Mediante a Resolución reitoral do 9 de maio de 2025 (DOG do 21 de maio e BOE do 23 de xuño) convócanse probas selectivas para cubrir dúas prazas vacantes da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde (animalarios), pola quenda de acceso libre.
Con data do 3 de xuño de 2026, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán os destinos ofertados por orde de prelación a través do formulario electrónico habilitado ao respecto, que figura no catálogo de procedementos da sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o que empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.2 da Resolución do 9 de maio de 2025 pola que se convocaba o proceso selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos, as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».
1º. Na opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan, que se relacionan no anexo II desta resolución. Deberán indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido no proceso selectivo.
2º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser contratada como persoal laboral fixo nesta categoría.
3º. Poderá elixir «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 64.2 do Convenio colectivo da USC.
Quinto. Á persoa aspirante que non presente a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccione un número de prazas inferior ao fixado no parágrafo anterior e non se lle adxudique ningún destino, ou non presente a súa solicitude de excedencia no xeito previsto nesta resolución, seralle adxudicado o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo entre os que quedasen sen adxudicar, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer demanda no Xulgado do Social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social.
Non obstante, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2026
Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
convocadas á elección de destino
|
Núm. orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***4564** |
Meilán Pacio, Laura |
|
2 |
***3781** |
Gaciño Vicente, José Francisco |
ANEXO II
Relación de prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación,
área bioloxía-saúde
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición do posto |
Quenda |
Campus |
Observacións |
|
PL000406 |
Técnico de investigación, área bioloxía-saúde. Centro de Biomedicina Experimental |
Mañá |
Compostela |
Capacitación ou formación para o exercicio das funcións a, b, c, segundo a Orde ECC/566/2015 |
|
PL000411 |
Técnico de investigación, área bioloxía-saúde. Centro de Biomedicina Experimental |
Xornada partida |
Compostela |
Capacitación ou formación para o exercicio das funcións a, b, c, segundo a Orde ECC/566/2015 |
