DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 31 de agosto de 2026 Páx. 46974

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 14 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS310Q).

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h) que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas aos sectores da mocidade, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

O artigo 33 da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, establece que a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia exercerá as súas competencias a través da consellería competente en materia de xuventude, á cal lle corresponden, entre outras funcións, a xestión das actuacións en materia de xuventude, así como as políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil.

Pola súa parte, o artigo 9 da citada lei (Xuventude, creatividade e espírito emprendedor) reflicte que a Xunta de Galicia fomentará o espírito emprendedor, potenciando entre a xuventude un sistema de actitudes e preocupacións do cal formen parte a iniciativa propia, a responsabilidade, a planificación de obxectivos vitais, a perseveranza, o compromiso e a flexibilidade, e adoptará medidas e accións tendentes a que a xuventude encontre facilidades para a creación do seu propio posto de traballo, así como a posta en marcha dos seus propios proxectos empresariais.

O Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 146/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, establece que lle corresponde á Dirección Xeral de Xuventude, entre outras funcións, a xestión das actuacións en materia de mocidade, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil.

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a inquedanza artística individual e colectiva da xuventude galega, convoca unha serie de actividades que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e que constitúen o programa Xuventude Crea.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de subvencións; ao establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; á Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; ao Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e á Lei 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

CAPÍTULO I

Parte xeral

Artigo 1. Obxecto e finalidade

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e proceder á súa convocatoria para o ano 2026.

2. Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ (disc-jóckey), fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

3. O código de procedemento administrativo é o BS310Q.

Artigo 2. Convocatoria e especialidades

1. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca estes premios para o ano 2026. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos no artigo 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En todo o non previsto nestas bases será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Os premios do programa Xuventude Crea que se convocan inclúen as seguintes especialidades:

a) Artes plásticas.

b) Arte urbana.

c) Banda deseñada.

d) Cociña.

e) Creación de videoxogos.

f) Danza moderna.

g) Deseño de xoias.

h) DJ (disc-jóckey).

i) Fotografía.

j) Moda.

k) Música.

l) Novela curta.

m) Poesía.

n) Teatro.

ñ) Videocreación.

Artigo 3. Premios

1. Establécense os seguintes premios por cada unha das especialidades:

Un primeiro premio de 2.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Un premio especial de 1.000 € para a modalidade de música clásica da especialidade de música.

Poderanse outorgar mencións de honra, que carecerán de dotación económica, nas diferentes especialidades, a aquelas obras que consigan chegar á fase final en relación coas especialidades que establezan a dita fase a que acceden as persoas concursantes finalistas seleccionadas e que, coa avaliación da comisión de selección, acaden a suficiente calidade.

2. Cada participante non poderá recibir máis dun premio por especialidade, a excepción do premio especial da modalidade de música clásica, que será compatible coa obtención de calquera dos outros premios da especialidade de música.

3. A dotación destes premios será complementada de acordo co disposto na parte específica de cada especialidade respecto das persoas participantes que sexan seleccionadas para a fase final.

4. As contías dos premios obxecto desta convocatoria serán únicas e estarán suxeitas ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.

5. Segundo a calidade das obras, poderían ser declarados desertos ou compartidos algúns dos premios. Neste último caso, a contía do premio repartirase de xeito directamente proporcional ao número de obras premiadas.

6. Entregarase un diploma acreditativo a todas as persoas premiadas.

7. A obtención dun premio económico neste programa suporá a incompatibilidade de presentar a obra premiada a outros certames.

Artigo 4. Orzamento

Para o financiamento destes premios e das axudas para o desenvolvemento da fase final das especialidades determinadas na parte específica desta orde destínase un crédito de 87.900 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.480.10 consignada na Lei 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Artigo 5. Persoas destinatarias e requisitos

1. Poderán solicitar a participación na obtención dos premios nas especialidades do programa Xuventude Crea 2026 as persoas non profesionais –exceptúase este requisito para a especialidade de teatro, modalidade pro, nos termos establecidos no capítulo II para esta especialidade–, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos feitos no ano 2026, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.

b) Posuír nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude, e desenvolver a actividade artística nalgunha das modalidades obxecto destes premios maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Ou ser descendente de persoa emigrante galega ata o terceiro grao ou ter residencia habitual no estranxeiro, pero vinculada con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).

2. Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente con algunha empresa vinculada á especialidade concreta en que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.

3. A participación será sempre a título individual, salvo no caso das especialidades de cociña, creación de videoxogos, danza moderna, DJ (disc-jóckey), música, teatro e videocreación.

Nestas especialidades poderán presentarse asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas ou grupos informais.

No caso dos grupos informais, unha das persoas integrantes asumirá o papel de representante único/a do grupo, para o cal deberá achegarse cuberto o anexo III de poder de representación asinado por todas as persoas membros.

4. Se chegasen á fase final dalgunha das categorías persoas galegas residentes no exterior, a Dirección Xeral de Xuventude comprométese a estudar a formalización do oportuno instrumento xurídico para que a Secretaría Xeral de Emigración financie o custo dos billetes de ida e volta das persoas finalistas (como medida transversal dentro da Estratexia Galicia Retorna).

5. Aquelas persoas que gañasen o primeiro premio dunha especialidade das convocadas na edición do ano anterior non poderán participar na mesma especialidade nesta convocatoria.

6. Os requisitos establecidos neste artigo deberán complementarse co disposto no capítulo II (parte específica).

Artigo 6. Obras

1. Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade. Non se poderá participar coa mesma obra en distintas especialidades. Dous participantes distintos non poderán presentar a mesma obra na mesma especialidade.

2. As obras presentadas non poderán, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes:

a) Ter sido premiadas noutros certames ou concursos.

b) Ter sido expostas representadas ou publicadas, en soporte papel ou en soporte dixital, con fins comerciais ou lucrativos. Permitirase a publicación en redes sociais e páxinas web persoais.

c) Ter sido presentadas en anteriores edicións do programa Xuventude Crea.

d) Ter sido beneficiarias de axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización.

3. As obras presentadas non poderán incluír contidos xenófobos ou de calquera outro tipo que atenten contra a dignidade das persoas.

4. As obras presentadas non poderán incluír contidos creados con intelixencia artificial.

5. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente en que, en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer as persoas participantes.

Artigo 7. Solicitude e prazo de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas, as asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas e as persoas representantes delas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Os grupos informais e demais persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Os grupos informais presentarán unha única solicitude (anexo I) e deberán xuntarlle a declaración/comprobación de datos (anexo II), o poder de representación a favor dunha persoa membro deste (anexo III), a declaración responsable de compromiso de distribución de execución do proxecto (anexo IV) e a declaración responsable de titularidade da conta bancaria (anexo V), de acordo co previsto no artigo seguinte. As comunicacións efectuaranse coa persoa que conste como representante único/a do grupo informal no dito anexo III, cos poderes segundo o establecido no artigo 5.3.

3. Só se permite presentar na mesma solicitude a participación para unha das especialidades. No caso de querer presentarse a varias, a persoa solicitante deberá efectuar unha solicitude para cada especialidade.

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

5. Para poder optar aos premios do programa Xuventude Crea, as persoas participantes deberán presentar a documentación establecida no artigo seguinte.

6. A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria. Unicamente a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas bases, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non acadarse unha participación mínima de catro obras.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) No caso de que calquera persoa participante, a título individual ou colectivo, sexa menor de idade, precísase a autorización do pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión con ela relacionada.

b) A obra e a documentación que corresponda de acordo co disposto na parte específica para cada especialidade concreta. Esta documentación non pode levar ningún dato persoal.

Deberá presentarse separadamente a documentación relativa á obra, por un lado, e a propia obra, polo outro.

En todo caso, o soporte audiovisual que se envíe (ligazón de descarga ou memoria USB) deberá ter as óptimas condicións de visibilidade e gravación.

2. No caso de grupos informais, deberán achegar, ademais, a seguinte documentación:

a) Anexo II. Declaración/comprobación de datos. Deberá presentarse un anexo II por cada persoa membro do grupo, excepto a persoa representante que declara no anexo I.

b) Anexo III. Poder de representación a favor dunha persoa membro do grupo informal, asinado por todas as persoas que o compoñen.

c) Anexo IV. Declaración responsable da distribución dos compromisos de execución do proxecto entre os membros do grupo, expresado en porcentaxe, e asinado por todas as persoas que o compoñen.

d) Anexo V. Declaración responsable de titularidade da conta bancaria, asinado por todas as persoas que o compoñen. Todas as persoas membros do grupo informal deberán ser titulares da conta bancaria.

3. No caso de asociacións privadas sen ánimo de lucro, deberán achegar a acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.

4. As persoas galegas residentes no exterior deberán achegar a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa do seu nacemento en Galicia ou da ascendencia galega, que inclúa a documentación acreditativa do parentesco, cando proceda.

b) Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade: documento de identidade do país de residencia e pasaporte español ou outro documento en que consten os datos persoais e a nacionalidade, ademais do libro de familia ou documentación equivalente.

c) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia no exterior, en que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas e asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

8. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, en especial, as especialidades de creación de videoxogos, danza moderna, DJ (disc-jóckey), moda, música, teatro e videocreación, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 9. Emenda das solicitudes

Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá a persoa solicitante para que nun prazo improrrogable de 10 días hábiles, de conformidade co artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Se non o fai, considerase desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de resolución, que será ditada nos termos do artigo 21 da citada lei.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán realizarse os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento acreditativo da identidade da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso, consistente no número de identificación fiscal (NIF) no caso de persoas xurídicas e no documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) no caso de persoas físicas.

b) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) Datos de residencia con data de última variación do padrón da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán facer constar a súa oposición expresa no cadro habilitado para o efecto no anexo I (solicitude) e anexo II (en caso de grupos informais) e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Instrución do procedemento

O órgano instrutor do procedemento será a subdirección xeral con competencias en materia de programas para a xuventude da dirección xeral competente en materia de xuventude. Unha vez completos os expedientes remitiraos á Comisión de Selección prevista no artigo seguinte para a valoración das obras, de conformidade co disposto na parte específica para cada especialidade, e unha vez que este emita o informe previsto no artigo 14 elevará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver o procedemento.

Artigo 13. Comisión de selección

1. Para o exame e valoración das obras constituirase unha comisión de selección en cada especialidade, designada para o efecto por resolución da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, por proposta da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

2. Cada comisión de selección estará integrada por:

a) Unha presidencia: cargo que será exercido pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude ou pola persoa designada para que a substitúa.

b) Vogais: ata un máximo de cinco, todas estas persoas profesionais e expertos/as de recoñecido prestixio na especialidade concreta que se valore.

3. A secretaría de cada comisión de selección será asumida por unha persoa técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, nomeada pola persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, así como a persoa que a supla, que participará con voz pero sen voto.

4. Na composición da comisión de selección procurarase acadar a presenza equilibrada de mulleres e homes.

5. Os nomes das persoas integrantes de cada unha das comisións de selección serán publicados na páxina web http://xuventude.xunta.gal

6. No caso de ausencia de calquera das persoas que compoñen a comisión de selección, ou da persoa que asuma a secretaría, serán substituídas, conforme os mesmos criterios de elección recollidos neste artigo, polas persoas que designe o órgano competente para o nomeamento daquelas.

7. A comisión, como órgano administrativo colexiado, rexerase pola Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e pola Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 14. Valoración das obras

1. A comisión de selección para cada especialidade examinará e valorará as diferentes obras presentadas, que lle serán remitidas polo órgano instrutor de xeito anónimo empregando o pseudónimo que conste na solicitude, para o que aplicará un baremo de 0 a 10 puntos na valoración de cada un dos seguintes conceptos:

a) Artes plásticas: valorarase a orixinalidade, a innovación, a presentación e a calidade da obra.

b) Arte urbana: valorarase a orixinalidade, a dificultade de execución, o deseño, a estrutura e a calidade da obra.

c) Banda deseñada: valorarase a técnica, a orixinalidade e as ilustracións (relación co texto, orixinalidade e calidade artística).

d) Cociña: valorarase a presentación, a orixinalidade, a innovación, o emprego de produtos galegos de calidade e o sabor.

e) Creación de videoxogos: valorarase a orixinalidade, a arte, a técnica, a audibilidade, a narrativa e o deseño de xogo e niveis.

f) Danza moderna: valorarase a técnica, a interpretación, a orixinalidade, a musicalidade, o vestiario e a coreografía.

g) Deseño de xoias: valorarase a orixinalidade, a selección de materiais, terminacións e os acabados.

h) DJ (disc-jóckey): valorarase a orixinalidade, a técnica nas mesturas, a concordancia da selección musical e a posta en escena.

i) Fotografía: valorarase a orixinalidade, a técnica, a presentación e calidade da obra.

j) Moda: valorarase a orixinalidade, a experimentación formal nos deseños, a selección de tecidos, o colorido, os patróns, os volumes e as texturas.

k) Música: valorarase a orixinalidade, a técnica, a dificultade, o ritmo, a voz ou voces en caso de habelas, a harmonía e a posta en escena.

l) Novela curta: valorarase a orixinalidade, a técnica, a estrutura, o estilo, a corrección ortográfica e gramatical, a claridade e a calidade da obra.

m) Poesía: valorarase a orixinalidade, o ritmo, o estilo, o uso de recursos estilísticos e literarios, a claridade e a calidade da obra.

n) Teatro: valorarase a orixinalidade, a interpretación, o dominio do espazo, a vestimenta e escenografía, o ritmo e a representación (expresión oral, expresión corporal, construción do/da personaxe).

ñ) Videocreación: valorarase a orixinalidade, a eficacia comunicativa, a técnica e a calidade da obra.

2. A comisión de selección para cada especialidade emitirá un informe coa valoración de cada unha das obras presentadas, tendo en conta o disposto no artigo 6 e no número anterior deste artigo.

Naquelas especialidades en que estea prevista unha fase final, a comisión de selección da especialidade emitirá, aplicando o mesmo baremo, un segundo informe despois desta fase, referido unicamente ás obras finalistas.

Artigo 15. Resolución e publicación da resolución

1. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da comisión de selección de cada especialidade, elevará ao órgano competente para resolver o procedemento a proposta de resolución das obras finalistas naquelas especialidades en que estea prevista unha fase final, a proposta de resolución das obras premiadas por cada especialidade ou a proposta de declaración da especialidade como deserta, se é o caso.

2. O órgano competente para resolver será a dirección xeral competente en materia de xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

3. Publicarase no Diario Oficial de Galicia, no prazo máximo de cinco meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

A resolución será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da dirección xeral competente en materia de xuventude, http://xuventude.xunta.gal

4. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen se ditar resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Artigo 16. Notificacións

1. As notificacións practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Réxime de recursos

1. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa, polo que contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2. Así mesmo, ao abeiro do artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 18. Difusión das obras

1. A participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, para o exercicio dos dereitos de difusión das obras presentadas no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

2. No caso de traballos premiados, a presentación a esta convocatoria implicará a colaboración nas accións de difusión que se organicen.

As persoas premiadas conservarán a propiedade das obras e a titularidade dos seus dereitos de propiedade intelectual. Non obstante, autorizarán a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, con carácter gratuíto, non exclusivo e sen finalidade comercial, para a reprodución, comunicación pública e posta á disposición das obras a través do portal web da Dirección Xeral de Xuventude (http://xuventude.xunta.gal), as redes sociais institucionais, catálogos, exposicións e demais accións de difusión directamente relacionadas co programa Xuventude Crea, con respecto en todo caso aos dereitos morais de autoría e integridade da obra.

3. As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da recepción da notificación coa decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, entendendo que as persoas autoras destas renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, e poderá darlles o destino que considere oportuno.

Artigo 19. Obrigas das persoas seleccionadas para a fase final e das persoas premiadas

1. As persoas autoras das obras seleccionadas para a fase final e as persoas autoras das obras premiadas deberán subministrar á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude os arquivos de código fonte necesarios para que as obras finalistas e premiadas poidan ser publicadas total ou parcialmente no formato máis adecuado.

2. As persoas autoras das obras seleccionadas para a fase final nos termos dos artigos 22, 24, 27, 29, 31, 33, 35, 37, 39, 41, 45 e 47 e as persoas autoras das obras premiadas deberán:

a) Acreditar, previamente á concesión e pagamento das axudas previstas para a participación na fase final e para os premios, que están ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

b) Reintegrar, total ou parcialmente, o importe da axuda da fase final e do premio no suposto de incumprimento dos requisitos e condicións establecidos para a súa concesión e das demais obrigas contidas nesta orde, na Lei 9/2007 ou na restante normativa que sexa de aplicación. Para a efectividade da devolución, tramitarase o correspondente procedemento de reintegro segundo o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

c) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

d) Cumprir os requisitos e obrigas recollidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 3 de xuño, e as restantes obrigas contidas nesta orde e demais normativa aplicable.

Artigo 20. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

CAPÍTULO II

Parte específica

Sección 1ª. Artes plásticas

Artigo 21. Condicións xerais

1. Establécense as seguintes modalidades: pintura e escultura.

2. As obras serán orixinais e o tema e as técnicas serán libres.

3. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán:

• Unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada. No caso de obras escultóricas, as fotografías deberán presentarse desde diferentes perspectivas para que se poida realizar a valoración adecuada destas.

• Ficha técnica da obra en que se indicará o título, o pseudónimo, o ano de realización, a técnica empregada, as dimensións reais, así como o seu peso (isto último só no caso da escultura).

As obras orixinais serán requiridas ás persoas participantes só no caso de que sexan seleccionadas para a exposición ou, previamente, para a avaliación pola comisión de selección e sexa necesario velas co fin de outorgar os premios.

No caso de escultura, o peso máximo da obra non poderá superar os 50 quilogramos.

No caso de presentación presencial, tanto a obra como a documentación achegaranse preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase na ficha técnica ou nun documento a maiores) ou, na súa falta, en memoria USB.

4. A organización non se responsabiliza das posibles roturas, danos, extravíos ou de calquera outro acto alleo á súa vontade que se produza nas obras.

5. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 22. Desenvolvemento da fase final

1. A fase final consistirá nunha exposición integrada polas obras seleccionadas que acaden a maior calidade artística, que se exhibirán no lugar e data que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

2. A dirección xeral competente en materia de xuventude porase en contacto coas persoas autoras das obras seleccionadas para esta fase final co fin de establecer as mellores condicións de entrega e recollida das ditas obras en cada caso; así mesmo, comunicaralles o lugar e a data en que terá lugar a exposición, todo isto sen prexuízo do disposto no número 5.

3. As persoas cuxas obras sexan seleccionadas para a fase final presentarán as súas obras en perfecto estado e cos elementos necesarios para realizar a montaxe. Cando a súa complexidade o requira serán elas mesmas as que se encarguen da montaxe.

4. As obras seleccionadas para a fase final serán enviadas empregando unha embalaxe cun material ríxido e suficientemente sólido que asegure a súa integridade.

As pinturas deberán levar marco ou bastidor.

Sección 2ª. Arte urbana

Artigo 23. Condicións xerais

1. As obras serán orixinais, inéditas e, de teren texto, este estará en galego.

2. O tema e a técnica serán libres.

3. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán:

a) A obra en formato dixital en tamaño de páxina A3 (realizado á man e presentado en cor), indicando título da obra e o pseudónimo.

b) Fotografías dos traballos realizados máis recentemente pola persoa solicitante (ou enderezo da internet onde se poidan ver os traballos).

No caso de presentación presencial, tanto a obra como a documentación achegaranse preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores) ou, na súa falta, en memoria USB.

4. A organización non se responsabiliza das posibles roturas, danos, extravíos ou de calquera outro acto alleo á súa vontade que se produza nas obras.

5. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 24. Desenvolvemento da fase final

1. Para a fase final poderán ser seleccionadas ata un máximo de 8 obras. A persoa autora das ditas obras será requirida para realizar un mural de aproximadamente 4×2 m (en posición horizontal) no lugar e na data que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

Para o financiamento dos gastos de material necesarios para o desenvolvemento da fase final desta especialidade, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará un crédito por un importe máximo de 250 € por participante.

2. A comisión de selección poderá valorar a descualificación da persoa finalista pola realización da obra fóra dos espazos e horarios asignados pola organización.

Sección 3ª. Banda deseñada

Artigo 25. Condicións xerais

1. As obras serán orixinais e inéditas.

2. A temática será libre, con textos en galego.

3. A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor.

4. A obra presentarase en formato dixital (tamaño de páxina A4 ou A3) e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas.

No caso de presentación presencial, tanto a obra como a documentación achegaranse preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores) ou, na súa falta, en memoria USB.

5. Cada obra deberá levar pseudónimo e título.

6. A organización non se responsabiliza das posibles roturas, danos, extravíos ou de calquera outro acto alleo á súa vontade que se produza nas obras.

7. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Sección 4ª. Cociña

Artigo 26. Condicións xerais

1. As obras (receitas) poderán realizarse de xeito individual ou en parella.

2. Só se admitirá unha receita por participante, sexa individual ou en parella.

3. A receita presentada por cada participante, ben de xeito individual ou ben en parella, poderá consistir na elaboración dun prato salgado ou doce. A base da receita será a utilización de produtos avalados polas diferentes denominacións de orixe de Galicia ou ben pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.

4. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán:

a) A receita cos seguintes datos: o título, o pseudónimo, a relación de ingredientes –avalados, prioritariamente, por algunha das denominacións de orixe de Galicia– e o proceso de elaboración.

b) Unha ou varias fotografías en cor do prato que resulte da receita presentada.

No caso de presentación presencial, tanto a obra como a documentación achegaranse preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores) ou, na súa falta, en memoria USB.

5. O tempo de elaboración da receita será para todas as persoas participantes de 2 horas.

6. A obra gañadora do primeiro premio poderá ser proposta para participar en eventos gastronómicos cos cales colabore a dirección xeral competente en materia de xuventude, así como en eventos de similar natureza.

7. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 27. Desenvolvemento da fase final

1. Para a fase final poderán seleccionarse ata un máximo de 6 participantes (individuais ou en parella) que deberán confeccionar a receita proposta e empratala en 5 pratos individuais para que a comisión de selección a valore.

O evento desenvolverase no lugar e na data indicados pola dirección xeral competente en materia de xuventude e o tempo de que dispoñen para a elaboración da receita será para todas as persoas participantes de 2 horas.

2. Para o financiamento dos gastos de material necesarios para o desenvolvemento da fase final desta especialidade, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará un crédito por un importe máximo de 75 € por participante (individual ou parella).

3. Todos os elementos da receita deberán elaborarse in situ.

4. As persoas participantes levarán a súa propia vaixela e enxoval, agás a cociña, que será proporcionada pola organización e previamente solicitaráselles a presentación dunha listaxe de necesidades técnicas para realizar os pratos.

Non se proporcionarán máquinas industriais.

Sección 5ª. Creación de videoxogos

Artigo 28. Condicións xerais

1. As obras poderán ser individuais ou en grupo.

Admitirase que ata un 25 % das persoas compoñentes do grupo supere os 30 anos.

2. Ningunha persoa participante poderá formar parte de máis dun grupo.

3. As obras consistirán nun prototipo funcional ou xogo completo co aspecto e calidade final. Serán orixinais, inéditas e os textos e audio en galego, agás a banda sonora que poderá estar en calquera lingua.

4. A temática será libre.

5. Os videoxogos deberán dispoñer, como mínimo, de versións para Windows ou Mac OS.

6. Os videoxogos deberán ser manexables con teclado e rato.

7. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán, preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase na ficha técnica ou nun documento a maiores) ou, na súa falta, en memoria USB:

a) Ficha técnica en que se inclúa o título, o ano de realización, a plataforma de execución, as instrucións de instalación e funcionamento e os requisitos mínimos para o seu correcto manexo.

b) O videoxogo, co título e o pseudónimo da persoa ou grupo de persoas autoras, xunto co seu gameplay.

En todo caso, a gravación deberá estar feita a velocidade real para que a súa duración corresponda desde o inicio ata a finalización do videoxogo e ten que estar en boas condicións, tanto de imaxe como de son, para a súa correcta visión, xa que en caso contrario a obra será rexeitada.

8. A obra gañadora do primeiro premio poderá ser proposta para participar en feiras de videoxogos con que colabore a dirección xeral competente en materia de xuventude, así como en eventos de similar natureza.

9. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 29. Desenvolvemento da fase final

1. Para a fase final poderán ser seleccionadas ata un máximo de 6 obras; as persoas autoras destas serán convocadas para unha exhibición en directo na data, horario e lugar que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

2. As persoas autoras (individuais ou grupos) destas obras deberán acudir á exhibición cunha copia de seguridade do videoxogo.

Sección 6ª. Danza moderna

Artigo 30. Condicións xerais

1. Inclúense nesta especialidade as obras de danza contemporánea, danza urbana, jazz-lírico e danza experimental.

2. As obras poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso cun mínimo de 2 e máximo de 30 integrantes.

3. Ningunha persoa participante poderá formar parte de máis dun grupo.

4. A duración da actuación non pode superar os cinco (5) minutos.

5. A coreografía debe ser inédita.

6. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán, preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores) ou, na súa falta, en memoria USB:

a) Unha gravación que recolla a actuación. A obra poderá ser producida en calquera formato de vídeo (preferentemente formato AVI ou MPEG) e figurará o título e o pseudónimo da persoa autora.

En todo caso, a gravación debe estar feita a velocidade normal para que a súa duración corresponda coa duración real da representación, non ter sido editada e ten que estar en boas condicións, tanto de imaxe coma de son, para a súa correcta visión.

b) Música da coreografía.

c) Ficha técnica en que se detalle o título da obra, a duración, a persoa coreógrafa, a música e o attrezzo da coreografía.

d) No caso de que as persoas participantes presenten unha obra acompañada de música orixinal, ficha técnica en que se detalle o nome da persoa compositora; a relación nominal dos/das músicos/as intérpretes con indicación dos instrumentos que tocan; especificación de se a música foi composta especialmente para a coreografía presentada e, por tanto, é orixinal, e indicación se, para o caso de ser seleccionada para a fase final, a música será gravada ou interpretada en directo.

e) Autorización escrita para gravar ou emitir a súa actuación, se é o caso, na fase final da especialidade.

7. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 31. Desenvolvemento da fase final

1. Para a fase final poderán ser seleccionadas ata un máximo de 8 obras, que serán as que se representen en directo no día, lugar e hora que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

2. As persoas seleccionadas (individuais ou grupos) para esta actuación final deberán acudir cunha copia de seguridade da montaxe musical, en memoria USB, que debe conter só a montaxe musical da actuación.

3. Para as actuacións da fase final as persoas seleccionadas levarán, se é necesario, os seus propios instrumentos e attrezzo.

4. O equipo técnico de son e luces proporcionarao a organización en coordinación coas persoas finalistas e será manexado polo persoal técnico da organización.

5. A dirección xeral competente en materia de xuventude reserva para si a posibilidade de utilizar un fragmento da obra de ata un máximo de tres minutos para a súa posible difusión nas redes sociais e medios de comunicación, nos termos recollidos no artigo 17.

Sección 7ª. Deseño de xoias

Artigo 32. Condicións xerais

1. A colección, que poderá ser tanto para home como para muller, debe ser orixinal e estará composta por 3 xoias. O remate das pezas debe traballarse en metal con pezas de xoiaría, excluíndo a utilización de pezas compradas.

2. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán:

a) Fotografías de cada unha das 3 xoias, tomadas desde ángulos diferentes e sobre unha base branca.

b) Unha memoria que conteña a ficha técnica da colección, indicando título da obra e o pseudónimo, a información do proceso de elaboración, os materiais empregados e calquera outro dato anónimo que sexa de interese para a súa comprensión e valoración.

No caso de presentación presencial, tanto a obra como a documentación achegaranse preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores) ou, na súa falta, en memoria USB.

3. A organización non se responsabiliza das posibles roturas, danos, extravíos ou de calquera outro acto alleo á súa vontade que se produza nas obras.

4. A obra gañadora do primeiro premio poderá ser proposta para participar en eventos de referencia deste sector artístico con que colabore a dirección xeral competente en materia de xuventude, así como en eventos de similar natureza.

5. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 33. Desenvolvemento da fase final

Para a fase final poderán ser seleccionadas ata un máximo de 6 participantes que exhibirán as súas coleccións no lugar e data que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

Para o financiamento dos gastos de material necesarios para o desenvolvemento da fase final desta especialidade a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará un crédito por un importe máximo de 75 € por participante.

Sección 8ª. DJ (disc-jóckey)

Artigo 34. Condicións xerais

1. As obras poderán ser individuais ou en parella.

2. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán:

a) Preferiblemente mediante ligazón que permita a súa descarga ou, na súa falta, mediante USB, a gravación da sesión en directo ou da sesión de audio.

b) Ficha técnica en que se inclúa o título e pseudónimo, un breve argumento e datos técnicos e artísticos de interese.

3. As sesións poderán ser producidas en calquera formato de vídeo ou en audio e terán unha duración máxima de 20 minutos.

A dirección xeral competente en materia de xuventude reserva para si a posibilidade de utilizar un fragmento da sesión de audio de ata un máximo de tres minutos, para a súa posible difusión nas redes sociais e medios de comunicación, nos termos recollidos no artigo 17.

4. A obra gañadora do primeiro premio poderá ser proposta para participar en festivais de música con que colabore a dirección xeral competente en materia de xuventude, así como en eventos de similar natureza.

5. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 35 Desenvolvemento da fase final

1. Para a fase final poderán seleccionarse ata un máximo de 6 participantes, que presentarán publicamente as súa sesións no lugar e data que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

2. Para as actuacións da fase final as persoas participantes levarán os seus propios medios técnicos.

Sección 9ª. Fotografía

Artigo 36. Condicións xerais

1. As obras serán orixinais e o tema e as técnicas serán libres.

2. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán:

a) Unha ou varias fotografías, ata un máximo de 6, en cor ou en branco e negro da obra presentada.

b) Ficha técnica da obra en que se indicará o título, o pseudónimo, o ano de realización, a técnica empregada e as dimensións reais.

No caso de entrega presencial, tanto a obra como a documentación achegaranse preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores ou na ficha técnica) ou, na súa falta, en memoria USB.

3. As obras orixinais serán requiridas ás persoas participantes só no caso de que fosen seleccionadas para a exposición establecida no seguinte artigo ou previamente para a avaliación pola comisión de selección, se esta o considera necesario.

4. A organización non se responsabiliza das posibles roturas, danos, extravíos ou de calquera outro acto alleo á súa vontade que se produza nas obras.

5. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 37. Desenvolvemento da fase final

1. A fase final consistirá nunha exposición integrada polas obras seleccionadas, que se exhibirán no lugar e data que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

2. A dirección xeral competente en materia de xuventude porase en contacto coas persoas autoras das obras seleccionadas para a exposición, co fin de establecer as mellores condicións de entrega e recollida en cada caso e, ademais, comunicará o lugar e a data en que terá lugar o evento, todo isto sen prexuízo do disposto no número 5 deste artigo.

3. As persoas seleccionadas para a exposición presentarán as súas obras en perfecto estado e cos elementos necesarios para realizar a montaxe. Cando a súa complexidade o requira, a montaxe faraa a persoa autora.

4. As obras seleccionadas para a exposición serán enviadas empregando unha embalaxe cun material ríxido e suficientemente sólido que asegure a súa integridade.

Sección 10ª. Moda

Artigo 38. Condicións xerais

1. As coleccións deben ser orixinais.

2. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán:

a) Unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller, presentada en láminas de formato A3 (297×420 mm), con deseño de fronte e de costas. Terán que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados.

b) Ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección, indicando o título da obra e o pseudónimo.

3. A organización non se responsabiliza das posibles roturas, danos, extravíos ou de calquera outro acto alleo á súa vontade que se produza nas obras.

4. A colección gañadora do primeiro premio poderá ser proposta para participar en eventos de referencia da moda cos cales colabore a dirección xeral competente en materia de xuventude, así como en eventos de similar natureza.

5. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 39. Desenvolvemento da fase final

Para a fase final poderán ser seleccionadas ata un máximo de 8 participantes que exhibirán as súas coleccións no lugar e data que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

Para o financiamento dos gastos de material necesarios para o desenvolvemento da fase final desta especialidade, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará un crédito por un importe máximo de 450 € por participante.

Sección 11ª. Música

Artigo 40. Condicións xerais

1. Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea, así como solistas e grupos de música clásica, que serán os que poidan optar, ademais, ao premio especial de 1.000 € establecido no artigo 3.

Admitirase que ata un 25 % das persoas compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical coas persoas participantes que se presenten como solistas.

2. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán:

a) Declaración responsable acreditativa de que o grupo ou solista dispón dun repertorio dun mínimo de 30 minutos.

b) Autorización escrita para gravar ou emitir a súa actuación, se é o caso, na fase final da especialidade.

c) Preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores ou na ficha técnica) ou, na súa falta, mediante memoria USB:

• Maqueta debidamente identificada co pseudónimo e título e gravada polas persoas compoñentes inscritas, con dous temas, que serán os que avaliará a comisión de selección e unha duración máxima de dez minutos. Un dos temas deberá ser en galego, agás que se trate de pezas instrumentais.

• Letras, se as houber, dos temas incluídos na maqueta, debidamente mecanografadas.

• Ficha técnica en que se detalle o título, a duración e o pseudónimo da persoa autora dos temas presentados, seguindo a orde presentada na gravación.

• Fotografía recente do grupo ou solista.

A dirección xeral competente en materia de xuventude reserva para si a posibilidade de utilizar un fragmento da obra de ata un máximo de tres minutos para a súa posible difusión nas redes sociais e medios de comunicación, nos termos recollidos no artigo 17.

3. Os temas serán de creación propia e nunca antes editados comercialmente, agás na modalidade de música clásica.

4. A obra gañadora do primeiro premio poderá ser proposta para participar en festivais de música de Galicia cos cales colabore a dirección xeral competente en materia de xuventude, así como en eventos de similar natureza.

5. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 41. Desenvolvemento da fase final

1. Para a fase final poderán seleccionarse ata un máximo de 8 participantes (solistas ou grupos) de calquera modalidade, que presentarán publicamente os seus dous temas no lugar e data que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

Para o financiamento dos gastos da actuación necesarios para o desenvolvemento da fase final desta especialidade, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará un crédito por un importe máximo de 450 € no caso de grupos ou de 250 € no caso de solistas.

2. Para as actuacións da fase final, as persoas participantes levarán os seus propios instrumentos, agás a batería, que será proporcionada pola organización.

3. O equipo técnico de son e luces proporcionarao a organización en coordinación coas persoas finalistas e será manexado polo persoal técnico da organización.

Sección 12ª. Novela curta

Artigo 42. Condicións xerais

1. A obra será orixinal, inédita e en galego.

2. O tema será libre.

3. A obra realizarase a ordenador, indicando o título da obra e o pseudónimo, en tamaño 12, tipografía Arial e a dobre espazo. Terá unha extensión mínima de 80 páxinas e máxima de 200 e as follas estarán numeradas.

No caso de presentación presencial, tanto a obra como a documentación achegaranse preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores) ou, na súa falta, mediante memoria USB.

4. A obra gañadora do primeiro premio poderá ser obxecto de edición e publicación, e a dirección xeral competente en materia de xuventude asumirá os custos da primeira edición, de ser o caso.

5. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Sección 13ª. Poesía

Artigo 43. Condicións xerais

1. A obra será orixinal, inédita e en galego.

2. O tema e a técnica serán libres.

3. A obra realizarase a ordenador, indicando o título da obra e o pseudónimo, en tamaño 12, tipografía Arial e a dobre espazo. Terá unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100 e as follas estarán numeradas.

No caso de presentación presencial, tanto a obra como a documentación achegaranse preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores) ou, na súa falta, mediante memoria USB.

4. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Sección 14ª. Teatro

Artigo 44. Condicións xerais

1. Créanse dúas modalidades dentro da especialidade de teatro:

a) Amador: para grupos de teatro xuvenís vinculados a centros de educación secundaria, grupos de teatro amadores ou escolas municipais de teatro, entre outros.

b) Pro: para compañías de teatro de nova creación, profesionais emerxentes, grupos de teatro formados por alumnado ou egresados da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, entre outros.

Poderán concorrer persoas individualmente ou grupos teatrais, non profesionais, que desenvolvan a súa actividade maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia e o acrediten suficientemente coa oportuna documentación xustificativa, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2026. Un 75 % das persoas compoñentes do grupo deberán cumprir os requisitos de idade e traxectoria profesional.

En calquera caso, tanto as persoas integrantes da dirección como as do equipo técnico non se verán afectadas polo disposto no artigo 5.1.

2. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, os grupos participantes presentarán, preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase nun documento a maiores) ou, na súa falta, mediante memoria USB:

a) Unha síntese da obra: título, pseudónimo da persoa autora e adaptación dos diálogos, de ser o caso, e da posta en escena: número de personaxes, tipo de decorado, vestiario, espazo que se precisa.

b) Unha representación da obra presentada a concurso ou dun ensaio xeral, feito con posterioridade ao 1 de setembro de 2025.

En todo caso, a gravación debe estar feita a velocidade normal para que a súa duración corresponda coa duración real da representación e ten que estar en boas condicións, tanto de imaxe coma de son, para a súa correcta visión.

c) O texto transcrito da obra.

3. As representacións serán en lingua galega.

4. As obras poderán ser de autoría galega, española ou estranxeira.

5. Poderán presentarse obras orixinais.

6. A duración da representación de cada obra non poderá ser inferior a trinta minutos nin exceder unha hora e trinta minutos.

7. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha unha compañía teatral. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en material de emprendemento e de cultura.

Ademais, a Dirección Xeral de Xuventude comprométese a estudar a posible colaboración co Centro Dramático Galego para que, a través das canles xurídicas oportunas, este poida apoiar as persoas gañadoras do primeiro premio na modalidade pro impulsando o lanzamento do seu proxecto artístico (esta colaboración concretarase en función das necesidades do proxecto).

Artigo 45. Desenvolvemento da fase final

Para a fase final poderán ser seleccionados ata un máximo de 8 grupos (4 na modalidade amador e 4 na modalidade pro), que serán os que representen as obras ante a comisión de selección, no lugar e na data que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

Para o financiamento dos gastos de actuación necesarios para o desenvolvemento da fase final desta especialidade, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destinará un crédito por un importe máximo de 600 € por grupo. Nesta fase final, a montaxe da escenografía de cada grupo non poderá exceder as dúas horas.

Sección 15ª. Videocreación

Artigo 46. Condicións xerais

1. As obras poderán ser individuais ou en grupo e serán orixinais, inéditas e en galego.

2. O tema será libre, mais deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fóra dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade.

3. Xunto coa documentación indicada no artigo 8, as persoas participantes presentarán preferiblemente mediante unha ligazón que permita a súa descarga (esta ligazón especificarase na ficha técnica ou nun documento a maiores) ou, na súa falta, mediante memoria USB:

a) A obra.

b) A ficha técnica en que se inclúa o título e o pseudónimo, un breve argumento, a data e o lugar de realización, unha fotografía da videocreación e datos técnicos e artísticos de interese.

4. As obras poderán ser producidas en calquera formato de vídeo.

En todo caso, a gravación deberá estar feita a velocidade normal para que a súa duración corresponda coa duración real e ten que estar en boas condicións, tanto de imaxe como de son, para a súa correcta visión, xa que en caso contrario a obra será rexeitada.

5. A duración de cada obra será dun mínimo de 2 minutos e un máximo de 8 minutos.

6. A realización das obras debe ser posterior ao 1 de setembro de 2025.

7. A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reserva para si o dereito a solicitar ás persoas participantes unha copia en formato orixinal para a súa proxección pública. Así mesmo, reserva para si a posibilidade de utilizar un fragmento da obra de ata un máximo de tres minutos para a súa posible difusión nas redes sociais e nos medios de comunicación, nos termos recollidos no artigo 17.

8. A organización non se responsabiliza das posibles roturas, danos, extravíos ou de calquera outro acto alleo á súa vontade que se produza nas obras.

9. A obra gañadora do primeiro premio poderá ser proposta para participar en festivais de cine de Galicia con que colabore a dirección xeral competente en materia de xuventude, así como en eventos de similar natureza.

10. A dirección xeral competente en materia de xuventude poderá ofrecer ás persoas ou grupos das obras gañadoras a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentoría para poñer en marcha o seu proxecto empresarial. Este novo programa contará co apoio do departamento competente en materia de emprendemento e de cultura.

Artigo 47. Desenvolvemento da fase final

Para a fase final poderán ser seleccionadas ata un máximo de 6 participantes, que exhibirán as súas creacións no lugar e data que determine a dirección xeral competente en materia de xuventude.

Disposición adicional. Base de datos nacional de subvencións

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude transmitirá á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria de conformidade co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Disposición derradeira primeira. Delegación das competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude na persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude para ditar as oportunas resolucións no ámbito desta orde.

Disposición derradeira segunda. Desenvolvemento da orde

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude para ditar, no ámbito das súas competencias, os actos e instrucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude
P.D. (Orde do 28.6.2024; DOG núm. 130, do 5 de xullo)
Elvira María Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file