En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, publícase a aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ampliación do local social do monte veciñal en man común de Santa Cruz, mediante Acordo do Pleno do 31 de marzo de 2026.
Unha vez rexistrado o devandito plan, a documentación íntegra deste, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia
Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procedemento de avaliación ambiental do referido plan poderá ser consultada na seguinte ligazón: Plans por tipoloxía-CMAOT (xunta.gal).
Ribadeo, 14 de xullo de 2026
Daniel Vega Pérez
Alcalde
