o consentimento do seu titular, salvo naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que se poderán adoptar medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxecto de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da dita Lei 3/2007, do 9 de abril.

O artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, establece que será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia de incendios forestais por razón do territorio no que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

O incumprimento das obrigas que a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece por parte da persoa propietaria do terreo implicará o incumprimento da función social da propiedade e será causa de expropiación forzosa por interese social no caso de que os custos acumulados da execución subsidiaria dos traballos de xestión da biomasa que a Administración actuante asumira con cargo ao seu orzamento, e que non lle poida repercutir a aquela por descoñecerse a súa identidade, superen o valor catastral da parcela.

San Cibrao das Viñas, 7 de agosto de 2026

Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa