Ponse en coñecemento das persoas propietarias e demais interesadas na zona de reestruturación parcelaria de Guilfrei (Becerreá, Lugo), declarada de utilidade pública polo Decreto 171/2022, do 29 de setembro (DOG núm. 199, do 19 de outubro), o seguinte:
Primeiro. Con data do 7 de agosto de 2026, a directora xeral de Desenvolvemento Rural acordou:
• Aprobar as bases de reestruturación parcelaria da zona.
• Aprobar o Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria da zona.
Segundo. As bases de reestruturación parcelaria e a aprobación do Plan de ordenación de predios de especial vocación agraria serán notificadas individualmente a cada unha das persoas propietarias e estarán expostas ao público no concello de Becerreá e mais na web da Consellería do Medio Rural (https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos).
Terceiro. De acordo co que dispoñen os artigos 20 e 27 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación individual ou ao da publicación substitutiva.
Lugo, 18 de agosto de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
