De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e logo de intentar a notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Ourense, a través deste anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte da persoa responsable que a continuación se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data acta inspección |
Referencia catastral |
Localización/Polígono/Parcela |
Persoa responsable |
|
18.6.2026 |
32900A025000830000PA |
Cantureiro. Ourense |
Descoñecida |
1º. En virtude do anterior, comunícaselle que na acta de inspección indicada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de quince días naturais para o cumprimento voluntario da xestión da biomasa na parcela citada, prazo que se iniciará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado
2º. En caso de persistir no incumprimento unha vez que transcorra o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de 900 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización pola Administración das actuacións materiais necesarias, coa repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima para impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da devandita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento unha vez que transcorra o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento no que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e notificaráselle á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Núm. de expediente |
Referencia catastral |
ha afectadas por execución subsidiaria |
Estimación prezo por ha |
Liquidación provisional |
|
2026017593 |
32900A025000830000PA |
0,1005 ha |
3.953,15 € |
397,18 € |
4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no que poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador no caso das infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia de incendios forestais por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia de incendios forestais:
a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b. O órgano competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a), da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a), da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de considerarse infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.
5. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.
Ourense, 5 de agosto de 2026
Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente
