DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 1 de setembro de 2026 Páx. 47579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública do proxecto de execución da infraestrutura de transporte de hidrocarburos correspondente ao poliduto de conexión do porto exterior da Coruña coa refinaría da Coruña, fase 2, promovida pola empresa Repsol Fuels, S.A.U. (expediente SEM 2026/101).

Para os efectos previstos no artigo 40 e no título V da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 6 do Regulamento de instalacións petrolíferas, aprobado polo Real decreto 2085/1994, do 20 de outubro, modificado polo Real decreto 1523/1999, do 1 de outubro, e o Real decreto 542/2020, do 26 de maio, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións correspondentes ao proxecto de construción dun poliduto e instalacións auxiliares para a descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira na Coruña-fase 2 (maio 2026), que comprende as obras de conexión de oito tubaxes do poliduto co complexo industrial de Repsol na Coruña, asi como a conexión desas oito tubaxes e as súas instalacións auxiliares no porto exterior de Punta Langosteira.

Peticionaria: Repsol Fuels, S.A., con CIF núm. A28047223, e con enderezo para os efectos de notificacións na estrada de Bens, s/n, 15008 A Coruña.

A descrición das instalacións da fase 2 do proxecto, destinadas á conexión dos ductos xa construídos coas instalacións de Repsol no porto exterior e na refinaría da Coruña e a dotar no porto as instalacións complementarias e auxiliares necesarias para completar o traslado de operacións de graneis líquidos de Repsol desde o porto interior da Coruña ao porto exterior de Punta Langosteira en Arteixo, é a seguinte:

Instalacións en dominio público portuario:

– Adaptación das instalacións do pantalán existente para a atracada de buques de diferentes produtos, con novos brazos de carga na fronte de cru existente, en diante fronte 1, e unha nova fronte de atracada pegada á cara sur do pantalán de servizo actual, fronte 3.

– Ampliación das instalacións de bombeo para a transferencia de novos produtos e interconexións con liñas da fase I no noiro do porto dentro do dominio público portuario.

– Nova fronte de atracada, en diante fronte 2, no extremo leste do peirao A3.

– Novos brazos de descarga.

– Instalacións industriais, de comunicación, DCI, etc.

– Liñas de interconexión entre as frontes e as instalacións de bombeo.

– Conexión das 8 liñas no lado porto con esperas que se deixaron na fase I.

Instalacións no complexo industrial Repsol Fuels, S.A.U.

– Conexión de aproximadamente 75 m das 8 liñas do ducto soterrado instalado na fase I, para a conexión no lado refinaría.

Termos municipais: a solicitude afecta os termos municipais de Arteixo e A Coruña, na provincia da Coruña.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria ocupación temporal figura no anexo que se xunta con este acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 61.

Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. As posibles alegacións presentaranse durante o prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, dirixidas ao director territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 6 de agosto de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal da Coruña

Referencia catastral

Propietario/a

Lugar

Afección ocupación temporal (m2)

Natureza

4000708NJ4040S0001GW

María Pol López

Lugar de Nostián, 60

75

Accesos

4000708NJ4040S0002HE

María del Rocío Rivas Diéguez

Lugar de Nostián, 60

75

Accesos

4000708NJ4040S0003JR

Montserrat Martínez Villar

Lugar de Nostián, 60

75

Accesos

4000708NJ4040S0004KT

Sánchez Pedreira, S.L.

Lugar de Nostián, 60

75

Accesos

4000708NJ4040S0005LY

Daniel Álvarez de la Fuente

Lugar de Nostián, 60

75

Accesos

4000713NJ4040S0001PW

Codex Construcciones Derribos y Excavaciones, S. Coop. Ltda.

Lugar de Nostián, s/n

220

Pradaría

4000712NJ4040S0001QW

Codex Construcciones Derribos y Excavaciones, S. Coop. Ltda.

Lugar de Nostián, s/n

95

Pradaría

4000711NJ4040S0001GW

Descoñecido

Lugar de Nostián, s/n

204

Pradaría

15900A013000870000YR

Antonio Figueroa

Lugar de Nostián, s/n. Os Corvos

247

Pradaría

15900A013000860000YK

Urbaser, S.A.

Lugar de Nostián, s/n. Os Corvos

33

Pradaría