DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 1 de setembro de 2026 Páx. 47577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 12 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2011/250-36 e dezanove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado emprázanse as persoas citadas no anexo para proceder á notificación das resolucións ditadas nos expedientes que se indican no referido anexo instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación ou por non ser posibles as notificacións no último domicilio que consta nos ditos expedientes tramitados neste Departamento Territorial de Vigo.

Para o coñecemento íntegro das resolucións, ás persoas interesadas por si ou a través das persoas que legalmente as representen poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra as resolucións poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da notificación da resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 12 de agosto de 2026

A directora territorial de Vigo
P.A. (Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Mª Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Núm. de expediente

Interesado/a

Efectos xurídicos

Data da resolución

2011/250-36

53170689W

Mantemento de medida administrativa

7.5.2026

2016/11-36

Y2562412L

Cesamento de medida administrativa

22.1.2026

2016/135-36

2880706020111

Mantemento de medida administrativa

25.5.2026

2016/179-36

36175946M

Cesamento de medida administrativa

4.6.2026

2018/215-36

35636527M

Cesamento de medida administrativa

6.7.2026

2018/216-36

35636527M

Cesamento de medida administrativa

6.7.2026

2018/341-36

35641646H

Cesamento de medida administrativa

2.3.2026

2020/12-15

36132341P

Cesamento de medida administrativa

8.6.2026

2021/328-36

15990352Q

Mantemento de medida administrativa

2.6.2026

2023/119-36

36160570Q

Mantemento de medida administrativa

23.6.2026

2023/158-36

Y8647729L

Mantemento de medida administrativas

15.6.2026

2024/75-36

53189968F

Mantemento de medida administrativa

5.3.2026

2024/177-36

GG791593, GG791592

Mantemento de medida administrativa

3.7.2026

2024/191-36

Y0423890Z

Mantemento de medida administrativa

19.6.2026

2025/116-36

77971333E

Mantemento de medida administrativa

19.6.2026

2025/237-36

2692176-6 SSP/MT

Alta en recurso

20.1.2026

2026/47-36

5322315

Establecemento de medida administrativa

14.7.2026

2026/48-36

5478003

Establecemento de medida administrativa

14.7.2026

2026/117-36

75442035

Alta en recurso

17.6.2026

2026/118-36

74571215

Alta en recurso

17.6.2026