DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 1 de setembro de 2026 Páx. 47575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 19 de agosto de 2026, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-02116-O-2025).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada pola persoa titular do Departamento Territorial de Ourense no expediente sancionador número OU-02116-O-2025, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense.

Comunicáselles que, contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Ourense, 19 de agosto de 2026

Hipólito Casas Conde
Xefe do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-02116-O-2025

3157-JFS

29083825A

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

4.11.2025;16.10.00: N-532; 3,2

Art. 199.9 do ROTT

Art. 142.8 da LOTT

Art. 201.b) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

201 euros