No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 159, do xoves 20 de agosto de 2026, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir as prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público para os anos 2024, 2025 e 2026.
A concelleira de Servizos non Territorializados convocou, mediante a Resolución do 17.7.2026, o proceso selectivo para a cobertura de varias prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público dos anos 2024, 2025 e 2026, que a continuación se sinala:
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala de xestión. Número de vacantes: 2. Denominación: técnico/a medio/a, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 2. Denominación: administrativo/a. Das dúas prazas convocadas, unha cubrirase polo procedemento de promoción interna e a outra mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala auxiliar. Número de vacantes: 4. Denominación: auxiliar. Das catro prazas convocadas, dúas cubriranse polo procedemento de promoción interna e dúas mediante quenda libre. Das dúas prazas convocadas mediante quenda libre, resérvase unha delas para persoas que acrediten calquera tipo de discapacidade (discapacidade xeral).
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: agrupación profesional. Clasificación: escala da Administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 2. Denominación: subalterno/a, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: arquitecto/a, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a superior en enxeñaría informática, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios/as. Número de vacantes: 2. Denominación: traballador/a social, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios/as. Número de vacantes: 1. Denominación: enxeñeiro/a técnico/a de obras públicas, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios/as. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a medio/a de arquivos, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as medios/as. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a medio/a relacións laborais, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: sarxento/a, mediante o procedemento de promoción interna.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial carpinteiro/a, mediante quenda libre.
– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial condutor/a mecánico/a, mediante o procedemento de promoción interna.
O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación, nos termos establecidos nas bases.
Pontevedra, 20 de agosto de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 12.2.2026)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira de Servizos non Territorizalizados
