Ao non ser posible a práctica da comunicación ao titular da referencia catastral que se relaciona, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, cando se ignore o lugar da notificación ou ben logo de intentar a notificación non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín oficial del Estado.
Para coñecer o contido íntegro do mencionado decreto, o contido do expediente atópase ao dispor da persoa interesada na Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.
Logo de que transcorra o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os interesados poderán formular as alegacións que consideren oportunas no prazo de 10 días hábiles.
As persoas responsables dispoñen dun prazo de 15 días naturais para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2026 do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 21 da Lei 3/2007 do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 desta última lei
|
Núm. Exped. |
Ref. Catastral |
Localización |
Interesado |
|
1425/2026 |
32076A018000070000US |
Belmonte |
Fariña Fariña, Celso |
|
1425/2026 |
32076A018000070000US |
Belmonte |
Fernández Espinosa, Ana María |
|
1575/2026 |
32076A040000920000UH |
San Cibrao das Viñas |
Vidal Gorgojo, Javier |
San Cibrao das Viñas, 7 de agosto de 2026
Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa
